29/10/2026
Avanzan as obras de mellora da pista que comunica Sisto e Salmonte, cun investimento de 166.875,94 euros.
Esta actuación permitirá mellorar as condicións de circulación e aumentar a seguridade dos desprazamentos entre ambos os lugares.
Os traballos, iniciados a pasada semana, inclúen a renovación do firme con novo aglomerado, a reparación das zonas máis deterioradas e a limpeza das gabias para facilitar a evacuación da auga e evitar que se acumule na calzada. Tamén se renovará a sinalización horizontal e instalarase un tramo de barreira de seguridade.
Desde o Concello agradecemos á veciñanza a súa comprensión polas molestias que poidan ocasionar as obras mentres se desenvolven os traballos.