Colexio Fingoi

Colexio Fingoi COLEXIO FINGOI, UNHA PREPARACIÓN PARA A VIDA. UNHA EDUCACIÓN LAICA. A tradición en innovación.

O Colexio Fingoi fundado no ano 1950 por Antonio Fernández López, acolléndose á Lei de Centros Experimentais que permitía poñer en marcha unha serie de reformas de tipo pedagóxico. Nos Estatutos deixa deseñado un Modelo Pedagóxico centrado nos Ciclos da Natureza, científico, de coeducación, de ensino globalizado e personalizado, natural, experimental e experiencial que require dun profesorado impl

icado e comprometido coa reflexión sobre a práctica para ir dando resposta ás diferenzas individuais e ás novas necesidades e retos educativos de cada momento con afán innovador. O Colexio formaba parte dun proxecto cultural máis amplo, o denominado "Centro de Estudos Fingoi", onde se concedían bolsas para investigación e estudo da Cultura Galega. Para dignificar a Cultura Galega e introducila na Escola, desde os años corenta organizou Cursos de Formación para Mestres/as Rurais. Hoxe conta tamén cunha ampla oferta de Actividades para unha educación alternativa, que dentro dun ensino democrático respecta todas as culturas e manifestacións artísticas, coma a Granxa- Escola de Barreiros, coma un proxecto de educación ambiental cunha ampla experiencia e o Centro de Música Fingoi, cun proxecto alternativo, para todas as idades, que fai que os nosos alumnos aprendan, se desenvolvan a través de música, vivíndoa, disfrutándoa e participación continua en concertos, audicións, etc.

23/06/2026

Compartimos con vós o terceiro testemuño da serie , un conxunto de vídeos moi especiais que fomos recabando grazas á colaboración dalgúns exalumnos e exalumnas que, tan amable e cariñosamente, quixeron enviar as súas lembranzas.

Grazas de corazón, Olalla, de por esta linda mensaxe e polas túas fermosas palabras.

Estes vídeos forman parte da exposición “Fingoi: 75 anos educando para a vida”, mostra que protagonizou a celebración do noso 75º aniversario o pasado 30 de maio.

Visita a Lugdunum Lucus 🏺✨Esta semana, as nenas e nenos de Infantil visitaron o campamento castrexo de Lugdunum .lucus n...
19/06/2026

Visita a Lugdunum Lucus 🏺✨

Esta semana, as nenas e nenos de Infantil visitaron o campamento castrexo de Lugdunum .lucus no Parque de Rosalía de Castro.

Ademais de coñecer o seu asentamento, aprenderon como eran as casas dos antigos habitantes de Lugo e descubriron un pouco máis sobre a nosa historia.

A castrexa Noa contounos un conto e o druida propúxonos unha misión moi especial: atopar unhas pedras máxicas. E cando as encontramos… coa súa variña transformounas en deliciosos caramelos máxicos! ✨

Unha experiencia chea de aprendizaxe, imaxinación e diversión. Viva o Arde Lucus!

Ata aquí chega esta edición 2.0 da Fingodisea, e non podemos estar máis orgullosos e contentos de todo o vivido. Levamos...
18/06/2026

Ata aquí chega esta edición 2.0 da Fingodisea, e non podemos estar máis orgullosos e contentos de todo o vivido. Levamos connosco momentos únicos e un recordo que quedará para sempre! 💚

18/06/2026

A Fingodisea foi moito máis ca unha representación foi esforzo, ilusión, aprendizaxe e emoción compartida.

Grazas, por captar con tanta sensibilidade cada sorriso, cada mirada e cada instante desta aventura 📸✨

Un auténtico artista detrás da cámara.

Os encargados do menú do mes de xuño foron os nenos e nenas de Infantil. Para iso, traballaron o conto “Naval, o unicorn...
17/06/2026

Os encargados do menú do mes de xuño foron os nenos e nenas de Infantil. Para iso, traballaron o conto “Naval, o unicornio mariño”, unha historia que lles permitiu achegarse ao mundo mariño dunha maneira divertida e educativa.🐳

Ao longo da actividade, leron o conto, comentaron as partes que máis lles gustaron e tamén fixeron debuxos relacionados coa historia, deixando voar a súa creatividade. Foi unha experiencia moi enriquecedora na que gozaron aprendendo e participando activamente.

Ademais, o menú estivo riquísimo, e todos puideron desfrutar especialmente dun delicioso postre que completou a experiencia dun xeito moi doce e especial.💚

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de EP participou nunha divertida xincana polas rúas da cidade. 🏛️Durante semanas, o alumnado ...
16/06/2026

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de EP participou nunha divertida xincana polas rúas da cidade. 🏛️

Durante semanas, o alumnado de 6º de EP preparou dende a área de Ciencias Sociais diferentes probas e retos para os seus compañeiros e compañeiras de 5º, que tiveron que orientarse e descubrir máis sobre o pasado romano de Lugo.

Unha actividade na que aprenderon historia e compartiron unha experiencia moi especial entre cursos.

Unha xornada de convivencia e aprendizaxe na que o máis importante foi aprender facendo… e pasalo moi ben! ✨💚

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de EP participou nunha divertida yincana polas rúas da cidade. 🏛️Durante semanas, o alumnado ...
16/06/2026

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de EP participou nunha divertida yincana polas rúas da cidade. 🏛️

Durante semanas, o alumnado de 6º de EP preparou dende a área de Ciencias Sociais diferentes probas e retos para os seus compañeiros e compañeiras de 5ºEP que tiveron que orientarse e descubrir máis sobre o pasado romano de Lugo.

Unha actividade na que aprenderon historia e compartiron unha experiencia moi especial entre cursos.

Unha xornada de convivencia e aprendizaxe na que o máis importante foi aprender facendo… e pasalo moi ben! 🌿✨

14/06/2026

Celebramos 75 anos de historia, de aprendizaxe e de vida compartida no Colexio Fingoi.

Ao longo destas décadas, Fingoi converteuse nun lugar onde aprender vai máis alá dos libros… un espazo onde se aprende a aprender, a medrar, a convivir e a construír camiños propios.

Nesta celebración xúntanse xeracións enteiras!! alumnado, profesorado, familias e amizades que forman parte desta gran comunidade. Entre foliadas, risas, reencontros e palabras cheas de emoción, lembramos todo o vivido e agradecemos todo o que está por vir.

Grazas a todas as persoas que fixeron e seguen facendo posible o Colexio Fingoi.💚

O talento florece cando hai esforzo, curiosidade e ganas de aprender. 💪🏼✨Parabéns á nosa alumna Candela Bande López polo...
13/06/2026

O talento florece cando hai esforzo, curiosidade e ganas de aprender. 💪🏼✨

Parabéns á nosa alumna Candela Bande López polos excelentes resultados na PAU e por este merecido recoñecemento.

Na súa entrevista destacou a importancia de “levar as cousas ao día en todo o Bacharelato” e recoñeceu que en Fingoi “se incide non tanto en memorizar senón en comprender os conceptos e na práctica”, xusto o que se pide na PAU.

Unhas palabras que reflicten a esencia do noso proxecto educativo: aprender facendo, comprender para avanzar e formar persoas preparadas para os retos do futuro.

Parabéns a todo o alumnado e moita sorte nesta nova etapa. Estamos moi orgullosos de vós. Fingoi sempre será a vosa casa para o que necesitedes.💚

https://www.elprogreso.es/articulo/comarcas/mejores-pau-lugo-cuantas-horas-estudiaron-que-grados-quieren-cursar/202606122035371977732.html

Dirección

Aviación Española Nº 37
Lugo
27002

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Colexio Fingoi publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir