Concello de Val do Dubra

Concello de Val do Dubra Conta oficial de Facebook do Concello de Val do Dubra

MAÑÁ PECHA A PISCINA! 🌊☀️ Último mergullo do verán 💦Aproveita o último día para desfrutar da piscina, refrescarte e desp...
05/09/2026

MAÑÁ PECHA A PISCINA! 🌊

☀️ Último mergullo do verán 💦

Aproveita o último día para desfrutar da piscina, refrescarte e despedir o verán como se merece! 🏊‍♀️🏊‍♂️

📅 Domingo, 6 de setembro
🕛 De 12:00 a 21:00 h
📍 Piscina Municipal de Val do Dubra

💙 Vémonos na piscina para o último chapuzón do verán! 💦

♟️ Queres aprender a xogar ao xadrez ou mellorar o teu nivel?O 8 de setembro comezan as Clases de Xadrez en Val do Dubra...
04/09/2026

♟️ Queres aprender a xogar ao xadrez ou mellorar o teu nivel?

O 8 de setembro comezan as Clases de Xadrez en Val do Dubra, na Aula de Xadrez da Casa da Cultura de Bembibre.

Haberá dous niveis todos os martes: iniciación, de 18:30 a 19:30 h, e perfeccionamento, de 19:30 a 20:30 h.

Durante todo o mes de setembro podes ir probar as clases de balde, sen compromiso. Unha boa oportunidade para achegarte ao xadrez, aprender, practicar e pasalo ben.

EXCURSIÓN AO GROVE E COMBARRO! Apúntate 🫵🏻O Concello de Val do Dubra organiza unha nova excursión para desfrutar dunha x...
03/09/2026

EXCURSIÓN AO GROVE E COMBARRO! Apúntate 🫵🏻

O Concello de Val do Dubra organiza unha nova excursión para desfrutar dunha xornada diferente, chea de paisaxes, gastronomía e boa compañía. Nesta ocasión, visitaremos O Grove e Combarro o vindeiro xoves 24 de setembro.

🚌 A saída será ás 8:00 horas diante da Casa do Concello, e contamos con 50 prazas, que se asignarán por orde de inscrición.

• O prezo son 55 € por persoa
• ⁠A excursión inclúe

🚍 Viaxe de ida e volta en autocar
👤 Guía acompañante
🦪 Paseo en catamarán pola ría, con degustación de mexillóns e viño da terra
🍽️ Comida en restaurante
🛡️ Seguro de asistencia

📍 Inscricións no Rexistro do Concello, onde previamente se entregará unha orde de ingreso para aboar no banco o custo da viaxe.

📅 Data límite para anotarse: luns 21 de setembro, sempre que queden prazas dispoñibles ℹ️ As inscricións pecharanse antes se se completan as 50 prazas.

Requisitos para participar:
• Estar empadroado/a en Val do Dubra
• Ter máis de 55 anos
• Contar con autonomía e boa mobilidade

Gastronomía e mar cos veciños e veciñas!

🥋 Volta o karate a Val do Dubra!A  inicia as súas clases a partir do luns 7 de setembro.📅 Sesións os luns e mércores🕕 18...
02/09/2026

🥋 Volta o karate a Val do Dubra!

A inicia as súas clases a partir do luns 7 de setembro.

📅 Sesións os luns e mércores
🕕 18:00 h
📍 CPI de Bembibre

Nestes días están abertas as inscricións para todas as persoas que queiran iniciarse ou continuar practicando karate.

Unha actividade deportiva na que aprender, mellorar e compartir, fomentando valores como o respecto, a disciplina e o compañeirismo.

🥋 Anímate a formar parte da Escola de Karate Dokkodō!

⚽ Este sábado, torneo de fútbol en  ! ⚽Este 5 de setembro ás 19:00 h, o Campo de Fútbol A Telleira acollerá o VII Torneo...
01/09/2026

⚽ Este sábado, torneo de fútbol en ! ⚽

Este 5 de setembro ás 19:00 h, o Campo de Fútbol A Telleira acollerá o VII Torneo de Fútbol Veteranos Val do Dubra.

B&B Fisioterapia 🆚 Bar Novais Portomouro

Unha nova oportunidade para g***r do fútbol, do deporte e do bo ambiente entre compañeiros, amigos e afeccionados.

📅 5 de setembro
🕖 19:00 h
📍 Campo de Fútbol A Telleira

Agardámosvos! Que comece o espectáculo! 🙌

Unha homenaxe a Miguel Ángel Arca!🧑🏻‍🚒Protección Civil de Val do Dubra e o Concello de Val do Dubra organizan unha xorna...
31/08/2026

Unha homenaxe a Miguel Ángel Arca!🧑🏻‍🚒

Protección Civil de Val do Dubra e o Concello de Val do Dubra organizan unha xornada de recoñecemento e homenaxe a Miguel Ángel Arca, bombeiro e veciño do municipio, en agradecemento pola súa entrega e compromiso ao servizo dos demais.

Ao longo da súa traxectoria, Miguel Ángel participou en importantes operativos e colaborou con Protección Civil de Val do Dubra, sempre en beneficio dos veciños e veciñas.

Unha xornada para recoñecer o seu labor e agradecer a súa dedicación.

Toma nota:

📍 Aparcadoiro da Rúa San Lourenzo (detrás do Reyva)
📅 Sábado, 26 de setembro de 2026

Contamos contigo para este gran día! ℹ️ É precisa inscrición.

🧱 A cheminea da Telleira, memoria de Val do DubraHai imaxes que contan moito.Na última xornada de traballo na parte supe...
28/08/2026

🧱 A cheminea da Telleira, memoria de Val do Dubra

Hai imaxes que contan moito.

Na última xornada de traballo na parte superior da cheminea da Telleira de Bembibre, Hugo Juncal remataba os labores de restauración a 25 metros de altura mentres preparaba a súa cámara. Esta cheminea fíxolle volver á infancia a Hugo, quen se criara xusto en fronte dunha cheminea moi parecida, a de Massó, en Bueu.

Un encontro entre dous oficios:
🔨 Hugo coida a historia.
📷 Eutropio conserva o instante.

A intervención permitiu reforzar a parte superior da cheminea, afectada por unha fenda provocada por un raio, mantendo a esencia dunha estrutura que leva máis dun século formando parte da paisaxe do Val do Dubra.

Eutropio leva anos seguindo e fotografando este “coloso”. Esta foi a súa subida á cheminea, unha oportunidade única para deixar rexistrado un momento que xa non volverá repetirse. Porque o patrimonio tamén se conserva así: co traballo de quen o restaura e coa mirada de quen o converte en memoria.

📍 A Telleira de Bembibre, Val do Dubra
📸 Imaxes para a memoria dos dubreses e dubresas, por Eutropio Rodríguez.

Reportaxe completa para 🔗https://bit.ly/4gkvKxi
ℹ️ Toda a info sobre o traballo de Eutropio en www.eutropio.com

E que tal iso de tocar o acordeón? Compróbao nas clases de 🪗 que organiza  este curso 2026/2027 🎶Comeza un novo curso de...
27/08/2026

E que tal iso de tocar o acordeón? Compróbao nas clases de 🪗 que organiza este curso 2026/2027 🎶

Comeza un novo curso de acordeón en Bembibre (Val do Dubra) e ti podes sumarte a esta iniciativa:

• Non é necesario ter coñecementos musicais previos.
• Non tes acordeón? Non te preocupes! Podes alugalo.

É unha oportunidade perfecta para aprender algo novo, g***r da música, coñecer xente e pasar un inverno divertido e diferente ❄️🎵

📝 INSCRICIÓNS ABERTAS
📞 Contacta no 667 374 409 para informarte e inscribirte.

🚧 REMATADAS AS OBRAS POS+AD 4B 2025 – ACONDICIONAMENTO DO CAMIÑO PEDRA DO HOME CARA AO CAMIÑO PORTOMEIROℹ️ Rematáronse a...
26/08/2026

🚧 REMATADAS AS OBRAS POS+AD 4B 2025 – ACONDICIONAMENTO DO CAMIÑO PEDRA DO HOME CARA AO CAMIÑO PORTOMEIRO

ℹ️ Rematáronse as obras de acondicionamento do camiño Pedra do Home cara ao camiño Portomeiro, adxudicadas a 🏗️ALCOMTE GALICIA S.L. por un importe de 40.900,00 euros.

Os traballos incluíron a limpeza de gabias ao longo dunha lonxitude total de 1.415 metros, así como a mellora do firme mediante a execución dunha capa de 15 cm de zahorra estabilizada con cemento, disposta sobre outra capa de igual espesor de subbase de material seleccionado, que serviu para regularizar a explanada previamente acondicionada.

Finalmente, completáronse os traballos coa formación de dous badéns de formigón.

Últimos días para inscribirte! Quedan prazas, anímate a participar neste curso homologado pola Xunta de Galicia ℹ️
26/08/2026

Últimos días para inscribirte! Quedan prazas, anímate a participar neste curso homologado pola Xunta de Galicia ℹ️

O Concello de Val do Dubra, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, está adherido á Rede de Dinamización da Lingua da Xunta de Galicia 👅

A través da Secretaría Xeral da Lingua, e xestionado polo gabinete provincial, no Concello de Val do Dubra organizarase este outono un 𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐠𝐫𝐚𝐭𝐮𝐢́𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐚́ 𝐥𝐢𝐧𝐠𝐮𝐚 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚, co fin de favorecer un maior emprego do noso idioma propio e poñer en valor as accións para prestixiar e atraer a xente cara ao galego, especialmente as dirixidas ao alto número de persoas provenientes do exterior.

𝐂𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐭𝐫𝐨𝐝𝐮𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚́ 𝐥𝐢𝐧𝐠𝐮𝐚 𝐞 𝐚́ 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚𝐬

DATAS 📅 17, 18, 21, 22, 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de setembro

HORARIO 🕖 das 19.15 ás 21.15 horas

ONDE📍Centro de formación do Concello de Val do Dubra

MÁIS ℹ️ E INSCRICIÓNS: presencialmente no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Val do Dubra, no teléfono 981 889 000 ou no correo electrónico [email protected].

📋 DATOS NECESARIOS: nome e apelidos, teléfono, nacionalidade e número de pasaporte/DNI/NIE.

O curso realizarase en modalidade presencial e terá unha duración de 20 horas, tras as que se entregará un diploma emitido pola propia Xunta de Galicia.

O alumnado contará con material didáctico.

⚠️ O prazo de inscrición manterase aberto ata que se cubran as prazas por orde de solicitude.

⚠️ Se estás interesado/a, ponte en contacto co concello canto antes. É imprescindible reunir un mínimo de 10 persoas inscritas para que o curso poida impartirse.

Dirección

Rua Arcai, 41
Bembibre
15873

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Val do Dubra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría