Esquerda Unida Vigo

Cómo llegar Contactar con la organización

Esquerda Unida Vigo Canal informativo da agrupación local de Esquerda Unida en Vigo. Agrupación Local de Esquerda Unida de Galicia.

Adiada a manifestación ao próximo venres 6.11
30/10/2026

Adiada a manifestación ao próximo venres 6.11

En solidariedade coas vítimas e familiares do tráxico accidente de tren, ADIAMOS a convocatoria de manifestación de hoxe.

📅 Venres, 6 de novembro
🕖 19h
📍 MARCO

Grazas pola comprensión.

30/10/2026

En solidariedade coas vítimas e familiares do tráxico accidente de tren, ADIAMOS a convocatoria de manifestación CARA Á FOLGA XERAL: VIGO POLO DEREITO A TEITO deste venres 30 para o venres, 6 de novembro, ás 19h, no MARCO.

Grazas pola atención e desculpade as molestias.🙏

As mulleres migrantes non poden seguir pagando o prezo da desigualdade, o racismo e a explotación.As compañeiras  e Geni...
23/10/2026

As mulleres migrantes non poden seguir pagando o prezo da desigualdade, o racismo e a explotación.

As compañeiras e Geni Pillado Nebra estiveron onte no encontro sindical de mulleres da UGT, adicado este ano ás mulleres migrantes. Nel púxose o foco nunha realidade que non podemos tolerar nin normalizar.

➡️ Mulleres con estudos e carreiras profesionais topan barreiras para exercer a súa profesión e acaban traballando no sector da limpeza ou dos coidados, sen que se recoñezan a súa formación e experiencia.

➡️ Empregadas do fogar internas sometidas a condicións abusivas, con apenas un día de descanso.

➡️Mulleres enganadas por redes de trata, endebedadas e forzadas a exercer a prostitución.

Non falamos de casos illados, senón dunha realidade marcada pola precariedade, a discriminación e a vulneración de dereitos.

Desde Esquerda Unida esiximos reforzar a inspección laboral para combater os abusos no emprego do fogar, garantir condicións de traballo dignas e descanso efectivo, facilitar o recoñecemento das titulacións estranxeiras e combater con recursos suficientes as redes de trata e explotación sexual.

21/10/2026

O dereito á manifestación é un piar fundamental da nosa democracia. As desproporcionadas cargas policiais vividas na Coruña son un ataque directo contra a cidadanía que reclama e defende os seus dereitos na rúa.

Desde Esquerda Unida condenamos firmemente esta actuación represiva e esiximos responsabilidades inmediatas. Non podemos permitir que se normalice a violencia como resposta institucional ante a mobilización social.

Toda a nosa solidariedade está coas persoas feridas e represaliadas. A Coruña é antifascista ✊🔻

14/10/2026

Vigo saíu á rúa polo dereito á vivenda. E a mobilización continúa coa acampada na Alameda da Praza de Compostela.

Mentres A Coruña e Compostela avanzan nas medidas para conter os prezos, en Vigo seguimos agardando. O Concello non pode continuar paralizado ante uns alugueiros que dificultan a emancipación da mocidade e obrigan moitas familias a marchar dos seus barrios.

Dende Esquerda Unida defendemos máis vivenda pública, alugueiros accesibles e medidas reais para que vivir na nosa cidade non sexa un luxo.

Vivir en Vigo ten que ser un dereito, non un negocio para uns poucos.✊🏠



Teresa Marchante: “A xente está saíndo á rúa porque acceder a unha vivenda digna é cada vez máis difícil. O Concello non pode seguir mirando para outro lado”. Vigo, 13 […]

Desde Esquerda Unida lamentamos profundamente o falecemento do noso histórico compañeiro José Antonio Quintela Rodríguez...
14/10/2026

Desde Esquerda Unida lamentamos profundamente o falecemento do noso histórico compañeiro José Antonio Quintela Rodríguez

Queremos trasladar as nosas máis sinceras condolencias á súa familia, amizades e seres queridos.

O seu recordo acompáñanos e lémbranos a importancia de manter vivo o compromiso e os valores das xeracións que abriron camiño.

Que a terra che sexa leve, compañeiro ✊🔻

Onte, Vigo volveu saír á rúa para reclamar o dereito a unha vivenda digna. A concentración deu paso a unha acampada que ...
13/10/2026

Onte, Vigo volveu saír á rúa para reclamar o dereito a unha vivenda digna. A concentración deu paso a unha acampada que mantén viva unha reivindicación que non pode seguir agardando.
Mentres os alugueiros non deixan de subir e cada vez é máis difícil vivir na nosa cidade, cómpre pasar das palabras aos feitos.
Dende Esquerda Unida defendemos un Vigo no que ninguén teña que marchar do seu barrio por non poder pagar un alugueiro.
Vivir en Vigo ten que ser un dereito, non un negocio para uns poucos. ✊🏠

Vigo teno claro: A vivenda é un dereito e non un negocio.Ata acabar coa especulación e o rentismo!Seguimos✊🔻
03/10/2026

Vigo teno claro: A vivenda é un dereito e non un negocio.
Ata acabar coa especulación e o rentismo!
Seguimos✊🔻

Votaron non, enchemos as rúas!A mobilización é clave para blindar o dereito á vivenda.Acabouse a especulación, QUE O SAI...
02/10/2026

Votaron non, enchemos as rúas!

A mobilización é clave para blindar o dereito á vivenda.
Acabouse a especulación, QUE O SAIBAN!

🗓️ Sábado 3 outubro
🕖 19h
📍Cruce Vía Norte con Urzáiz

A vivenda é un dereito non un negocio.

Novo curso político e nada mellor que xuntarnos para compartir avances, recoller propostas, e si,  tamén houbo un pequen...
30/09/2026

Novo curso político e nada mellor que xuntarnos para compartir avances, recoller propostas, e si, tamén houbo un pequeno petisco. Unha xornada perfecta para rencontrarnos e coller enerxía.
Sabemos que algunas persoas non poidestes achegarvos, pero recollemos tamén a vosa enerxía para continuar traballando na cidade que merecemos.
Se queres dar o paso e axudarnos á construíla, escríbenos!

Dirección

Porta Do Sol 11 Bis, Entrechán
Vigo
36202

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Esquerda Unida Vigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Esquerda Unida Vigo:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos