Biblioteca Municipal de Tui

Cómo llegar Página web

Biblioteca Municipal de Tui Páxina oficial de Facebook da Biblioteca Pública Municipal de Tui

29/10/2026
Algúns dos libros, non todos, recén chegados á biblioteca e que xa están agardando a que os levedes para casa.
27/10/2026

Algúns dos libros, non todos, recén chegados á biblioteca e que xa están agardando a que os levedes para casa.

Algúns, non todos, dos libros recén chegados á biblioteca que xa están agardando que os levedes para as vosas casas.
27/10/2026

Algúns, non todos, dos libros recén chegados á biblioteca que xa están agardando que os levedes para as vosas casas.

Este sábado, 24 de outubro, para celebrar o Día das Bibliotecas, a compañía Loia Producións presentará o seu espectáculo...
22/10/2026

Este sábado, 24 de outubro, para celebrar o Día das Bibliotecas, a compañía Loia Producións presentará o seu espectáculo “A boneca de trapo” a partir das 11,30 horas da mañá, un contacontos pensado para a rapazada entre 5 e 12 anos.

A obra conta a historia de Mara, unha nena moi curiosa á que lle encanta ler e descubrir contos, unha afección que comparte coa súa avoa Lola, á que tamén lle encanta ler e escribir historias. A súa vida cambia cando recibe como agasallo unha boneca de trapo que axiña se converte no seu xoguete favorito. A partir de entón, Mara comeza a imaxinar os diferentes papeis que podería desempeñar a boneca, desde princesa ata pirata ou escritora. Con todo, as conversas coa súa avoa permítenlle descubrir a vida de mulleres que contribuíron a cambiar a historia, o que transforma a súa maneira de entender o mundo e tamén as posibilidades de futuro que imaxina para a súa boneca e para si mesma.

A través desta historia, a representación busca fomentar a igualdade e cuestionar os estereotipos de xénero desde a infancia, ao tempo que pon en valor a importancia dos referentes femininos para a sociedade.

Continuamos co “Mes da Biblioteca” mañá martes, 20 de outubro, ás 17,30 horas, con un contacontos para bebés a cargo de ...
19/10/2026

Continuamos co “Mes da Biblioteca” mañá martes, 20 de outubro, ás 17,30 horas, con un contacontos para bebés a cargo de Charo Pita, “Colorín, colorete”.
Charo Pita é actriz cunha ampla experiencia en narración oral e neste contacontos para bebés xoga co seu corpo e a súa voz para captar a atención, cambiando os tons de cada personaxe, acompañando cada historia con xestos e pequenas cancións que invitan a participar ao público.
Como sinala a propia Charo Pita o espectáculo combina “as historias de Colorín Colorete, esa frase onde rematan todos os contos. As cancións de Colorín Colorete, o berce onde se arrolan todas as cantigas. Bicos de Colorín Colorete, o lugar onde se sementan todos os bicos. Contos, cantigas e bicos tan miudiños, pero tan tenros e rebuldeiros como os máis cativos da casa. Había unha vez.... un colorín colorete...”

Continuamos co “Mes da Biblioteca” mañá martes, 20 de outubro, ás 17,30 horas, con un contacontos para bebés a cargo de ...
19/10/2026

Continuamos co “Mes da Biblioteca” mañá martes, 20 de outubro, ás 17,30 horas, con un contacontos para bebés a cargo de Charo Pita, “Colorín, colorete”.
Charo Pita é actriz cunha ampla experiencia en narración oral e con este contacontos para bebés xoga co seu corpo e a voz para captar a atención, cambiando os tons de cada personaxe, acompañando cada historia con xestos e pequenas cancións que invitan a participar ao público.
Como sinala a propia Charo Pita o espectáculo combina “as historias de Colorín Colorete, esa frase onde rematan todos os contos. As cancións de Colorín Colorete, o berce onde se arrolan todas as cantigas. Bicos de Colorín Colorete, o lugar onde se sementan todos os bicos. Contos, cantigas e bicos tan miudiños, pero tan tenros e rebuldeiros como os máis cativos da casa. Había unha vez.... un colorín colorete...”

19/10/2026

"Na Penumbra do tempo: 800 anos de luz e sombra na Catedral de Tui" é o título da exposición fotográfica de Gus Abreu que se inaugura esta tarde.
📍Sala Municipal de Exposicións. Edificio Francisco Sánchez
🗓 Hoxe luns, 19 de outubro, ás 20 h

Hoxe mércores, ás 19.30 h, inauguramos a exposición bibliográfica “O sentido de Alicia”, unha colección de Fátima García...
14/10/2026

Hoxe mércores, ás 19.30 h, inauguramos a exposición bibliográfica “O sentido de Alicia”, unha colección de Fátima García Doval, que recolle 90 edicións diferentes do libro “Alicia no país das marabillas” de Lewis Carrol.

Esta exposición estará aberta no Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o 10 de xaneiro de 2027.

13/10/2026

🌲“Qué contan as árboles…?” este é o título do contacontos que o grupo Maquinarias Teatro presenta hoxe martes, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal de Tui
É un espectáculo de narración oral que combina contos, obxectos e poesía visual para achegarnos á relación entre humanidade e natureza.

A narradora constrúe o relato a partir de fragmentos de obras de autores como Gianni Rodari (Historia Natural e O mundo en lata), Shel Silverstein (A árbore xenerosa) e tamén dun conto propio de Helga Méndez, A muller-árbore, inspirado na vida de Wangari Maathai, Premio Nobel da Paz e impulsora do Movemento Cinto Verde en África.

🗓 Hoxe martes 13 ás 17.30 h 📍Na Biblioteca Municipal
📖 Que contan as árbores? con Maquinarias Teatro

ℹ web municipal

03/10/2026

A Biblioteca Municipal de Tui acolle o próximo martes, 6 de outubro, ás 17.30 h un obradoiro titulado “Debuxar as letras” a cargo da ilustradora Alba Farto, co que comezan as actividades do “Mes da Biblioteca” dirixidas á cativada.

Neste obradoiro, impartido pola debuxante e ilustradora Alba Farto, daranse os primeiros pasos na técnica do lettering empregando diversas ferramentas: tinta, pincel, rotuladores. Aprenderanse as bases para seguir practicando na casa e acabar escribindo con soltura, e por que non?, creando unha obra propia.

✍Os rapaces e rapazas interesados nesta actividade deben inscribirse na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico: [email protected]

ℹ Na web municipal

Dirección

Rúa Colón, 2
Túy
36700

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
15:30 - 20:30
Martes 09:00 - 14:00
15:30 - 20:30
Miércoles 09:00 - 14:00
15:30 - 20:30
Jueves 09:00 - 14:00
15:30 - 20:30
Viernes 09:00 - 14:00
15:30 - 20:30
Sábado 09:00 - 13:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca Municipal de Tui publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos