Asociación Avante

Asociación Avante Páxina de Facebook do Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade Avante, en Niveiro, Val do Dubra

Servizo sanitario inscrito có número C-15-003148

Avante nace en 1982 baixo o nome de "Asociación de Minusválidos Valle del Dubra". Posteriormente no 2007 pasou a chamarse Asociación de Persoas con Discapacidade Avante. Actualmente, a Asociación xestiona o Centro de Día, o Centro Ocupacional e a vivenda tutelada.

Seguimos formándonos para ofrecer unha atención de maior calidade.Na xornada de hoxe, o equipo do centro tivo a oportuni...
22/04/2026

Seguimos formándonos para ofrecer unha atención de maior calidade.
Na xornada de hoxe, o equipo do centro tivo a oportunidade de participar nunha formación especializada en dano cerebral adquirido, impartida por unha psicóloga experta neste ámbito en Santiago de Compostela.
Afondamos no coñecemento do antes, durante e despois de diferentes situacións como o ictus, o traumatismo cranioencefálico, os tumores cerebrais e outras causas que poden dar lugar a dano cerebral adquirido. Esta formación permitiunos comprender mellor os procesos, as necesidades das persoas usuarias e as ferramentas de intervención máis axeitadas en cada fase.
Queremos agradecer a Dano Cerebral Santiago de Compostela por compartir coñecementos e esta experiencia connosco. 🤝


Hoxe os usuarios e usuarias desprazáronse ata Boimorto para participar nun campionato de parchís organizado polos nosos ...
18/03/2026

Hoxe os usuarios e usuarias desprazáronse ata Boimorto para participar nun campionato de parchís organizado polos nosos compañeiros e compañeiras de . Máis alá das tiradas de dados e das fichas avanzando polo taboleiro, o verdadeiro valor da xornada estivo nas relacións que se crean e se fortalecen 🤝
Compartir tempo, risas e retos comúns permite que cada persoa se sinta parte activa da comunidade, algo fundamental para o benestar emocional e social 🌱
Ademais, actividades como esta fomentan habilidades sociais, a cooperación e o respecto mutuo, demostrando que o ocio tamén é unha ferramenta clave para o desenvolvemento persoal.
Grazas a pola organización e por crear espazos onde todas as persoas teñen cabida 💫


✨ O taller de encadernación✨Aquí os usuarios traballan cos materiais para plastificar e elaborar distintos recursos que ...
16/03/2026

✨ O taller de encadernación✨

Aquí os usuarios traballan cos materiais para plastificar e elaborar distintos recursos que utilizamos en actividades de terapia cognitiva, formación, logopedia ou habilidades sociais. Grazas á súa dedicación, podemos crear moito do material necesario sen depender de compras externas. 💪📚
O seu bo manexo e compromiso fai que cada detalle teña un toque especial. Cada plastificado, cada cuaderno ou ficha que elaboran contribúe a mellorar o día a día no noso centro. 🌟
👏 Creatividade, autonomía e compromiso que fan a diferenza!


🎭 Hoxe realizamos unha saída moi especial ao Auditorio de Santiago de Compostela para desfrutar da obra “Son Salvaxe!”, ...
13/03/2026

🎭 Hoxe realizamos unha saída moi especial ao Auditorio de Santiago de Compostela para desfrutar da obra “Son Salvaxe!”, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia xunto coa compañía de teatro La Maquiné.
A historia preséntanos a Mona, unha nena criada na selva por un gorila chamado Koko. Cando os seres humanos destrúen o seu fogar e a levan á civilización, Mona debe adaptarse a un mundo que non sente como propio. Con valentía e amor, decide emprender unha emocionante viaxe para rescatar ao seu amigo.
Un espectáculo cheo de música, emoción e valores que nos fixo reflexionar sobre a importancia de coidar a natureza, protexer o noso planeta e preservar a súa biodiversidade. 🌍💚
Foi unha experiencia cultural moi enriquecedora e unha xornada inesquecible. Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta aventura! 🎶✨


Que boa maneira de pechar a festa, como manda a tradición: onte, martes de entroido , levouse a cabo a queima do Meco. 🔥...
18/02/2026

Que boa maneira de pechar a festa, como manda a tradición: onte, martes de entroido , levouse a cabo a queima do Meco. 🔥🎭




Este ano, moi ao noso pesar (xa que é unha data que nos gusta e gozamos moito) non se puido celebrar o desfile do Entroi...
16/02/2026

Este ano, moi ao noso pesar (xa que é unha data que nos gusta e gozamos moito) non se puido celebrar o desfile do Entroido polas rúas de Bembibre, que sempre compartimos cos colexios de Val do Dubra.

Pero en Avante argallamos a festa igual e pasamos un día cheo de diversión e dinámicas que, aínda que no interior, fixeron que esquecéramos por un momento as choivas que tanto nos están a prexudicar este ano.

Como vedes, o momento favorito foi a merenda, onde non faltou o chocolate. Foi nese intre cando o alcalde e o tenente de alcalde nos fixeron unha visita e nos agradeceron todo o noso traballo e empeño co meco deste ano.



O venres foi o momento das mulleres de Avante: iniciamos o proxecto de “Acompañamento afectivo-sexual e socio-relacional...
16/02/2026

O venres foi o momento das mulleres de Avante: iniciamos o proxecto de “Acompañamento afectivo-sexual e socio-relacional”, que a semana anterior xa se puxera en marcha cos homes.
Dúbidas, curiosidades, novas aprendizaxes e, sobre todo, favorecer o desenvolvemento de vínculos seguros, saudables e respectuosos son os obxetivos principais deste obradoiro.
Agárdannos uns meses cheos de reflexión, diálogo e novos temas que iremos abordando xuntos, creando un espazo de confianza, crecemento e apoio.



O venres pola tarde, o grupo de usuarios de Avante participou nun novo obradoiro impartido polas Integradoras Sociais do...
09/02/2026

O venres pola tarde, o grupo de usuarios de Avante participou nun novo obradoiro impartido polas Integradoras Sociais do centro. Consideramos que o acompañamento afectivo-sexual e socio-relacional é fundamental, xa que as persoas con discapacidade teñen as mesmas necesidades afectivas, se***is e relacionais ca calquera outra persoa, aínda que en moitas ocasións se atopan con barreiras que dificultan o seu benestar e a súa autonomía.
Este proxecto ofrece un acompañamento seguro e respectuoso, fomentando a autonomía na xestión dos afectos e das relacións. O obxectivo é que cada persoa poida aprender a recoñecer e expresar os seus sentimentos, respectar os seus propios límites e os das demais persoas, e tomar decisións propias nas relacións interpersoais.
Este obradoiro foi só o inicio dun camiño que terá continuidade, xa que nos vindeiros meses seguiremos formándonos nesta área tan importante.



Inversións cofinanciados pola Deputación de CoruñaInstalación aerotermia CRD NiveiroFOIE - Programa de subvencións a ent...
06/02/2026

Inversións cofinanciados pola Deputación de Coruña
Instalación aerotermia CRD Niveiro

FOIE - Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de servizos sociais no ano 2025.

Importe de subvención: 9.617,00 €
Porcentaxe subvencionado: 50%
Gastos totais a xustificar: 19.234,00 €

04/02/2026

Ata as instalacións que ten a entidade en Val do Dubra desprazouse Valentín Formoso acompañado do alcalde de Val do Dubra, Diego Luís Díaz, e da deputada de Política Social, Mar García Vidal.

Dirección

Costa Nariño S/n
Niveiro
15873

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:30
Martes 09:00 - 17:30
Miércoles 09:00 - 17:30
Jueves 09:00 - 17:30
Viernes 09:00 - 17:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Avante publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir