Radio Arzúa

Radio Arzúa Radio Municipal do Concello de Arzúa

Este venres teremos con nós a César Buján, Técnico Deportivo do Concello de Boimorto para falar da Pedestre de Boimorto ...
15/07/2026

Este venres teremos con nós a César Buján, Técnico Deportivo do Concello de Boimorto para falar da Pedestre de Boimorto que se celebrará este domingo. Tamén nos acompañará para a p***a deportiva da Final do Mundial. Será ás 11.30h.

Carreira Popular de Boimorto

Consellos con Luz Pardo sobre festas e excesos..
15/07/2026

Consellos con Luz Pardo sobre festas e excesos..

Houbo tres gañadores na p***a deportiva de onte en Radio Arzúa. Pablo Enjamio, José Manuel Rodríguez e Maruja León. Desp...
15/07/2026

Houbo tres gañadores na p***a deportiva de onte en Radio Arzúa. Pablo Enjamio, José Manuel Rodríguez e Maruja León. Despois do informativo das 12.00 resolveremos en directo quen será o premiado con esa cea ou xantar en Bar Restaurante Galicia.

O alcalde de Arzúa, Xoan Xesús Carril e o Director da Banda de música de Arzúa, Alberto Medraño acompañarannos despois d...
15/07/2026

O alcalde de Arzúa, Xoan Xesús Carril e o Director da Banda de música de Arzúa, Alberto Medraño acompañarannos despois do informativo das 12.00h para falarnos da Festa do Carme.

Tal día coma hoxe, 15 de xullo de 1989 Pink Floyd ofrecía en Venecia un dos concertos máis espectaculares da historia do...
15/07/2026

Tal día coma hoxe, 15 de xullo de 1989 Pink Floyd ofrecía en Venecia un dos concertos máis espectaculares da historia do Rock. cun escenario flotante sobre a lagoa e a praza de San Marcos como pano de fondo, a banda Británica reuniu milleiros de persoas e foi seguida por millóns de espectadores en todo o mundo. Nós tamén queremos comezar esta mañá cunha das cancións máis emblemáticas da Banda, Wish you were here.

Pink Floyd 8-Tracks - The New Compilation Album Featuring Eight Cur...

As Festas do Carme arrancan este xoves con catro días de celebración en ArzúaDo 16 ao 19 de xullo haberá actuacións en d...
14/07/2026

As Festas do Carme arrancan este xoves con catro días de celebración en Arzúa

Do 16 ao 19 de xullo haberá actuacións en directo, verbena e sesións de DJ, e as festas rematarán cunha xornada familiar na Área Recreativa de Ribadiso

Arzúa, 14 de xullo de 2026. As Festas do Carme darán comezo este xoves, 16 de xullo, cunha programación que se prolongará ata o domingo e levará música e ambiente festivo a distintos espazos do municipio. As formacións e artistas locais terán un papel destacado nun programa que incluirá actuacións en directo, verbena, sesións de DJ e unha xornada final pensada para as familias.

A apertura das festas correrá a cargo da Banda de Música de Arzúa (BMA), que ofrecerá un pasarrúas polas rúas da vila e dous concertos na Praza de Galiza. Ao longo dos catro días participarán tamén Bringuelo – Escola de Música Tradicional de Arzúa, Luar das Augas e a DJ arzuá Pájara Boba, xunto coa Orquestra Galilea, DJ Casanova e DJ Toni Salvaje.

O domingo, as Festas do Carme trasladaranse á Área Recreativa de Ribadiso para pechar a programación cunha xornada especialmente pensada para compartir en familia. A tarde incluirá unha merenda para as crianzas, o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona e unha última sesión musical da DJ arzuá Pájara Boba.

O Concello anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nas distintas actividades previstas e a desfrutar das Festas do Carme.

Hoxe a partir das 11:30 p***a deportiva en Radio Arzúa co Francia-España. O gañador poderá desfrutar dunha cea para dúas...
14/07/2026

Hoxe a partir das 11:30 p***a deportiva en Radio Arzúa co Francia-España. O gañador poderá desfrutar dunha cea para dúas persoas no Bar Galicia. Recordade que so serán válidos os resultados que se den chamando durante a emisión do programa ao 981 50 80 96.

O 14 de xullo de 1969, a película Easy Rider, estréase en cines. Neste filme aparece o mítico “Born To Be Wild” de Stepp...
14/07/2026

O 14 de xullo de 1969, a película Easy Rider, estréase en cines. Neste filme aparece o mítico “Born To Be Wild” de Steppenwolf. A película sería protagonizada por Peter Fonda y Dennis Hopper como espíritus libres en moto. A banda sonora vendería máis de medio millón de copias e convertiríase nun dos iconos da década dos 70 e da historia do rock.

Enjoy the videos and music you love, upload original content, and share it all with friends, family, and the world on YouTube.

13/07/2026

ATENCIÓN: AVISO DE CORTES DE TRÁFICO EN PANTIÑOBRE

Con motivo dunha rodaxe audiovisual, produciranse cortes de tráfico os días 14, 15 e 27 de xullo, entre as 7.00 e as 23.30 horas, nas seguintes vías:

As Corredoiras–O Sixto–Salmonte: corte total no tramo entre Salmonte e O Sixto, permitindo o acceso á veciñanza.

Igrexa de Pantiñobre–A Riba: cortes intermitentes.

O Vilar–O Rial: cortes intermitentes.

O Rial, entre os números 19 e 24: corte total.

Os cortes realizaranse unicamente durante a gravación das escenas e habilitaranse itinerarios alternativos.

Hoxe é o día Mundial do Rock, una data conmemorativa a nivel mundial que se celebra o 13 de xullo de cada ano. O motivo ...
13/07/2026

Hoxe é o día Mundial do Rock, una data conmemorativa a nivel mundial que se celebra o 13 de xullo de cada ano. O motivo principal da elección desta data foi para conmemorar a realización do mega concerto de rock "Live Aid", celebrado o 13 de xullo de 1985, o cal contou coa presenza de importantes bandas e intérpretes do xénero procedentes de Europa e Estados Unidos co fin de recadar fondos a beneficio de Somalía e Etiopía, países do continente africano que atravesaban por unha severa crisis de fame. Bandas da talla de Queen, U2, The Beach Boys, Dire Straits, Reo Speedwagon, Black Sabbath, Led Zeppelin, Judas Priest, The Who e intérpretes como Mick Jagger, Tina Turner, George Michael, Bryan Adams, Kenny Loggins, Eric Clapton, Sting, Phil Collins, David Gilmour, David Bowie, Elton John, Bob Dylan, Paul McCartney, entre otros estiveron en Londres e Filadelfia. Abrimos mañanciñas con este “Tight Connection to My Heart (Has Anybody Seen My Love?” de Bob Dylan do álbum “Empire Burlesque” daquel ano 1985.

The Bootleg Series Vol. 18: Through The Open Window, 1956-1963 out ...

Dirección

Rúa Pai Pardo, 33/1º Piso
Arzúa
15810

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Radio Arzúa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir