Cultura Concello de Arzúa

Cultura Concello de Arzúa Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.

🌳📚 HOXE! Nova sesión do programa O Xardín dos Contos co espectáculo "Os rizos de Lía", un contacontos musical que trabal...
03/09/2026

🌳📚 HOXE! Nova sesión do programa O Xardín dos Contos co espectáculo "Os rizos de Lía", un contacontos musical que traballa valores como a amizade, a autoestima, o respecto pola identidade ou a importancia de confiar nunha mesma. Dirixido a público infantil, especialmente entre os 3 e 8 anos.

📌 Xoves 3 de setembro | Xardín da Casa de Correos | 19:30 h.

Concello de Arzúa
Gallaecia Eventos

📸 GALERÍA CONCERTO DE PEPE PIÑA Y LOS ROBINSON | CICLO 'EN ABERTO' 2026 🎼Onte, xoves 27 de agosto, pechamos a presente e...
28/08/2026

📸 GALERÍA CONCERTO DE PEPE PIÑA Y LOS ROBINSON | CICLO 'EN ABERTO' 2026 🎼

Onte, xoves 27 de agosto, pechamos a presente edición do Ciclo de música na rúa 'En Aberto' coa actuación de Pepe Piña y Los Robinson coa mellor música dos 70 e 80. Coa deste ano celebramos once edicións do ciclo, o que fai un total de 44 concertos de balde e de todos os estilos.

́sica ́n

Concello de Arzúa

📸 O pasado sábado visitamos San Andrés de Teixido na terceira das excursións do programa Coñece o teu país 2026.🚌 Achegá...
26/08/2026

📸 O pasado sábado visitamos San Andrés de Teixido na terceira das excursións do programa Coñece o teu país 2026.

🚌 Achegámonos ao famoso santuario, gozamos da súa contorna, compartimos un xantar en Valdoviño e tivemos tempo libre na praia de Cabanas.

📌 A vindeira excursión será o 19 de setembro a Pobra de Trives e o prazo de inscricións comezará o día 15.

Concello de Arzúa

🎤 Ciclo de música na rúa "En Aberto"◾️ Concerto de Pepe Piña y Los Robinson◾️ Pepe Piña, cantautor e fundador de grupos ...
25/08/2026

🎤 Ciclo de música na rúa "En Aberto"

◾️ Concerto de Pepe Piña y Los Robinson

◾️ Pepe Piña, cantautor e fundador de grupos como Semen Up, O Carro, Haceros del Norte ou Clave de Fado; chega a Arzúa con Pepe Piña y Los Robinson en formato trío, acompañado de Ro Muñoz á batería e Gonzo Piña ao baixo eléctrico. O repertorio da banda inclúe versións de Joe Cocker, Los Ronaldos, Kiko Veneno ou The Beatles, e un tributo aos 70 coa mellor música da Costa Californiana, Nova Iork e Londres.

📍 Xoves 27 de agosto | Praza de Galiza | 21:00
En caso de choiva, celebrarase no Multiusos Terra do Queixo.

́sica ́n

Concello de Arzúa

📸 GALERÍA CONCERTO DE OS LIANTES | CICLO 'EN ABERTO' 2026 🎼Onte, xoves 20 de agosto, tivo lugar a terceira actuación do ...
21/08/2026

📸 GALERÍA CONCERTO DE OS LIANTES | CICLO 'EN ABERTO' 2026 🎼

Onte, xoves 20 de agosto, tivo lugar a terceira actuación do Ciclo de música na rúa 'En Aberto' deste ano da man de Os Liantes que fixeron soar a mellor música tradicional incluíndo instrumentos modernos como saxofón, bouzuki, guitarra acústica e eléctrica. Conseguiron conquistar unha praza chea de xente arrincando aplausos e bailes.

́sica ́n

Concello de Arzúa

🥁 O grupo local Luar das Augas  actuará este sábado de xeito itinerante dentro do programa 𝙈𝙪́𝙨𝙞𝙘𝙖 𝙣𝙖 𝙛𝙚𝙞𝙧𝙖 incluído na ...
20/08/2026

🥁 O grupo local Luar das Augas actuará este sábado de xeito itinerante dentro do programa 𝙈𝙪́𝙨𝙞𝙘𝙖 𝙣𝙖 𝙛𝙚𝙞𝙧𝙖 incluído na programación cultural do verán

📌 De 11:30 a 13:30 | Multiusos Terra do Queixo e rúas

Concello de Arzúa

🎤 Ciclo de música na rúa "En Aberto"◾️ Concerto de Os Liantes◾️ Fusionan a forza das gaitas e a percusión tradicional cu...
18/08/2026

🎤 Ciclo de música na rúa "En Aberto"

◾️ Concerto de Os Liantes

◾️ Fusionan a forza das gaitas e a percusión tradicional cunha rica instrumentación moderna que inclúe saxofón, bouzuki, violín, guitarra acústica e eléctrica. O seu obxectivo é ofrecer un directo dinámico e participativo, deseñado para conectar co público e no que é imposible non arrincarse a bailar. Presentan o seu traballo discográfico "De repente, un burato", publicado no 2024. Foron gañadores do certame Interritmos en 2019 (o que os levou a actuar no escenario do Festival da Luz) e son tamén os organizadores do Bruón Folk Fest na súa parroquia natal.

📍 Xoves 20 de agosto | Praza de Galiza | 21:00

́sica ́n

Concello de Arzúa

📸 GALERÍA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN 'BO CAMIÑO' 🎨 Hai unha semana, o pasado luns 10 de agosto, inauguramos a décima edi...
17/08/2026

📸 GALERÍA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN 'BO CAMIÑO'

🎨 Hai unha semana, o pasado luns 10 de agosto, inauguramos a décima edición da exposición colectiva 'Bo Camiño' que reúne na Capela da Madanela a máis de 20 artistas.

📌 A mostra pode visitarse ata o 5 de setembro en horario de 19:00 a 21:00 h. de martes a sábados.

́n

Concello de Arzúa
Cristina Carballedo Penelas

📸 GALERÍA CONCERTO DE BLACK | CICLO 'EN ABERTO' 2026 🎼Onte, xoves 13 de agosto, tivo lugar a segunda actuación do Ciclo ...
14/08/2026

📸 GALERÍA CONCERTO DE BLACK | CICLO 'EN ABERTO' 2026 🎼

Onte, xoves 13 de agosto, tivo lugar a segunda actuación do Ciclo de música na rúa 'En Aberto' deste ano da man de Black que puxe en escena unha gran calidade musical e vocal, e unha gran conexión co público que disfrutou do concerto de principio a fin.

́sica ́n

Concello de Arzúa

🤝🎆 Convocatoria de Subvencións para a celebración de festas parroquias no concello de Arzúa durante o ano 2026🔹 O Depart...
14/08/2026

🤝🎆 Convocatoria de Subvencións para a celebración de festas parroquias no concello de Arzúa durante o ano 2026

🔹 O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da convocatoria de subvencións municipais para festas parroquiais durante o ano 2026.

🔹 A contía das axudas ascende a 18.900 euros. O importe de cada subvención será de 900 euros por anualidade e parroquia.

🔹 Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa.

🔹 O extracto da convocatoria sae publicado no BOP nº 154 do 14/08/2026.

🔹 As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello. O prazo para presentar as solicitudes será do 17 de agosto ao 11 de setembro.

🔗 Bases completas e formularios https://arzua.gal/bases-da-convocatoria-para-a-concesion-de-subvencions-para-a-celebracion-de-festas-parroquiais-no-concello-de-arzua-durante-o-ano-2026/
🔗 Sede electrónica https://sede.concellodearzua.com/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/Solicitudsubvenciones_N

Concello de Arzúa

Dirección

Rúa Padre Pardo, 33, 1º
Arzúa
15810

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Teléfono

981500222

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cultura Concello de Arzúa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Cultura Concello de Arzúa:

Atajos

Compartir