Concello de Cea

Concello de Cea Concello de la provincia de Ourense (España) en donde esta ubicado en Monasterio de Oseira y en donde se elabora el mejor pan del mundo. ONDE O PAN é ARTE.

A COMISION DE FESTAS DA SALETA 2026 INFORMA:- O vindeiro sábado, 5 de setembro celebraseno Campionato de Cartas (tute e ...
03/09/2026

A COMISION DE FESTAS DA SALETA 2026 INFORMA:

- O vindeiro sábado, 5 de setembro celebraseno Campionato de Cartas (tute e subastado) das Festa, no baixo da Praza Maior, 17 horas.

- Nas vindeiras horas publicarase a Programación de Festas da Saleta 2026

ESCOLAS DEPORTIVAS 26/27Comezou a pretempada das Escolas Deportivas Municipais para o período 2026/27.Os nenos e nenas c...
03/09/2026

ESCOLAS DEPORTIVAS 26/27

Comezou a pretempada das Escolas Deportivas Municipais para o período 2026/27.

Os nenos e nenas comezan deste xeito un novo ciclo formativo onde o deporte cobra protagonismo. Hábitos saudables, sociais, de compañeirismo e de respecto serán os piares deste novo curso.

Benxamín, alevín, infantil e cadete son as categorías nas que participarán ao longo dun ano apaixoante de diversión.


CINEMA EN CEA: CICLO MESTRE MATEOHoxe as 20h no Edificio Multiusos, proxección de SAN SIMON, dentro do Ciclo Mestre Mate...
02/09/2026

CINEMA EN CEA: CICLO MESTRE MATEO

Hoxe as 20h no Edificio Multiusos, proxección de SAN SIMON, dentro do Ciclo Mestre Mateo que se proxecta de forma integra en Cea.

SINOPSE

En outubro de 1936, tras o estalido da Guerra Civil, o réxime franquista estableceu centos de campos de concentración en conventos, escolas e outros espazos pechados. A illa de San Simón destacaba pola súa localización insular, o que transformou unha antiga estación de corentena nun lugar aterrador de represión e morte, situado nunha contorna de beleza abrumadora.

Duración: 108 mins

Acceso de balde.

Campamento de Verán: Semana 9Esta semana no campamento de Cea viaxamos ata o espazo da man de Wall-E, unha película que ...
01/09/2026

Campamento de Verán: Semana 9

Esta semana no campamento de Cea viaxamos ata o espazo da man de Wall-E, unha película que nos axudou a reflexionar sobre a contaminación, o coidado do planeta e a vida no espacio.

Para poñer en práctica fixemos unha manualidade reutilizando botes, aos que lles demos unha nova vida como xarróns. Decorámolos con pintura que brilla na escuridade e completámolos con bonitas flores de papel.

Tamén saímos polas rúas do pobo para facer unha limpeza de Cea, recollendo latas, botes e outros residuos que algunhas persoas botan nas cunetas. Unha actividade coa que comprobamos de primeira man a importancia de manter limpo o noso entorno.

E, para seguir aprendendo sobre reciclaxe, construímos tres recipientes de reciclaxe e descubrimos que tipo de residuos debemos depositar en cada un.
Ademais, recibimos a visita de persoal da planta de SOGAMA, que nos explicou de maneira moi amena a importancia de separar correctamente os residuos e nos agasallou con pequenos detalles feitos con materiais reciclados.

Pero non todo foi coidar o planeta! Tamén nos transformamos en protagonistas dunha auténtica aventura espacial cun xogo de roles no que dous equipos, extraterrestres e terrícolas, se prepararon para unha invasión. As caracterizacións foron do máis simpáticas e fixeron que a actividade estivese chea de risas e imaxinación.

E cando o tempo non nos permitiu saír ao exterior, aproveitamos ao máximo as instalacións do campamento: billar, futbolín, ping-pong e moitos outros xogos cos que seguimos gozando e compartindo momentos inesquecibles.

E así chegamos ao final da semana e do campamento cunha experiencia moi especial: viaxamos polo universo dentro dun planetario, onde puidemos g***r de proxeccións alucinantes e mergullarnos de cheo no mundo do espazo.

E para despedirnos por todo o alto… festa galáctica! Música, luces, baile e moitísima diversión puxeron o broche final a unha semana chea de aventuras, aprendizaxes e momentos que gardaremos para sempre.

Ata a próxima aventura, campistas!


SUBVENCIÓNS PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E APOIO Á GANDARÍA E EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLASA Deputación Provincial ...
01/09/2026

SUBVENCIÓNS PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E APOIO Á GANDARÍA E EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS

A Deputación Provincial de Ourense convoca axudas para o exercicio 2026 destinadas a explotacións gandeiras e agrícolas da provincia.

🔹 Liña A: recollida, transporte, tratamento e reciclaxe de plásticos agrícolas — ata 1.500 €.

🔹 Liña B: adquisición de maquinaria e bens para a prevención de incendios e xestión da biomasa — ata 8.500 €.

💶 Máximo por beneficiario: 10.000 €.

📅 Prazo de solicitude: desde hoxe ata o 25 de setembro de 2026.

As persoas ou entidades solicitantes deberán cumprir os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Na Casa do Concello poderán prestar axuda na tramitación aos interesado.

ENSERES VOLUMINOSOSSeguimos a observar prácticas inapropiadas no uso da recollida de lixo, e especialmente na de enseres...
31/08/2026

ENSERES VOLUMINOSOS

Seguimos a observar prácticas inapropiadas no uso da recollida de lixo, e especialmente na de enseres voluminosos.

Lembramos que hai un servizo de recollida gratuito, xestionada pola Deputación de Ourense e xestionada por Tragsa.

Teléfono: 988 03 30 92
Horario de atención: 9:00 a 14:00 h (luns a venres)
Mail de contacto: [email protected]

Facelo mal vai en perxuizo de todos!

Acompañamos fotos de malos usos que se están a realizar, e de novo o cartaz informativo do servizo.

Via da Prata, Camiño de SantiagoO mes de xuño, ainda que con números inferiores ao de maio, incremetou o número de pereg...
28/08/2026

Via da Prata, Camiño de Santiago

O mes de xuño, ainda que con números inferiores ao de maio, incremetou o número de peregrinos que pernoctaron no noso Concello con respecto o mesmo periodo do ano anterior.

Albergue público de Cea: 305 (ano 2025: 372)
Albergue público de Oseira: 125 (ano 2025: 165)
Pavillón de Deportes (grupos): 341 (ano 2025: 197)

O albergue de Cea, ademais foi o que mais peregrinos acolleu de toda a rede na Vía da Prata en Galicia, seguido de A Laxe en Lalín con 296. Este dato, sen embargo, no mes de xullo cambia, sendo este último o que mais acolleu (+104)

Estes datos implican un promedio de 25,7 peregrinos/día por un 24,46 do ano 2025, sendo un ano anterior a Ano Santo.

As estatísticas din que maio e o mellor mes do ano, xuño baixa, xullo é normalmente o mais baixo do verán e recuperase en agosto e setembro empezando a baixar de novo en octubro.

Ainda que daremos datos exactos, xullo incrementa con respecto o ano anterior e agosto tamén, pero siguen a curva de todos os anos.

Aquí non se incorporan datos das hospedaxes privadas, pero que estamos seguros tamén incrementaron os seus números.

Fonte dos datos: rede de albergues públicos de Galicia e Concello de Cea (grupos)


O Campamento de Verán está a piques de rematar, e para rematar unha actividades incrible para desfrute dos cativos.Festa...
27/08/2026

O Campamento de Verán está a piques de rematar, e para rematar unha actividades incrible para desfrute dos cativos.

Festa fin de Campamento, Festa Galáctica con Planetario portátil, luces impresionantes, , música e moitas sorpresas!!

Mañá venres no Edificio Multiusos!!!


⚠️ ALERTA METEREOLÓXICA ⚠️Informa a Axencia Española de Metereoloxía (AEMET) dun episodio adverso, con ALERTA AMARELA, p...
26/08/2026

⚠️ ALERTA METEREOLÓXICA ⚠️

Informa a Axencia Española de Metereoloxía (AEMET) dun episodio adverso, con ALERTA AMARELA, por tormentas e choivas, desde a última hora do día de hoxe, ata o mediodía de mañá, na nosa zona xeográfica (Ourense noroeste).

Pregamos precaución.

Dirección

Plaza Mayor, 1
San Cristóbal De Cea
32130

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Cea publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Cea:

Atajos

Compartir

Categoría