Marcha Mundial Mulleres Galiza

Marcha Mundial Mulleres Galiza A Marcha Mundial das Mulleres é un colectivo feminista que fai parte dunha rede internacional feminista antiracista, anticolonial e anticapitalista.

Temos grupos en: A Coruña, A Estrada, Compostela. Ferrol, Ourense, Verín e Vigo. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e discriminación cara ás mulleres. Os nosos valores e accións oriéntanse a un cambio político, económico e social. Os mesmos que se centran na globalización da solidariedade, na igualdade entre mulleres e homes, entre as propias mulleres e entre os pobos; o respecto e re

coñecemento da diversidade entre as mulleres; na multiplicidade das nosas estratexias; na valorización do liderado das mulleres, e no fortalecemento de alianzas entre as mulleres e outros movementos sociais progresistas. Nacida do desexo de reunir ás mulleres do mundo en torno a un proxecto común, impúxose rapidamente como un formidable movemento mundial despois da organización da Marcha das Mulleres no ano 2000, dando ao movemento feminista a oportunidade de manifestarse e facerse ouvir en todas as esferas.

01/09/2026

🔥AGRESORES FÓRA DOS ESPAZOS EDUCATIVOS

A CL de Ourende denunciou esta mañá desde Inspección Educativa a situación do Sexto Instituto

Exiximos respostas e protocolos contundentes!

[ Ourense ] 📢🗣 Este MARTES 1 de setembro concentrámonos ás portas da Delegación terriorial da Consellería de Educación e...
27/08/2026

[ Ourense ] 📢🗣 Este MARTES 1 de setembro concentrámonos ás portas da Delegación terriorial da Consellería de Educación en Ourense (rúa Concello nº11) continuando coa campaña Espazos Educativos libres de Violencia Machista e esixir que antes do inicio do curso 2026-2027 se garantan medidas que protexan as crianzas do IES Xulio Prieto Nespereira dando traslado ás familias afectadas das resolucións e medidas a adoptar.

Máis info desta campaña https://espazoseducativos.feminismo.info

[ Colabora! ] ✊💜 Neste 25 de xullo tamén tiramos material de Rosalía de Castro, que nos acompañou na mobilización! Un re...
28/07/2026

[ Colabora! ] ✊💜 Neste 25 de xullo tamén tiramos material de Rosalía de Castro, que nos acompañou na mobilización! Un referente de loita polo país e polas mulleres galegas. Se queres colaborar con nós tamén podes adquirir este material que nos permite seguir organizando actividades e accións de loita. Pedidos ao 676 05 48 07

[ 25 xullo ] ♀️ Este sábado en Compostela reivindicamos o dereito do noso pobo a ser libre e con é a construír un futuro...
24/07/2026

[ 25 xullo ] ♀️ Este sábado en Compostela reivindicamos o dereito do noso pobo a ser libre e con é a construír un futuro de igualdade e xustiza social. Mulleres libres nunha patria liberada! ♀️

E pola tarde estaremos no Festigal co noso material para aquel@s que queirades colaborar con nós e axudarnos a seguir loitando ✊

www.feminismo.info

[ Festigal ] Este 25 de xullo vémonos novamente na Alameda e no Festigal. Colabora co traballo político da Marcha Mundia...
13/07/2026

[ Festigal ] Este 25 de xullo vémonos novamente na Alameda e no Festigal. Colabora co traballo político da Marcha Mundial das Mulleres adquirindo o noso material.

Ademáis das camisolas deste ano que tes na pre-venda temos máis camisolas, crachás, brincos, láminas...

Festigal

[ Acoso ] ⛔ As institucións públicas non poden ser espazos de impunidade onde se amparen os agresores mentres as concell...
13/07/2026

[ Acoso ] ⛔ As institucións públicas non poden ser espazos de impunidade onde se amparen os agresores mentres as concellerías de igualdade operan como meros escaparates baleiros de contido.

Queremos ver o expediente xa.
Concellería de Igualdade: a vosa inacción é insultante.


12/07/2026
12/07/2026

Compostela acolleu na mañá deste sábado 11 de xullo unha concentración con motivo do Día Internacional da Visibilidade Non Binaria. A mobilización, convocada...

[ Colabora coa Marcha ] ♀️ Camisolas "Ferreiras dun mundo mellor" ♀️💜 Colabora coa Marcha Mundial das Mulleres para que ...
08/07/2026

[ Colabora coa Marcha ] ♀️ Camisolas "Ferreiras dun mundo mellor" ♀️

💜 Colabora coa Marcha Mundial das Mulleres para que podamos continuar lanzando campañas e actividades para reivindicar os dereitos das mulleres! Lanzamos esta prevenda para as novas camisolas da Marcha, podes contactar no noso email ou escribirnos a través das nosas redes sociais para encarregar a túa.

🛠️ Os recursos que conseguimos co material van destinados á cartelería, campañas e actividades reivindicativas que realizamos ao longo do ano nas diferentes localidades en que temos coordenadoas: Barbanza, Ferrol, Coruña, Compostela, Ourense, Costa da Morte agora tamén Lugo!

Colabora e difunde

Dirección

Vigo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Marcha Mundial Mulleres Galiza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir