03/09/2026
🏫 𝐀 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 𝐝𝐞 𝐋𝐚𝐧̃𝐚𝐬, 𝐚 𝐩𝐮𝐧𝐭𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨 𝐧𝐨𝐯𝐨 𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨
O Concello da Baña vén de rematar os 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐚𝐜𝐨𝐧𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐚 🏫 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 𝐝𝐞 𝐋𝐚𝐧̃𝐚𝐬 𝐞 𝐝𝐨𝐬 𝐬𝐞𝐮𝐬 𝐚𝐫𝐫𝐞𝐝𝐨𝐫𝐞𝐬, co obxectivo de que as instalacións estean preparadas para o inicio do curso escolar a vindeira semana.
Esta actuación de posta a punto feita pola brigada municipa lde obras permite 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚𝐫 𝐨 𝐞𝐬𝐩𝐚𝐳𝐨 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐞 𝐚 𝐬𝐮́𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐫𝐧𝐚, ofrecendo ás nenas e aos nenos, ás súas familias e ao persoal do centro unhas instalacións coidadas e axeitadas para o día a día.
O Concello continúa traballando no 𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐨𝐬 𝐞𝐪𝐮𝐢𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐢𝐬, prestando especial atención aos espazos destinados á educación e ao benestar da infancia.
Todo preparado para recibir o alumnado e comezar unha 🎒✨nova etapa chea de aprendizaxes!