01/07/2026
🧵𝓟𝓸𝓭𝓮 𝓸 𝓫𝓸𝓻𝓭𝓪𝓭𝓸 𝓼𝓮𝓻 𝓾𝓷𝓱𝓪 𝓯𝓸𝓻𝓶𝓪 𝓭𝓮 𝓻𝓮𝓼𝓲𝓼𝓽𝓮𝓷𝓬𝓲𝓪?
En 𝓐 𝓹𝓾𝓷𝓽𝓪𝓭𝓪 𝓼𝓾𝓫𝓿𝓮𝓻𝓼𝓲𝓿𝓪, a historiadora da arte Rozsika Parker convidanos a repensar a historia do bordado e a súa relación coas mulleres. Durante séculos, o fío e a agulla foron considerados ferramentas propias do ámbito doméstico e empregáronse para transmitir un determinado ideal de feminidade. Mais, ao mesmo tempo, tamén se converteron nun espazo de creatividade, expresión e resistencia.
Como escribe a propia Parker: «A arte do bordado serviu para educar á muller segundo o ideal feminino (...), pero tamén a dotou dunha arma de resistencia contra as restricións da propia feminidade».
Publicado orixinalmente en 1984, este ensaio converteuse nunha obra de referencia da historia da arte feminista. A través del, Parker reivindica o bordado como unha práctica artística e convida a reflexionar sobre quén decide que é arte e qué creacións acaban formando parte da súa historia.
📚 Xa podes atopalo na biblioteca!
📌XRO 811 |
Parker, R. (2026). 𝘓𝘢 𝘱𝘶𝘯𝘵𝘢𝘥𝘢 𝘴𝘶𝘣𝘷𝘦𝘳𝘴𝘪𝘷𝘢 : 𝘦𝘭 𝘣𝘰𝘳𝘥𝘢𝘥𝘰 𝘺 𝘭𝘢 𝘤𝘳𝘦𝘢𝘤𝘪ó𝘯 𝘥𝘦 𝘭𝘰 𝘧𝘦𝘮𝘦𝘯𝘪𝘯𝘰. Ediciones Akal, S.A.
📌Enlace ao : https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/153u1ue/alma991013893410107712