Concello de Vilasantar

Concello de Vilasantar Páxina oficial do Concello de Vilasantar.

Unha pequena fiestra para asomarse ao municipio, a nosa organización, os servizos que prestamos, eventos, programas, cursos, actividades culturais e deportivas, axudas, turismo…

🤩 A vindeira fin de semana non faltes ás festas na honra a Santa María no Mezonzo!👉 Sábado, 12 de setembro, misa solemne...
06/09/2026

🤩 A vindeira fin de semana non faltes ás festas na honra a Santa María no Mezonzo!

👉 Sábado, 12 de setembro, misa solemne ás 13 h, sesión vermú co Dúo Reflejos e xantar popular no campo da festa.
🍽️ Empanada, churrasco de porco con patacas e criollo, auga, refresco, viño, gaseosa, postre, café e chupito.
➡️ Adultos 25 €; crianzas 12€.
❗️ Anótate no 699 11 92 22 ou 651 88 20 19.
🎶 Pola tarde, sesión a partir das 19 h a cargo do Dúo Reflejos e Karamba.

👉 Domingo, 13 de setembro, misa solemne ás 13 h e sesión vermú co Dúo Calú.

⛪🎵 Espazos Sonoros convídanos a participar na experiencia de habitar o patrimonio histórico a través da observación e a ...
04/09/2026

⛪🎵 Espazos Sonoros convídanos a participar na experiencia de habitar o patrimonio histórico a través da observación e a escoita con "Persistencias".

📅 Sábado 19 de setembro.
👉 16.00 h, pequeno percorrido pola ruta dos muíños do río das Gándaras, saíndo dende a igrexa de Santa María do Mezonzo.
‼ Inscrición: do 15 ao 17 de setembro en [email protected]

👉 Concerto de Reïna Lupa.
📍 Santuario da Laxe
⏰ 19.00 h
‼ Entrada libre ata completar aforo.

Podes descargar o folleto completo deste programa da Deputación da Coruña en: ⤵️
https://vilasantar.gal/espazos-sonoros-en-vilasantar/

🧠 Charla de aproximación ao Dano Cerebral Adquirido.A asociación Dano Cerebral Galicia afondará nas causas desta doenza,...
03/09/2026

🧠 Charla de aproximación ao Dano Cerebral Adquirido.

A asociación Dano Cerebral Galicia afondará nas causas desta doenza, as secuelas que pode provocar e os recursos de atención á disposición da cidadanía.

📆 15 de setembro
📍 Local social de Prásaras
⏰ De 11 a 12.30 h

📝 Inscríbete para participar escaneando o QR da imaxe ou chamando ao departamento municipal de Servizos Sociais: 981 778 257.

❗️ É imprescindible chegar a un mínimo de 10 persoas inscritas para realizar a sesión

A Federación Española de Municipios e Provincias convoca concentracións en solidariedade e apoio á poboación ceutí.📆 Hox...
02/09/2026

A Federación Española de Municipios e Provincias convoca concentracións en solidariedade e apoio á poboación ceutí.

📆 Hoxe, 2 de setembro, Día de Ceuta.
📍 Diante da casa consistorial
⏰ Ás 20.00 h

🩸 Ademais dos locais de doazón fixos nas sete grandes cidades galegas, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos des...
01/09/2026

🩸 Ademais dos locais de doazón fixos nas sete grandes cidades galegas, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos despraza dez unidades móbiles polas catro provincias na procura de doazóns de sangue.
👉 Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Vilasantar para facilitar a participación da veciñanza na campaña solidaria de verán.

📆 Mércores, 9 de setembro.
⏰ De 16:00 a 18:00 horas.
📍Diante do centro de saúde de Présaras.

En Galicia precísanse máis de 400 doazóns de sangue ao día para atender urxencias, intervencións cirúrxicas, transplantes... Doando sangue estás salvando vidas. 🙌

🦖 O campamento do CEIP de Présaras pechou a edición de 2026 por todo o alto cunha excursión a Terra Nublar!🙏 Moitas graz...
31/08/2026

🦖 O campamento do CEIP de Présaras pechou a edición de 2026 por todo o alto cunha excursión a Terra Nublar!

🙏 Moitas grazas ás monitoras de Pobo Aventura por facer das mañás de verán toda unha aventura, chea de diversión, aprendizaxe, concienciación, deporte, amizade...

Á súa vez transmitimos o agradecemento ás familias por confiar nelas e ao persoal municipal e ás persoas que colaboraron nas actividades. Grazas a todos e todas, este verán foi inesquecible para os nenos e nenas de Vilasantar! 🤩

🤩 A última semana do campamento do CEIP de Présaras está a ser toda unha aventura! A rapazada está aprendendo, movéndose...
27/08/2026

🤩 A última semana do campamento do CEIP de Présaras está a ser toda unha aventura! A rapazada está aprendendo, movéndose e divertíndose moitísimo!

⛪ Primeiro fixeron unha visita á igrexa de San Pedro de Présaras. Se queredes saber de onde ven o nome de Présaras, preguntade aos nenos e nenas campistas! 🤗

🏥 Despois visitaron o centro de saúde, para saber como funciona a atención primaria e poñer en valor o noso sistema público sanitario. Ademais aprenderon cousas tan útiles como a actuar ante unha persoa desmaiada.

👨‍🚒 Finamente, recibiron a visita dos bombeiros de Arzúa, puxeron a proba o equipamento antiincendios e exploraron cada anaco do camión de bombeiros.

🟡 Fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por choivas e tormentas 🟡⛈️ A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa ...
25/08/2026

🟡 Fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por choivas e tormentas 🟡

⛈️ A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun fenómeno meteorolóxico adverso nivel amarelo por choivas e tormentas. Afectará desde esta madrugada ata media tarde do día de mañá no interior da provincia da Coruña.

A precipitación acumulada nunha hora poderá superar os 15 litros con posibilidade de sarabia e tormentas fortes.

Recomendamos precaución e, ante calquera emerxencia, chamar ao 112.

🤩 O pasado sábado estreamos un novo muíño fugaz na área recreativa do Roseo grazas ao proxecto“Os muíños no camiño”, de ...
24/08/2026

🤩 O pasado sábado estreamos un novo muíño fugaz na área recreativa do Roseo grazas ao proxecto“Os muíños no camiño”, de Galeatro Compañía de Teatro.

Sabela e Xacobe mergulláronnos no valor dos muíños como eixo económico e social en épocas do pasado recente, con moito humor e amor; e na necesidade de mantelos como a riqueza patrimonial galega por excelencia que son.

Moitas grazas por compartir o voso talento con nós! 🫶

💚 A rapazada do campamento do CEIP de Présaras segue a concienciarse sobre a importancia de coidar o medioambiente e o r...
23/08/2026

💚 A rapazada do campamento do CEIP de Présaras segue a concienciarse sobre a importancia de coidar o medioambiente e o rol que cada persoa ten para mellorar a nosa contorna.

🌿 Para iso saíron de sendeirismo ao berro de "BASURALEZA NON", desfrutando da fermosa natureza e recollendo o lixo que outras persoas menos cívicas abandonaron.

🤩 E que fixeron con ese lixo? Convertelo en algo valioso nun eco-xogo con elementos de refugallo.

Que ben están a aproveitar o verán os nenos e nenas de Vilasantar grazas a Pobo Aventura! 🙌

Dirección

Vilasantar
15807

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 19:00
Martes 08:30 - 19:00
Miércoles 08:30 - 19:00
Jueves 08:30 - 19:00
Viernes 08:30 - 19:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Vilasantar publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Vilasantar:

Atajos

Compartir