Bng Gondomar

Bng Gondomar Bloque Nacionalista Galego de Gondomar

📢 XUNTANZA VECIÑAL GONDOMAR VILA E VILAZA📅 Sábado 5 de setembro🕗 19.30 h📍 CDL Gondomar Este xoves estaremos en Gondomar ...
04/09/2026

📢 XUNTANZA VECIÑAL GONDOMAR VILA E VILAZA

📅 Sábado 5 de setembro
🕗 19.30 h
📍 CDL Gondomar

Este xoves estaremos en Gondomar nunha xuntanza aberta para as veciñas e veciños.

💧 Falaremos da ordenanza que regulará os prezos do servizo municipal de auga e saneamento e explicaremos tamén que alegacións se poden presentar e como facelo.

📌 O prazo para presentar alegacións remata o xoves 17 de setembro.

🗣️ Ademais, haberá un espazo aberto para intervencións, preguntas e propostas da veciñanza.

👉 Agardámoste! A participación veciñal é fundamental para decidir que modelo de auga e saneamento queremos para Gondomar.

📢 XUNTANZA VECIÑAL EN VINCIOS📅 Venres 4 de setembro🕗 20:15 h📍 Centro cultural de VinciosEste xoves estaremos en Vincios ...
03/09/2026

📢 XUNTANZA VECIÑAL EN VINCIOS

📅 Venres 4 de setembro
🕗 20:15 h
📍 Centro cultural de Vincios

Este xoves estaremos en Vincios nunha xuntanza aberta para as veciñas e veciños.

💧 Falaremos da ordenanza que regulará os prezos do servizo municipal de auga e saneamento e explicaremos tamén que alegacións se poden presentar e como facelo.

📌 O prazo para presentar alegacións remata o xoves 17 de setembro.

Tamén se falará dos prexuizos da aprobación do convenio coa Zona Franca para Vincios e para o Concello.

🗣️ Ademais, haberá un espazo aberto para intervencións, preguntas e propostas da veciñanza.

👉 Agardámoste! A participación veciñal é fundamental para decidir que modelo de auga e saneamento queremos para Gondomar.

O BNG de Gondomar estará esta semana de ruta por todo o concello para xuntarse coa veciñanza e falar, nesta ocasión, das...
02/09/2026

O BNG de Gondomar estará esta semana de ruta por todo o concello para xuntarse coa veciñanza e falar, nesta ocasión, das posibles alegacións á ordenanza que vai regular os prezos dos servizos municipais de auga e saneamento.

Tamén se tratarán outros temas como o proxecto para a mellora da seguridade viaria en Borreiros ou da firma do convenio entre o Concello de Gondomar e a Zona Franca.

Quedan aquí algunhas das imaxes das xuntazas de Borreiros e Peitieiros.

Agradecer a participación activa e ao interese das persoas que acudiron.

Xuntazas programadas para esta semana:

- Xoves 3 ás 20.15h na Escola de Guillufe en Morgadáns para a veciñanza de dita parroquia e de Chaín.

- Venres 4 ás 20.15h no Centro Cultural de Vincios.

- Sábado 5 ás 19.30h no CDL de Gondomar para as parroquias de Vilaza e Gondomar Vila.

- Domingo 6 ás 12.00h no Centro Cultural de Mañufe para esta parroquia máis Donas.

📢 XUNTANZA VECIÑAL MORGADÁNS E CHAÍN📅 Xoves 03 de setembro🕗 20:15 h📍 Escola de Guillufe, Morgadáns.Este xoves estaremos ...
02/09/2026

📢 XUNTANZA VECIÑAL MORGADÁNS E CHAÍN

📅 Xoves 03 de setembro

🕗 20:15 h

📍 Escola de Guillufe, Morgadáns.

Este xoves estaremos en Morgadáns nunha xuntanza aberta para as veciñas e veciños de Chaín e Morgadáns.

💧 Falaremos da ordenanza que regulará os prezos do servizo municipal de auga e saneamento e explicaremos tamén que alegacións se poden presentar e como facelo.

📌 O prazo para presentar alegacións remata o luns 7 de setembro, ao trasladarse ao seguinte día hábil tras rematar o prazo inicialmente previsto o sábado 5.

🗣️ Ademais, haberá un espazo aberto para intervencións, preguntas e propostas da veciñanza.

👉 Agardámoste! A participación veciñal é fundamental para decidir que modelo de auga e saneamento queremos para Gondomar.

📢 XUNTANZA VECIÑAL EN PEITIEIROS E COUSO📅 Luns 31 de agosto🕗 20:15 h📍 Centro Cultural de PeitieirosEste luns estaremos n...
29/08/2026

📢 XUNTANZA VECIÑAL EN PEITIEIROS E COUSO

📅 Luns 31 de agosto
🕗 20:15 h
📍 Centro Cultural de Peitieiros

Este luns estaremos no Centro Cultural de Peitieiros nunha xuntanza aberta para as veciñas e veciños de Peitieiros e Couso.

💧 Falaremos da ordenanza que regulará os prezos do servizo municipal de auga e saneamento e explicaremos tamén que alegacións se poden presentar e como facelo.

📌 O prazo para presentar alegacións remata o luns 7 de setembro, ao trasladarse ao seguinte día hábil tras rematar o prazo inicialmente previsto o sábado 5.

🗣️ Ademais, haberá un espazo aberto para intervencións, preguntas e propostas da veciñanza.

👉 Agardámoste! A participación veciñal é fundamental para decidir que modelo de auga e saneamento queremos para Gondomar.

22/08/2026

💧 Tras a publicación da nota anterior sobre aa escaseza de auga, chégamnos desde a veciñanza estes videos...

Estes foron gravados esta mesma noite, arredor das 5 da mañá, nos que se pode ver unha zona completamente anegada de auga. Segundo nos contan, aparece así todos os días a mesma hora.

Non sabemos con certeza cal é a orixe desta auga, pero todo apunta a que podería tratarse do rego do céspede das zonas verdes municipais.

Se estamos pedindo á veciñanza que faga un uso responsable da auga e que evite consumos innecesarios, consideramos fundamental que o propio Concello dea exemplo.

Nun contexto de escaseza, non parece razoable desperdiciar auga potable regando de madrugada ata o punto de deixar unha zona completamente enchoupada.

E máis cando desde o BNG vimos reclamando que se limiten os usos non esenciais da auga da rede municipal e que se reserve para aquilo que realmente é prioritario.

🔎 A auga é un recurso demasiado valioso como para malgastala. O Concello debe revisar estes usos e garantir que cada litro da rede pública se empregue con responsabilidade.

22/08/2026

💧 A auga é un recurso esencial e temos que protexela

Desde o BNG de Gondomar reclamamos ao Goberno local que incremente xa as restricións ao consumo de auga da rede municipal e que se limite aos usos esenciais.

Non podemos pedir á veciñanza que aforre auga mentres o Concello mantén usos non prioritarios como o rego de xardíns e campos deportivos ou o baldeo de rúas. E, neste contexto, tampouco consideramos axeitado celebrar hoxe unha festa da auga infantil utilizando auga potable da rede municipal.

Non é unha cuestión de estar en contra das actividades para a cativada. O debate é se, nun momento de escaseza, é responsable destinar auga de beber a usos recreativos mentres se pide á veciñanza que reduza o seu consumo.

🌱 Os meses de setembro e outubro poden ser especialmente críticos pola menor recuperación dos mananciais. Por iso, as medidas deben adoptarse antes de chegar á situación de pre-alerta, cando aínda temos marxe para actuar e manter as reservas.

A auga potable debe reservarse para o consumo humano, a hixiene e os servizos básicos. Para os usos non esenciais deberían empregarse recursos alternativos, como auga depurada ou almacenada.

Para o BNG compre, pois, actuar xa. E a escusa non pode ser, como di Ferreira, que Gondomar non estea aínda entre os concellos que a Augas de Galicia declarou en pre-alerta. “As medidas hai que establecelas antes de que esa situación se produza, mentres hai marxe para prepararse”, enfatiza Rodríguez, e engade que “se non se chega a ese extremo, moito mellor, mais teremos gañado en conciención veciñal e en resiliencia para presente e futuro”. 💧

🟢 Escoitamos ao Club Deportivo Vincios: o Concello debe explicar que vai pasar co campo de futbol.Esta semana mantivemos...
21/08/2026

🟢 Escoitamos ao Club Deportivo Vincios: o Concello debe explicar que vai pasar co campo de futbol.

Esta semana mantivemos un encontro coa Xunta Directiva do Club Deportivo Vincios para coñecer de primeira man como afecta ao club o convenio asinado polo Concello de Gondomar coa Zona Franca para desenvolver a II fase do polígono da Pasaxe.

⚽ O campo de fútbol está incluído nos terreos afectados pola expropiación e, a poucas semanas do inicio da tempada, o club segue sen recibir información directa do Concello. Coñecen a situación pola prensa e pola información trasladada pola Comunidade de Montes de Vincios, propietaria dos terreos cedidos ao club. Ademais, levan desde xuño agardando por unha reunión co alcalde, sen resposta.

Consideramos inaceptable esta falta de interlocución con unha entidade directamente afectada por unha decisión municipal. Moitos anuncios nas redes e nos medios, pero ningunha explicación directa ás persoas e colectivos afectados.

E hai unha cuestión especialmente grave: o Concello decidiu ceder gratuitamente á Zona Franca o aproveitamento de todo o solo urbanizable sen reservar o 10% que legalmente lle correspondería. Estamos a falar de 38.800 m²: unha superficie na que poderían caber ata cinco campos de fútbol 11. 🏟️

Ese solo podería servir para garantir unha gran dotación deportiva para Vincios, pero tamén para outros equipamentos municipais: unha escola infantil para facilitar a conciliación das persoas que traballen no polígono, un punto limpo ou outras necesidades da veciñanza.

Agora que o Club e a parroquia se mobilizan, o alcalde promete un novo campo e mesmo un pavillón polideportivo. Pero onde, cando e con que garantías? Prometer en terreos comunais é fácil. O que necesitamos son proxectos, prazos e compromisos concretos.

A veciñanza xa coñece demasiado ben as promesas incumpridas: o pavillón para Vincios anunciado en varias ocasións, a praza no centro da parroquia de Vincios, as beirarrúas de Borreiros prometidas hai máis de oito anos ou o comedor do CRA Antía Cal de Peitieiros, anunciado antes das municipais de 2023 e do que agora xa nin se fala.

👉 Por iso esiximos ao alcalde que deixe de facer anuncios e reciba inmediatamente ao Club Deportivo Vincios.

Queremos que explique con claridade:
📌 Que vai acontecer co actual campo de fútbol.
📌 Onde se construirán as novas instalacións.
📌 En que prazos.
📌 Que garantías terá o club para continuar coa súa actividade.

Vincios merece respostas, non novas promesas.

🚨 Ante a alerta veciñal, o BNG denuncia!Grazas á voz de alarma da veciñanza nas redes sociais enterámonos de que no día ...
16/08/2026

🚨 Ante a alerta veciñal, o BNG denuncia!

Grazas á voz de alarma da veciñanza nas redes sociais enterámonos de que no día de onte deuse unha situación que non se pode converter en habitual aínda que xa o sexa: no barrio da Torre, en Chaín, o bombeo do saneamento volve desbordar e verter ao exterior, contaminando o río. Hoxe xa non se observa verquido activo pero si a zona de chea de porqueria.

As consecuencias son graves e xa as estamos vendo tamén augas abaixo: no Concello de Baiona teñen que pechar as zonas de baño día si e día non por problemas de contaminación de fecais! 💩

Non é un problema puntual. É o resultado da falta de planificación, investimento e mantemento das administracións responsables. No caso de Gondomar, o principal responsable é o Goberno de Ferreira, pero tamén esiximos á Xunta de Galicia e a Augas de Galicia que cumpran coas súas competencias e deixen de mirar para outro lado.

E mentres tanto, o alcalde continúa adiante con proxectos para instalar novos bombeos, como o previsto en Zapa, a escasa distancia deste outro, a pesar da oposición veciñal. E, supostamente, o bombeo da Torre está en trámite para ser eliminado… 🙄

Non se pode seguir parchendo un sistema que non funciona. Esiximos solucióna reais, saneamento eficiente e protección do noso medio.

14/08/2026

🌳 Unha entidade como unha comunidade de montes, debería ser escoitada cando están en xogo os intereses do noso territorio.

No caso da Comunidade de Montes de Vincios, estamos a falar da propietaria de máis do 50% dos terreos afectados polo Convenio coa Zona Franca na Pasaxe e dunha entidade que, ademais, reinveste os seus ingresos na propia parroquia, xerando beneficios que non repercuten unicamente nas persoas comuneiras, senón no conxunto da veciñanza.

Por iso, consideramos que este convenio coa Zona Franca non defende adecuadamente os intereses do Concello de Gondomar nin os da parroquia de Vincios.

👉 Non podemos aceptar que se tome unha decisión desta importancia sen garantir que todas as partes implicadas sexan escoitadas e que o acordo responda realmente ao interese público e ao futuro do noso territorio.

🌳 Desde o BNG de Gondomar temos claro que este convenio non é beneficioso para Gondomar nin para Vincios.

Tampouco podemos entender por que Paco Ferreira acepta renunciar aos 38mil m2 que lle corresponderían ao Concello. Algúndía terá que explicar cales son as razóns polas que llos regala a Zona Franca.

Por todo isto, non podemos aprobalo.

Dirección

Rúa Manuel Alonso, 9
Gondomar
36380

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Gondomar publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir