15/06/2026
Durante o terceiro trimestre, o alumnado participou en diversos obradoiros prácticos centrados no uso de ferramentas dixitais como Padlet, Excel, Word, Canva, o correo electrónico e outras aplicacións de utilidade académica e profesional.
Aínda que as tecnoloxías forman parte do noso día a día, observamos que moitos mozos e mozas teñen unha maior familiaridade coas redes sociais que co manexo de ferramentas dixitais básicas e imprescindibles para os estudos e o mundo laboral. Por iso, estas actividades estiveron orientadas a reforzar a súa competencia dixital, proporcionando recursos prácticos que lles serán de gran utilidade no seu futuro formativo e profesional.😄
Desde a biblioteca escolar, seguimos impulsando iniciativas que contribúan á mellora das competencias dixitais da comunidade educativa, favorecendo un uso responsable, autónomo e eficaz das ferramentas tecnolóxicas.