Esquerda Unida O Grove

Esquerda Unida O Grove PÁXINA OFICIAL DO COLECTIVO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA O GROVE

‼📢 ROGOS E PREGUNTAS | O traballo de Esquerda Unida no Concello🔻Que fai o noso grupo municipal entre pleno e pleno? Moit...
11/08/2026

‼📢 ROGOS E PREGUNTAS | O traballo de Esquerda Unida no Concello

🔻Que fai o noso grupo municipal entre pleno e pleno?

Moitas veces só se ve a intervención de poucos minutos no salón de plenos. Pero detrás de cada pregunta, cada rogo, cada solicitude, hai horas de estudo de expedientes, visitas aos barrios, reunións coa veciñanza e seguimento da actividade municipal.

Entre xaneiro e xullo de 2026 formulamos máis de medio cento de preguntas e presentamos máis de trinta rogos para trasladar ao goberno municipal os problemas que nos fai chegar a veciñanza e para fiscalizar a súa xestión.

Como durante agosto non haberá pleno ordinario, queremos aproveitar estas semanas para facer un repaso deste traballo.

Falaremos de obras, vivenda, mantemento, limpeza, servizos públicos, mobilidade, transparencia e moitos outros asuntos que afectan ao día a día do Grove.

Porque facer oposición non consiste en preguntar unha vez e esquecerse. Consiste en volver insistindo ata que os problemas se resolvan.

👉 Mañá comezamos coa primeira publicación, onde mostraremos as preguntas e solicutdes realizadas sobre obras e investimentos.

📃 Lembra que podes consultar os rogos e preguntas de cada pleno na nosa web
👇👇👇
http://www.euogrove.es/search/label/Rogos%20e%20Preguntas%20Plenos

📖 Compartimos o noso manifesto con motivo do 25 de xullo: Día da Patria Galega.Defendemos unha Galicia con identidade pr...
24/07/2026

📖 Compartimos o noso manifesto con motivo do 25 de xullo: Día da Patria Galega.

Defendemos unha Galicia con identidade propia, pero tamén unha Galicia que poña no centro á clase traballadora, os servizos públicos, a xustiza social e a defensa do noso territorio.

Porque para nós, o patriotismo non se mide polo número de bandeiras, senón pola capacidade de garantir dereitos e construír unha vida digna para a maioría social.

➡️ Desliza as imaxes para ler o manifesto completo.
📃Ler o maniesto na web: https://esquerdaunida.org/25-xullo/

💛 Unha Galicia feminista, ecoloxista, democrática e socialista.
❤️ Unha Galicia libre, xusta e solidaria.

‼️📢 Esquerda Unida leva ao pleno unha moción para garantir a atención temperá e apoiar ás familias con menores con neces...
06/07/2026

‼️📢 Esquerda Unida leva ao pleno unha moción para garantir a atención temperá e apoiar ás familias con menores con necesidades terapéuticas

🔻 A formación reclama unha Unidade de Atención Temperá para O Grove, a creación dunha rede pública de atención postemperá e axudas municipais para aliviar o custo das terapias.

🔻 A moción, que será debatida no pleno do vindeiro mércores 8 de xullo, busca evitar que as crianzas interrompan os seus tratamentos por razóns administrativas ou económicas.
.. [Continúa]

📰 Ler noticia completa 👇👇👇
https://www.euogrove.es/2026/07/eu-leva-ao-pleno-unha-mocion-para.html?m=1

‼📢 Esquerda Unida solicita toda a documentación do Plan de Sustentabilidade Turística e reclama explicacións sobre a exe...
02/07/2026

‼📢 Esquerda Unida solicita toda a documentación do Plan de Sustentabilidade Turística e reclama explicacións sobre a execución dos fondos europeos

🔻 Piden acceso ao expediente completo do proxecto "A Gastromeca", tras rematar o prazo de execución, para comprobar se o Concello executou e xustificou correctamente os 2 millóns de euros dos fondos Next Generation. Advirten de que actuacións como a obra da Praza do Corgo ou a Ruta do B***o Fariñeiro suscitan dúbidas sobre o seu remate dentro do prazo previsto.

🔻 Lembran que levan todo o mandato realizando un seguimento da execución do plan, advertindo dos atrasos e do risco de perder parte dos fondos europeos por incumprimento dos prazos. Reclaman a convocatoria do Consello Local de Turismo para que o goberno dea explicacións.

[continúa]

📰 Ler noticia completa 👇👇👇
https://www.euogrove.es/2026/07/esquerda-unida-solicita-toda.html

‼📢 Esquerda Unida volve preguntar pola obra da rúa Hortos e denuncia a desorganización do goberno na execución das obras...
29/06/2026

‼📢 Esquerda Unida volve preguntar pola obra da rúa Hortos e denuncia a desorganización do goberno na execución das obras municipais

🔻 Lembran que a actuación en Hortos, comprometida coa súa formación cun orzamento de 280.000, foi licitada por segunda vez no 2025 e continúa sen iniciarse, malia que o goberno asegurou reiteradamente que o atraso se debía ás condicións meteorolóxicas, unha desculpa que xa non consideran válida.

🔻 Consideran que esta situación, xunto cos atrasos na obra de humanización da rúa Lepanto, como na das rúas do Peso, Regato, Fontiña, Horta do Río e Camiño Con do Gato, evidencian un modelo de xestión baseado na improvisación, sen planificación nin control da execución. Denuncian a permisividade do goberno con Marconsa, empresa adxudicataria de todas estas obras.
.. [continúa]

📰 Ler Noticia completa 👇👇👇
https://www.euogrove.es/2026/06/eu-volve-preguntar-pola-obra-da-rua.html

‼🔻 Esquerda Unida denuncia a precariedade do servizo de Cultura no verán pola falta de persoal🔻 Alertan de que o servizo...
20/06/2026

‼🔻 Esquerda Unida denuncia a precariedade do servizo de Cultura no verán pola falta de persoal

🔻 Alertan de que o servizo quedará con só dúas persoas e un monitor de reforzo, insuficiente para cubrir as necesidades de Cultura, polo que a Biblioteca, a Axencia de Lectura de San Vicente e a Salazón veranse afectados.

🔻 Critican a “falta de previsión” do goberno local ao non cubrir vacantes nin reforzar adecuadamente o departamento de Cultura.

▶ O Grove, 19 de xuño de 2026.- Esquerda Unida vén de denunciar a situación “crítica e de absoluta precariedade” na que quedará o servizo municipal de Cultura durante os próximos meses de verán debido á falta de persoal e á ausencia de planificación por parte do goberno local...

📃 Ler noticia completa👇👇👇
https://www.euogrove.es/2026/06/esquerda-unida-denuncia-precariedade-do.html

🗣📢 Esquerda Unida insta ao Concello a ofertar máis prazas e servizo de comedor no Plan Concilia ante a cancelación do ca...
25/05/2026

🗣📢 Esquerda Unida insta ao Concello a ofertar máis prazas e servizo de comedor no Plan Concilia ante a cancelación do campamento da ANPA Conchases

🔻 A formación lembra que o campamento que se celebraba no CEIP Rosalía de Castro acollía a preto dun centenar de nenos e nenas, dos que arredor da metade utilizaban o comedor, un servizo que de por si xa debería contemplar o concello.

🔻 Denuncian a falta de planificación do goberno, coñecedor da situación, e consideran que debería ofrecer unha solución xa que moitas familias quedarán sen unha alternativa clave para a conciliación durante o verán.

▶ O Grove, 25 de maio de 2026.- Esquerda Unida vén de reclamar ao Concello do Grove que amplíe os recursos destinados á conciliación familiar e laboral durante o verán, tras coñecerse a apertura do proceso de inscrición do Plan Concilia 2026 e a confirmación de que este ano non se celebrará o campamento organizado pola ANPA do CEIP Rosalía de Castro, suspendido debido ás obras que se están a desenvolver no centro educativo...

📃 Ler noticia completa 👇👇
https://www.euogrove.es/2026/05/eu-insta-ao-concello-ofertar-mais.html

🔴 Reivindicamos a defensa da lingua galega como unha causa democrática, social e de país.🗣️ Defender o galego non é só u...
16/05/2026

🔴 Reivindicamos a defensa da lingua galega como unha causa democrática, social e de país.

🗣️ Defender o galego non é só unha cuestión cultural: é unha cuestión de dereitos, de igualdade e de futuro.

‼️📢 Esquerda Unida denuncia o “absurdo” de arranxar baldosas en rúas que van ser abertas en poucas semanas🔻 A formación ...
14/05/2026

‼️📢 Esquerda Unida denuncia o “absurdo” de arranxar baldosas en rúas que van ser abertas en poucas semanas

🔻 A formación critica a “improvisación e falta total de planificación” do goberno local no uso dos cartos públicos.

🔻 Lembran tamén o caso do Corgo, onde se prevé retirar elementos instalados hai apenas uns anos dentro dunha actuación presentada como “refuxio climático”.

▶️ O Grove, 14 de maio de 2026.-Esquerda Unida denunciou hoxe a “pésima planificación” do goberno municipal tras comprobar que o Concello está a destinar recursos públicos á reparación de baldosas en rúas nas que xa existen actuacións integrais previstas a curto prazo.

A formación lembra que o pasado mes de marzo o alcalde anunciaba a posta en marcha dun contrato de arredor de 48.000 euros destinado ao mantemento e conservación de espazos públicos, asegurando que o obxectivo era deixar o municipio “en perfectas condicións” de cara á tempada estival.

Desde Esquerda Unida sinalan que sempre defenderon a necesidade dun plan de mantemento para o municipio, lembrando que “levamos anos denunciando o deterioro das rúas e reclamando actuacións continuadas e planificadas”. Porén, consideran que o problema aparece “cando se executan reparacións sen ningún tipo de coordinación coas obras xa previstas”.

Como exemplo, a formación pon o caso da rúa do camiño do Con do Gato, onde esta mesma semana se estiveron arranxando baldosas a pesar de que en poucas semanas a vía será aberta por completo para executar substitución de tubaxes e posterior formigonado.

Lembran que algo semellante produciuse recentemente diante da Casa do Concello, onde tamén se realizaron reparacións de baldosas cando se vai executar unha actuación de maior envergadura.

“O máis grave é que nin sequera podemos falar de falta de coordinación entre departamentos distintos, porque ambas actuacións dependen da mesma concellería. É dicir, quen ordena arranxar esas baldosas sabe perfectamente que esas rúas van ser abertas ao pouco tempo”, critican.

Para a formación, esta maneira de actuar “non responde a un modelo serio de mantemento, senón á improvisación permanente e ao malgasto de cartos públicos”.

Esquerda Unida advirte ademais de que esta situación “non é un feito illado”, lembrando tamén o que sucederá coa obra do Corgo, presentada como un refuxio climático. A actuación contempla o desprazamento e nova instalación dunha iluminación colocada hai apenas ano e medio cun custo próximo aos 100.000 euros, así como a eliminación das “paulonias” plantadas hai só seis anos co mesmo obxectivo climático que agora se pretende xustificar coa nova actuación. Unhas cuestións xa foron expostas polo grupo municipal no pasado pleno.

“Ao final, as consecuencias destas malas decisións non as pagan quen as toma, senón toda a veciñanza do Grove”, conclúen.

📃 Ler na web 👇👇👇

https://www.euogrove.es/2026/05/esquerda-unida-denuncia-o-absurdo-de.html

🏀 Este mércores, a corporación municipal recibimos ao equipo júnior masculino do Club Baloncesto O Meco tras proclamarse...
13/05/2026

🏀 Este mércores, a corporación municipal recibimos ao equipo júnior masculino do Club Baloncesto O Meco tras proclamarse campión da Liga Arousa. 🏆👏

Un recoñecemento máis que merecido ao traballo, compromiso e esforzo realizado ao longo de toda a tempada, que lles permite afrontar agora un novo reto: a fase de ascenso á Liga Galega, para a cal lles desexamos moita sorte. 💪🔥

Parabéns aos xogadores, ao corpo técnico, á directiva e a toda a familia do club por seguir facendo medrar o deporte base no noso concello. 💙🤍

Dirección

Luis Casais, 11 Baixo
El Grove
36980

Horario de Apertura

20:30 - 23:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Esquerda Unida O Grove publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir