20/08/2026
𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗟
𝗝𝗼𝘀𝗲́ 𝗔𝗻𝘁𝗼𝗻𝗶𝗼 𝗣𝗲𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗚𝗶𝗹, alcalde do Concello da Baña analizou hoxe a problemática actual da seca. Sinalou que na Baña de momento hai suficiente para abastecer a San Vicenzo, pero advertiu: “O caudal do río do Barro é moi baixo e tivemos que levarlle auga a granxas de Cabanas, a unha comunidade de augas de San Cibrán e a varios veciños do Barro”, afirmou.
E engadiu que a sociedade: “Ten que concienciarse que o problema da auga vai a máis e ata que temos o problema, non valoramos a importancia nen somos solidarios”. Afirmou tamén que a Xunta de Galicia “debe financiar a búsqueda de novos puntos de captación e facer novas infraestructuras porque eu creo que isto é un aviso do que vai vir a partir de agora”, sinalou.
𝗘𝗦𝗖𝗢́𝗜𝗧𝗔𝗢 𝗔𝗤𝗨𝗜́
https://www.concellodenegreira.gal/gl/podcasts/jose-antonio-pereira-9