Partido Popular de Tui

Partido Popular de Tui Partido Popular do Concello de Tui.

💙 Tui con Ceuta.Este mércores, 2 de setembro ás 20:00 h, sumámonos á concentración convocada pola FEMP para amosar a nos...
01/09/2026

💙 Tui con Ceuta.

Este mércores, 2 de setembro ás 20:00 h, sumámonos á concentración convocada pola FEMP para amosar a nosa solidariedade e apoio a Ceuta e á súa veciñanza.

Desde o PP de Tui queremos facer un chamamento a toda a veciñanza para participar e facer visible, tamén desde Tui, o noso apoio.

📍 Fronte ao Concello de Tui
🗓️ Mércores, 2 de setembro
🕗 20:00 h

Porque, mesmo na distancia, Ceuta non está soa. 💙

Hoxe despedimos a Víctor Coyote (Tui, 1958–2026), un artista que sempre fixo as cousas á súa maneira 🧡Fundador de Los Co...
14/08/2026

Hoxe despedimos a Víctor Coyote (Tui, 1958–2026), un artista que sempre fixo as cousas á súa maneira 🧡

Fundador de Los Coyotes, a música foi só unha parte dunha vida dedicada a crear, tamén a través do debuxo, o audiovisual ou a escrita.

Hoxe toca despedilo e agradecer todo o que deixa detrás.

O noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e persoas achegadas.

Ata sempre, Víctor.

🎶 A Deputación de Pontevedra trae música a Tui!O vindeiro 15 de agosto, a Mekánika Rolling Band chega á nosa cidade da m...
12/08/2026

🎶 A Deputación de Pontevedra trae música a Tui!

O vindeiro 15 de agosto, a Mekánika Rolling Band chega á nosa cidade da man do programa +Música da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que apoia a programación artística profesional en galego nos concellos da provincia.

🥁 Unha banda de rúa que leva anos percorrendo escenarios e festas por toda a Península e por diferentes países de Europa, levando a música galega alá por onde pasa.

📅 15 de agosto
📍 Tui

Se queremos construír un Tui mellor, o primeiro é escoitar ás persoas que o viven cada día.Por iso iniciamos unha serie ...
28/07/2026

Se queremos construír un Tui mellor, o primeiro é escoitar ás persoas que o viven cada día.

Por iso iniciamos unha serie de reunións polas parroquias para coñecer de primeira man as necesidades, preocupacións e propostas da veciñanza.

Porque ninguén coñece mellor unha parroquia que quen vive nela, e estamos convencidos de que as mellores ideas para mellorar Tui non nacen nun despacho, senón escoitando á súa xente.

🏰 O PORRIÑO TEN PORRIGALIA. TUI TIÑA ARRAIANOS.Porrigalia é hoxe unha festa consolidada. Ano tras ano foi medrando porqu...
26/07/2026

🏰 O PORRIÑO TEN PORRIGALIA. TUI TIÑA ARRAIANOS.

Porrigalia é hoxe unha festa consolidada. Ano tras ano foi medrando porque houbo continuidade, aposta e tempo para facelo.

En Tui, Arraianos demostrou algo moi difícil: desde a súa primeira edición, e cun orzamento moi reducido, conseguiu situarse ao nivel de festas que precisaron entre 5 e 10 anos para chegar ata aí.

E fíxoo tendo algo que Tui non necesita inventar: un dos mellores escenarios posibles para unha celebración destas características. A nosa historia, o noso patrimonio e un conxunto histórico único.

Arraianos tiña potencial para converterse nunha das grandes citas de Tui. Pero, en lugar de deixalo medrar, puxéronlle pedras no camiño ata facelo desaparecer.

Nós témolo claro: queremos recuperar Arraianos.

Non para volver atrás, senón para retomar un proxecto que funcionou, facelo medrar e darlle a continuidade que nunca lle permitiron ter.

Porque se outros concellos son capaces de consolidar eventos así, Tui ten historia, patrimonio e potencial de sobra para facelo aínda mellor.

Comprometémonos a traer Arraianos de volta.

Arraianos Tui

Levamos anos dicíndoo nos plenos, nos medios de comunicación e tamén nas redes sociais: o principal problema deste gober...
27/06/2026

Levamos anos dicíndoo nos plenos, nos medios de comunicación e tamén nas redes sociais: o principal problema deste goberno non é o que fai, senón como o fai.

Porque claro que con cartos públicos pódense inaugurar rúas, facer obras ou presentar novos proxectos. Iso é o fácil.

O difícil é planificar ben, pensar a longo prazo, prever os problemas antes de gastar o diñeiro e garantir que cada investimento responda a unha necesidade real dos veciños.

O caso das cámaras é un exemplo perfecto.

Primeiro anunciaron o sistema.

Despois adxudicaron o contrato.

Máis tarde ampliaron a instalación con novas cámaras.

Instalaron as cámaras e so despois aprobaron a ordenanza!!

E agora, despois de investir máis de 107.911€ e todavía seguen chegando facturas (de 20.000€), seguimos preguntando algo tan básico como:

👉 Están funcionando?

E se non funcionan, por que?

O preocupante é que isto non é un caso illado. É unha forma de gobernar que vemos unha e outra vez: proxectos que se anuncian antes de estar definidos, actuacións que aparecen sen unha planificación global e problemas que rematan resolvéndose a última hora porque non foron previstos cando correspondía.

Por iso o Partido Popular non está aquí para dicir que non a todo.

Estamos aquí para facer o que nos corresponde como oposición: fiscalizar, preguntar e esixir que os proxectos se fagan con transparencia, planificación e sentido común. De feito, o PP de Tui xa presentou un recurso contencioso-administrativo e seguimos reclamando a súa reversión inmediata.

Porque o diñeiro público non é do goberno.

É de todos os veciños de Tui.

E os veciños merecen algo máis que unha foto o día da inauguración.

Merecen proxectos que funcionen.

💡 TUI 20.000 | Un obxectivo para construír entre todas e todos Tui ten a día de hoxe 17.468 habitantes (INE). Pero detrá...
23/06/2026

💡 TUI 20.000 | Un obxectivo para construír entre todas e todos

Tui ten a día de hoxe 17.468 habitantes (INE). Pero detrás desa cifra hai moito máis que un número: hai familias, comercios, asociacións, proxectos de vida, persoas que decidiron construír aquí o seu futuro e mozos que queren poder seguir facéndoo.

Porque unha cidade non medra polas obras que inaugura nin polos anuncios que presenta. Unha cidade medra cando é capaz de ofrecer oportunidades, cando a súa veciñanza sente que forma parte dela e cando cada vez máis persoas queren vivir, traballar e desenvolver aquí o seu proxecto de vida.

Nos últimos anos vimos investimentos e proxectos importantes, pero tamén problemas que continúan sen resolverse e decisións que, en demasiadas ocasións, se tomaron sen contar coa veciñanza. Nós cremos que existe outra maneira de facer as cousas.

Por iso iniciamos hoxe TUI 20.000, un proxecto para escoitar, propoñer e construír. Un espazo para falar de vivenda, comercio, mobilidade, cultura, patrimonio, emprego, fiscalidade e calidade de vida, pero sobre todo para reflexionar sobre o futuro que queremos para o noso concello.

Non queremos presentar unha lista de promesas. Queremos abrir unha conversa coa cidadanía, coñecer as súas prioridades e construír, entre todos, unha folla de ruta realista para facer de Tui un lugar cada vez mellor para vivir.

🗑️ Que falla na xestión do lixo en Tui?Os veciños están a pagar unha das taxas do lixo máis altas da provincia, mentres ...
19/06/2026

🗑️ Que falla na xestión do lixo en Tui?

Os veciños están a pagar unha das taxas do lixo máis altas da provincia, mentres o servizo segue acumulando problemas pola mala xestión.

❌ Taxa do lixo por riba dos 150€ por vivenda.
❌ Perda de 64.000€ do canon reducido de Sogama.
❌ Perda de 41.000€ para a adquisición de contedores.
❌ Irregularidades na contratación da recollida selectiva.

Desde o PP de Tui pedimos unha licitación conxunta da recollida selectiva, cartón e papel e do punto limpo, que permita reducir os custos do servizo e aliviar a carga que soportan os veciños.

📉 Pagamos máis.
📉 E recibimos menos.

🚨 O PP de Tui denuncia que o goberno local está excluíndo aos nenos con necesidades de apoio ou discapacidade dos campam...
22/05/2026

🚨 O PP de Tui denuncia que o goberno local está excluíndo aos nenos con necesidades de apoio ou discapacidade dos campamentos municipais de verán.

As bases recollen que os menores cunha discapacidade igual ou superior ao 33% só poderán participar se acreditan “capacidade de integración” mediante informes médicos, educativos ou sociais.

Para os populares, esta medida é “inadmisible” e vai contra os principios de igualdade, inclusión e accesibilidade que debe garantir un servizo público.

👉 Mentres outros concellos solicitan información para adaptar os campamentos ás necesidades de cada neno, en Tui establécense barreiras que dificultan a conciliación de moitas familias.

Resulta difícil entender que un goberno que busca proxectar unha imaxe de “Cidade Amiga da Infancia” impulse ao mesmo tempo unhas bases que deixan atrás precisamente aos nenos que máis apoio precisan. Porque as fotos e os titulares non serven de nada se despois as políticas reais non garanten igualdade e inclusión.

O PP esixe ao goberno local que rectifique e modifique as bases para garantir que todos os nenos poidan participar en igualdade de condicións.

✨ Presentamos a nova colección CORREDOIRA 2026™Unha proposta estética innovadora baseada na combinación libre de textura...
19/05/2026

✨ Presentamos a nova colección CORREDOIRA 2026™

Unha proposta estética innovadora baseada na combinación libre de texturas, tons e acabados urbanos. Cada tramo vive a súa propia experiencia cromática.

📝 Despois do gasto realizado, estes parcheados e esta “experiencia cromática” dispar non deberían existir nunha rúa completamente nova. Os parches xa parecen a súa insignia de actuación: parchean incluso o que acaba de estrearse… 🤦🏼‍♂️

E ademais, lembramos algo básico: a renovación dunha rúa non remata cando se inaugura. O verdadeiro problema chega despois, cando o mantemento diario nin está… nin se lle espera.

👉 Pero sigamos coa retranca... ti, con cal te identificas?

Dirección

Túy
36700

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Partido Popular de Tui publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir