Concello do Grove

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello do Grove Facebook Oficial do Concello do Grove

🛖 As Bizocas xa ten a súa Casiña das FadasO CEIP As Bizocas inaugurou A Casiña das Fadas, unha construción ecolóxica que...
31/10/2026

🛖 As Bizocas xa ten a súa Casiña das Fadas

O CEIP As Bizocas inaugurou A Casiña das Fadas, unha construción ecolóxica que pasa a formar parte do día a día do alumnado.

Detrás do proxecto está o artista e bioconstrutor grovense José Luis Torres, que levantou a casiña con materiais naturais como a palla e a cal. Unha forma de construír que xa é, en si mesma, unha lección: pódese edificar respectando o medio.

O novo espazo está pensado para a lectura e o xogo, e para que a natureza estea presente na aprendizaxe desde as primeiras idades.

O centro prevé construír un forno de barro e plantar un bosque de plantas comestibles, na liña de educación ambiental que vén impulsando.

Pódese consultar esta nova na web da RTVE 👇🏽

https://www.rtve.es/play/videos/telexornal-galicia/casina-das-fadas-unha-edificacion-chea-maxia-no-colexio-as-bizocas-do-grove-pontevedra/17294112/

🎃💀 ESTE SAMAÍN… O QUE DÁ MEDO É QUEDAR SEN BONOS!💀🎃Os espíritos do aforro xa andan polo Grove, e os Bonos Mercanogrove 2...
31/10/2026

🎃💀 ESTE SAMAÍN… O QUE DÁ MEDO É QUEDAR SEN BONOS!💀🎃

Os espíritos do aforro xa andan polo Grove, e os Bonos Mercanogrove 2026 están a esvaecerse máis rápido ca unha cabaza ao sol! 👻

🛍️ Cada compra é unha pócema de apoio ás nosas tendas e un conxuro para fortalecer o comercio de proximidade. ✨

🧙‍♀️ Participan 30 establecementos mecos, e ti podes levar 30 € en compras pagando só 20 €.
💰 Aforra, desfruta e fai medrar a economía da túa vila!

⚡ Non deixes que se desvanezcan como néboa no cemiterio… os bonos voan!
Atrévete a mercar no Grove e vive un Samaín cheo de descontos de medo e comercio vivo! 🎃

👉 Consigue o teu bono antes de que desapareza:
https://mercanogrove.concellodogrove.es/

🚨 AVISO IMPORTANTE | POSIBLE CORTE DE AUGA EN SAN VICENTEInformamos dunha nova rotura na tubaxe da Mancomunidade que pod...
31/10/2026

🚨 AVISO IMPORTANTE | POSIBLE CORTE DE AUGA EN SAN VICENTE

Informamos dunha nova rotura na tubaxe da Mancomunidade que podería deixar sen subministración de auga a toda a parroquia de San Vicente.

A avaría produciuse durante a madrugada e, polo momento, non foi posible localizar o punto exacto da rotura. Será necesario agardar a que baixe a marea para poder avaliar a situación.

💧 Recomendamos á veciñanza facer un uso responsable da auga dispoñible.

Informaremos de calquera novidade en canto dispoñamos de máis información.

Desculpen as molestias.

🖤 *MINUTO DE SILENCIO*O Concello do Grove convoca para hoxe, xoves 29 de outubro, ás 20:00 horas, un minuto de silencio ...
29/10/2026

🖤 *MINUTO DE SILENCIO*

O Concello do Grove convoca para hoxe, xoves 29 de outubro, ás 20:00 horas, un minuto de silencio na Praza do Corgo, diante da Casa Consistorial, en memoria das vítimas mortais do accidente ferroviario acontecido onte.

Con este acto queremos expresar o noso pesar e solidariedade coas familias e persoas achegadas ás vítimas.

Convidamos a toda a veciñanza a participar neste acto de respecto e lembranza.

COMPLETO!!!!
29/10/2026

COMPLETO!!!!

O CONCELLO DO GROVE OFRECE DURANTE O MES DE NOVEMBRO UNHA COMPLETA PROGRAMACIÓN CULTURAL 📅O Grove, 29/10/2026.- O Concel...
29/10/2026

O CONCELLO DO GROVE OFRECE DURANTE O MES DE NOVEMBRO UNHA COMPLETA PROGRAMACIÓN CULTURAL

📅O Grove, 29/10/2026.- O Concello do Grove ofrece durante o mes de novembro unha completa programación cultural con actividades dirixidas a público infantil, xuvenil e adulto.

📌📌📌 Obradoiros para público infantil.

Organizáronse, co financiamento da Deputación de Pontevedra, varios obradoiros para público infantil:

👉Obradoiro de Robótica Educativa. Venres 6 de novembro, a partir das 18.00 h na Biblioteca do Grove.

Obradoiro para achegarse a robótica educativa de forma práctica e divertida, usando LEGO WeDo. Os participantes aprenderán a construír e programar pequenos proxectos, dando vida a robots que se moven, reaccionan e realizan tarefas.

Este obradoiro está dirixido á rapazada a partir de 8 anos e, para participar, é necesaria inscrición previa.

👉Obradoiro “A arte de marcar historias”. Venres 13 de novembro, a partir das 18.00 h na Biblioteca do Grove.
Taller creativo para achegar á rapazada ao mundo dos libros a través dun elemento que os acompañará nas súas próximas lecturas, o seu propio marcapáxinas elaborado e decorado con resina UV.

Este obradoiro está dirixido á rapazada a partir de 8 anos e, para participar, é necesaria inscrición previa.

👉Obradoiro “A Biblioteca Encantada”. Venres 20 de novembro, a partir das 17.30 h na Biblioteca do Grove.

Taller que combina literatura, imaxinación, xogos de misterio e creación artística para crear diferentes criaturas e pequenas historias.

Este obradoiro está dirixido á rapazada a partir de 4 anos e, para participar, é necesaria inscrición previa.

📌📌📌Espectáculo “Voo”. Mércores 18 de novembro, ás 11.30 h no Auditorio do Grove.

Tamén co financiamento da Deputación de Pontevedra, ofrecerase esta peza de teatro físico, manipulación de obxectos, música e danza para público infantil de Teatro O Cubo. A danza, a música, o movemento, a poesía visual e a comicidade están presentes en todo momento, facendo desta proposta unha viaxe para os sentidos.

Asistirá o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria dos CEIP da vila.

📌📌📌“Os dous de sempre”. 21 de novembro, ás 20.30 h, no Auditorio do Grove.

Espectáculo teatral do segundo semestre de 2026 da Rede Galega de Teatros Auditorios para público xuvenil e adulto, a cargo de Producións Teatrais Excéntricas en colaboración co dúo cómico Mofa & Befa.

Baixo a dirección de Quico Cadaval, este espectáculo supón a adaptación teatral da novela escrita por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, publicada orixinalmente en 1934.

As entradas poderán adquirirse na biblioteca municipal, o venres 20 de novembro, de 10.00 a 13.00 h, ou no propio auditorio unha hora antes do comezo o espectáculo, a un prezo de 8,00 € as xerais e prezo reducido de 5,00 € para estudantes.

📌📌📌“Chegar e encher”. Venres 27 de novembro ás 20.00 h na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”.

Divertido monólogo teatral para público xuvenil e adulto a cargo da actriz e contadora Bea Campos e producido pola compañía Inventi Teatro, con entrada libre ata completar aforo.

Chegar e encher é un canto ao fracaso, un divertido monólogo teatral onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré... unha ácida e divertida reflexión sobre a imposibilidade de controlar as nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados.

📌📌📌Concerto Orquestra de pulso e púa Arousa. Sábado 28 de novembro, 20.30 h, no auditorio do Grove.

Este concerto conta co financiamento da Deputación de Pontevedra. O repertorio estará integrado por temas clásicos de orquestras de pulso e púa e outros e arranxos de temas populares realizados pola propia orquestra.

Para asistir é necesario retirar convites na Biblioteca Municipal do Grove, do 25 ao 27 de novembro, ou no propio Auditorio unha hora antes do concerto.

🛍️ XA ESTÁ ACTIVA A VENDA DE BONOS DE   2026!Desde hoxe, a veciñanza xa pode mercar os seus bonos para consumir no comer...
28/10/2026

🛍️ XA ESTÁ ACTIVA A VENDA DE BONOS DE 2026!

Desde hoxe, a veciñanza xa pode mercar os seus bonos para consumir no comercio local do Grove.

💶 Paga 20 € e obtén 30 € en bonos
Unha oportunidade para aforrar nas túas compras e, ao mesmo tempo, apoiar os establecementos do municipio.

🏪 Os comercios aínda poden seguir adheríndose á campaña, polo que o listado de establecementos participantes seguirá ampliándose.

📲 Máis información, compra de bonos e adhesión de establecementos en:
https://mercanogrove.concellodogrove.es

❤️ Merca no Grove, apoia o comercio local!

27/10/2026

Comezan as obras de reforma da rúa Luis A. Mestre

O Concello do Grove inicia a reforma da rúa Luis A. Mestre para modernizar a iluminación pública, o saneamento, a rede de augas pluviais e a telefonía, e mellorar a accesibilidade peonil seguindo o modelo de Alexandre Bóveda. A rúa manterá a circulación en dobre sentido.

As obras executaranse en tres fases:

- Fase 1: Da Praza de Arriba ata o cruce coa rúa Castelao.
Xa en marcha, cunha duración estimada de dous meses e remate previsto antes do Nadal.

- Fase 2: Do cruce dos Taxis ata a avenida de Portugal.

- Fase 3: Da avenida de Portugal ata o alto de Borreiros.

🚗Tráfico. As obras ocasionarán dificultades na circulación no centro da vila. A rúa Castelao habilitarase como itinerario alternativo cando sexa necesario.

🚐Transporte público. Quedan suprimidas temporalmente as paradas de Fonte do Galo e Cortiñas. Recomendamos empregar a estación de autobuses.

🚌Transporte escolar. O CEIP Rosalía de Castro e o CEIP Valle-Inclán xa dispoñen da información necesaria para que o servizo funcione do xeito máis eficiente posible.

Somos conscientes das molestias que ocasionan estas obras e agradecemos a comprensión e colaboración da veciñanza durante a súa execución. Son actuacións imprescindibles para mellorar os servizos e o espazo urbano da vila.

Divertido espectáculo de música e clown ambientado nas historias da noite de Samain.📌 É necesaria inscrición previa na B...
26/10/2026

Divertido espectáculo de música e clown ambientado nas historias da noite de Samain.

📌 É necesaria inscrición previa na Biblioteca Municipal do Grove, no tfno. 986732341, no email [email protected] ou nas Redes Sociais.

🛍️ **ARRANCA MERCANOGROVE 2026!**O Concello do Grove pon en marcha unha nova edición da campaña  , destinada a impulsar ...
23/10/2026

🛍️ **ARRANCA MERCANOGROVE 2026!**

O Concello do Grove pon en marcha unha nova edición da campaña , destinada a impulsar as compras no comercio local.

🏪 XA ESTÁ ABERTO O REXISTRO DE ESTABLECEMENTOS!

Desde hoxe, venres 23 de outubro, os comercios con venda ao público poden solicitar a súa adhesión á campaña.

🎟️ A venda de bonos á veciñanza comezará o mércores 28 de outubro.

💶 Nesta edición poñeranse en circulación 2.000 packs de bonos, cun valor total de 60.000 € para gastar nos comercios adheridos.

✅ A veciñanza poderá adquirir 30 € en bonos pagando só 20 €. O Concello achega os 10 € restantes.

📲 Inscrición de establecementos e máis información:
https://mercanogrove.concellodogrove.es

ℹ️ Os comercios que participaron en edicións anteriores tamén deberán inscribirse de novo.

❤️ Merca no Grove, apoia o noso comercio!

Dirección

Praza Do Corgo, 1
El Grove
36980

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34986730975

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello do Grove publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello do Grove:

Atajos

Compartir

Categoría