Concello de Sobrado

Concello de Sobrado Páxina oficial en Facebook do Concello de Sobrado. Sobrado dos Monxes é un municipio da provincia da Coruña pertencente á comarca de Terra de Melide.

As dez parroquias do municipio distribúense abarcando 126 quilómetros cadrados de extensión. As parroquias son as seguintes:

CARELLE (San Lourenzo): Campelos, Carelle, A Casanova, Castro, Froxa, A Igrexa, Lamas, Madelos, Peruxil, Piñeiro de Abaixo, O Seixo, Senín, Tamarela, As Tres casas, Xiá. A CIADELLA (Santa María): Aldea do Medio, A Cal, A Capela, Castrelo, As Gándaras, Igrexa, Insua, Liorfe

, Martín, Ribas, Sandá, Sante. CODESOSO (San Miguel): Abeledo, As Abeleiras, Anuqueira, Bidueiros, Castro do Seixo, A Espiñeira, Fondo de Codesoso, A Fraga, A Lagoa, Lodeiro, Manciñeiras, Marco das Pías, O Mesón, Muradelo, Picoto, Porto do A**o, Redigode, Xangote. CUMBRAOS (San Xiao): Acibreira, Aldea do Muíño, Armada, Camareiro, Carral, Casa Camiño, O Cepo, Cimadevila, As Cruces, Cruz do Castro, Eirixe, A Fraga, Guisó, O Lago, Medoña, Outeiro, Pereiro de Abaixo, Pereiro de Arriba, Portacal, Portocavado, Prevencidos, Torre, Viladomonte, Vilamor, Vilar da Maceira, Vilar. FOLGOSO (Santa Cristina): Barcioi, A Cabana, Carballás, Carregoto, Corral de Senín, Fondaldea, Medorra, O Mesón, A Ponte San Pedro, Sixto. GRIXALBA (San Xiao): Adamonde, Amenedo, Barrio, Brixaría, Casal de Abaixo, Casal de Arriba, Castro, Codesoso do Monte, Costoia, Coto, As Cruces, Dombrete, Farlá, Guiximil, Lagoa, Laxe, Lousado, Orxás, Paraños, Penagrande, Porto de Abaixo, Rañón, Sabugueira, Sante, Santó, Suavila, Uceira, Vilarchá,Vilasuso. NOGUEIRA (San Xurxo): Balbís, A Barra, Casal, Casanova, Freirá, Mosquieros, Nogueira, Pedra Lobeira, Piñeiro de Arriba, Os Tellados, Vallo. PORTA (San Pedro). A Acea, Alvariza, Amilladoiro, Bustomaior, Carreira, Casa do Gado, Casiñas, Castro, Cotarón, Couso, Eirexenova, Gondrei, Guitizá, Lodeiro, Louseira, Mirador, Outeiro, Pontepedra, Porcariza, Reboredo, Plaza Portal, Torante, Vilanova, Vilarchao. POUSADA ( San Mamede): Cabanas, Campelo, O Campo, Casanova, Cimadevila, Grandameá, Grañas, Paio, Pousada de Abaixo, Pousada de Arriba, Ramil, Regas, Sabegode, Sar, Xunta de Augas, A Zanca. ROADE (Santo André): Altopaso, Brea, Campoverde, Esgueva, Golmar, Mandeo, Mato, Monteagudo, Outeiro, Vilariño.

📢 MADRUGADORES – CONCILIA 2026/2027 👧🧒Xa está aquí o novo curso de Madrugadores Concilia do Concello de Sobrado! 💚📝 As i...
01/09/2026

📢 MADRUGADORES – CONCILIA 2026/2027 👧🧒

Xa está aquí o novo curso de Madrugadores Concilia do Concello de Sobrado! 💚

📝 As inscricións comezan mañá, 2 de setembro, en horario de oficina no Concello.

📅 O prazo permanecerá aberto ata o 7 de setembro.
💶 20 €/mes
📅 Xornadas soltas: 3 €/día
⏰ A partir das 8:00 h no CEIP Virxe do Portal.

Para solicitar o servizo será necesario cubrir a folla de inscrición e presentala no Concello. Pódese solicitar o curso enteiro ou xornadas soltas.

ℹ️ Máis información no Concello ou no 981 787 508 (Ext. 5).

👉 Lembra: mañá comezan as inscricións! 📝💚

🏊‍♀️💦 Hoxe é o último día da tempada! 💦🏊‍♂️Chega o momento de despedirnos da piscina municipal por este verán. ☀️🌊👉 A pa...
31/08/2026

🏊‍♀️💦 Hoxe é o último día da tempada! 💦🏊‍♂️

Chega o momento de despedirnos da piscina municipal por este verán. ☀️🌊

👉 A partir de mañá, 1 de setembro, a piscina permanecerá pechada.

Moitas grazas a todas e todos os que nos acompañastes e desfrutastes destas semanas! 💙

Vémonos a próxima tempada! 👋😊

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO – NIVEL AMARELOA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos mete...
25/08/2026

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO – NIVEL AMARELO

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos por chuvias e tormentas previsto para mañá, mércores 26 de agosto, desde a madrugada ata media tarde.

📍 Afectará á zona de A Coruña, entre outras áreas de Galicia.

🌧️ Espéranse precipitacións intensas, que poderán superar os 15 l/m² nunha hora, con posibilidade de tormentas fortes e sarabia. Ademais, non se descarta que, de maneira puntual, se produzan tormentas de intensidade superior.

➡️ Recoméndase adoptar as medidas preventivas necesarias e extremar a precaución durante o episodio.

🚨 Ante calquera emerxencia, chame ao 112.

ℹ️ Máis información:
AEMET · www.aemet.es
112 Galicia · www.axega112.gal
MeteoGalicia · www.meteogalicia.gal

♻️ Sobrado mellorará o seu Punto LimpoA Xunta de Galicia concede ao Concello de Sobrado unha achega de 79.745,16 € para ...
25/08/2026

♻️ Sobrado mellorará o seu Punto Limpo

A Xunta de Galicia concede ao Concello de Sobrado unha achega de 79.745,16 € para a reparación e posta en marcha do Punto Limpo municipal.

Hoxe tivemos a oportunidade de recibir nas instalacións á Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, e á Directora Xeral de Calidade e Sustentabilidade, María José Echevarría, que coñeceron de primeira man o proxecto de actuación. Foron recibidas polo Alcalde de Sobrado, Luis Lisardo Santos.

Esta achega permitirá mellorar a instalación e poñer novamente en funcionamento o Punto Limpo, reforzando así este servizo municipal e facilitando á veciñanza a correcta xestión dos residuos.

A actuación está cofinanciada pola Unión Europea no marco do Plan Galicia-FEDER 2021-2027.

Unha mellora importante para Sobrado e para seguir avanzando no coidado do noso contorno. 🌱

✨ Carlos Núñez chega a Sobrado coa súa xira “Lugares Máxicos 2026”! 🎶O vindeiro 6 de setembro, ás 20:00 h, a espectacula...
24/08/2026

✨ Carlos Núñez chega a Sobrado coa súa xira “Lugares Máxicos 2026”! 🎶

O vindeiro 6 de setembro, ás 20:00 h, a espectacular Igrexa Maior de Santa María de Sobrado converterase no escenario dun concerto moi especial.

🎵 O noso gaiteiro máis internacional celebra os 30 anos de A Irmandade das Estrelas, o disco que marcou un antes e un despois na música celta e na nosa cultura.

Unha viaxe sonora por tres décadas de música, encontros e conexións sorprendentes, nun lugar único. 💫

📅 6 de setembro de 2026
🕗 20:00 h
📍 Igrexa Maior de Santa María de Sobrado
🎟️ Entradas desde 26,60 €

👉 Non perdas a oportunidade de vivir esta experiencia máxica en directo!



ENLACE PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS:
https://pago.ataquilla.com/ #/event/X3AMCP65/session/1T6P8Z3G1/zone/109186

Que ben o pasamos onte con “Aínda estamos de festa! (O Xacobeo dos Veteráns)”, de Pepo Suevos e  ! 🎭🎉Grazas de corazón a...
21/08/2026

Que ben o pasamos onte con “Aínda estamos de festa! (O Xacobeo dos Veteráns)”, de Pepo Suevos e ! 🎭🎉

Grazas de corazón a toda a xente que se achegou ao Mercado Municipal de Sobrado para compartir esta divertida velada con nós. 💛

E agora queda unha pregunta no aire… 👀
Atoparán a Carmiña? 🤔

✨ A la luz de las velas chega a Sobrado 🕯️🎹O Mosteiro de Santa María de Sobrado será o escenario dunha noite moi especia...
21/08/2026

✨ A la luz de las velas chega a Sobrado 🕯️🎹

O Mosteiro de Santa María de Sobrado será o escenario dunha noite moi especial: un concerto de piano nun entorno único, iluminado por centos de velas.

🎶 A la luz de las Velas
Grandes bandas sonoras de Williams, Morricone, Zimmer, Vangelis, Horner, Barry e moitos máis.

📅 Sábado, 26 de setembro de 2026
🕗 20:00 h
📍 Sala Capitular – Mosteiro de Santa María de Sobrado (A Coruña)

Unha experiencia para g***r da música, da historia e da maxia das velas nun espazo incomparable. ✨

🎟️ Compra xa as túas entradas e non perdas esta ocasión única.

👉 Por primeira vez en Sobrado.

Coruña

🎭 HOXE EN SOBRADO: “AÍNDA ESTAMOS DE FESTA”! 🎶Lembrade que hoxe, xoves 20 de agosto, ás 20:00 horas, temos unha cita no ...
20/08/2026

🎭 HOXE EN SOBRADO: “AÍNDA ESTAMOS DE FESTA”! 🎶

Lembrade que hoxe, xoves 20 de agosto, ás 20:00 horas, temos unha cita no Mercado Municipal de Sobrado coa función “Aínda estamos de festa”, protagonizada polo actor e humorista Pepo Suevos e o polifacético músico Dani Dopazo.

Un espectáculo para rir, cantar e desfrutar con moito humor, cancións de sempre e grandes lembranzas. 😄🎵

👉 Entrada de balde!

📍 Mercado Municipal de Sobrado
🕗 20:00 horas

Organiza: Concello de Sobrado

💛 Porque a vida é mellor se… aínda estamos de festa!!!

🌧️ CAMBIO DE EMPRAZAMENTO | “AÍNDA ESTAMOS DE FESTA” 🎶🎭Debido ás previsións de choiva para mañá, xoves 20 de agosto, a f...
19/08/2026

🌧️ CAMBIO DE EMPRAZAMENTO | “AÍNDA ESTAMOS DE FESTA” 🎶🎭

Debido ás previsións de choiva para mañá, xoves 20 de agosto, a función “Aínda estamos de festa”, de Pepo Suevos e Dani Dopazo, celebrarase finalmente no Mercado Municipal de Sobrado.

📍 Novo lugar: Mercado Municipal de Sobrado
📅 Mañá, xoves 20 de agosto
🕗 20:00 horas
🎟️ Entrada de balde

Música, humor, lembranzas e moitas ganas de pasalo ben! ❤️

Agardámosvos no Mercado Municipal!
Porque a vida é mellor se… Aínda estamos de festa!!! 🎶👏

Oferta de Emprego
18/08/2026

Oferta de Emprego

Dirección

Praza Portal 1
Sobrado
15813

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Sobrado publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Sobrado:

Atajos

Compartir

Categoría