Concello de Ourol

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Ourol Concello de Ourol
O Mesón s/n 27865
Tlf: 982 559109 Fax: 982 559002

30/10/2026

Lecturas para o Samaín!!👻👻💀❤❤

ENCONTRO DE MAIORES: COMIDA-BAILEO Concello de Ourol está a organizar o XXVII Encontro de Maiores, que terá lugar o vind...
28/10/2026

ENCONTRO DE MAIORES: COMIDA-BAILE

O Concello de Ourol está a organizar o XXVII Encontro de Maiores, que terá lugar o vindeiro domingo, 6 de decembro de 2026, no Restaurante Louzao, en Viveiro.

Unha xornada especial para compartir, desfrutar da boa compañía e celebrar o encontro das persoas maiores do noso concello. ❤️

🍽️ A xornada incluirá unha comida e música en directo!

👥 Quen pode participar?
As persoas de máis de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol.

Tamén poderán asistir:

Cónxuxes non empadroadas/os, aboando o prezo da entrada (50,60 €).

Cónxuxes empadroados/as que non cumpran o requisito de idade, aboando igualmente 50,60 €.

As persoas dependentes poderán acudir cunha persoa acompañante que estará exenta do pagamento da entrada.

💶 Prezo: gratuíto para as persoas empadroadas que cumpran os requisitos de participación.

🎟️ Importante: todas as persoas asistentes deberán recoller a súa entrada nas dependencias municipais.

Agardamos contar coa vosa participación para compartir unha xornada chea de alegría, convivencia e bos momentos! 🥰

Concello de Ourol | Servizos Sociais

Lecturas para o Samaín!👻💀
27/10/2026

Lecturas para o Samaín!👻💀

27/10/2026

📢 LEMBRAMOS QUE HOXE O CIM MÓBIL ESTARÁ EN OUROL

Hoxe, 27 de outubro, o Concello de Ourol recibirá a visita do CIM Móbil, unha unidade itinerante que ofrece información, orientación e asesoramento gratuíto en materia de igualdade, prevención da violencia de xénero, recursos sociais e dereitos das mulleres.

📍 Lugar: Praza detrás do Concello
📅 Data: Hoxe, 27 de outubro de 2026
🕚 Horario: De 11:00 a 13:00 horas

Animamos a toda a veciñanza a achegarse e coñecer os recursos e servizos que o Centro de Información á Muller pon á súa disposición.

💜 A igualdade e a prevención da violencia de xénero son un compromiso de toda a sociedade.

26/10/2026
26/10/2026

📸 EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA «EXPRESS-ARTE» NO CONCELLO DE OUROL

O Concello de Ourol informa dos horarios de visita da exposición fotográfica «Express-Arte, unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte», unha iniciativa que nos convida a reflexionar sobre distintas realidades a través da expresión artística e que contribúe á sensibilización e á loita contra a violencia de xénero.

📍 Lugar: Edificio Multiusos de Ourol.

🕒 HORARIOS DE VISITA

📅 Luns: de 11:00 a 12:30 h.
📅 Martes: de 10:00 a 11:30 h.
📅 Mércores: de 11:00 a 12:30 h.
📅 Xoves: de 11:00 a 12:30 h.
📅 Venres: de 10:00 a 11:30 h.

ℹ️ Queres visitar a exposición fóra destes horarios?

Se estás interesado/a en coñecer a Exposición e non podes acudir nos horarios establecidos, podes contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol para consultar a posibilidade de concertar unha visita.

📞 982 559 109 / 677 489 457

Animámosvos a achegarvos a esta exposición, descubrir as realidades que nos transmite a través da arte e dedicar un tempo á reflexión sobre a igualdade, o respecto e a importancia dunha sociedade libre de violencia de xénero.

💜 Pola igualdade e por unha vida libre de violencia!

Xa temos dispoñible para préstamo a última novela de Camila Lackberg na biblioteca de Ourol. Ideal para estes días de fr...
21/10/2026

Xa temos dispoñible para préstamo a última novela de Camila Lackberg na biblioteca de Ourol. Ideal para estes días de frío previos ó Samaín!!👻🍁🍁🍂💀

Hoxe celebramos o Día das Escritoras,  unha xornada que rende homenaxe á voz, ó talento e ó legado das mulleres na liter...
19/10/2026

Hoxe celebramos o Día das Escritoras, unha xornada que rende homenaxe á voz, ó talento e ó legado das mulleres na literatura. Na biblioteca temos un amplo catálogo de obras escritas por mulleres, tanto en galego como en castelán. Pásate pola nosa biblioteca e descubre as súas voces....

VISITA DO CIM MÓBIL Ó CONCELLO DE OUROL O 27 DE OUTUBROEsta unidade itinerante ofrecerá información, orientación e aseso...
19/10/2026

VISITA DO CIM MÓBIL Ó CONCELLO DE OUROL O 27 DE OUTUBRO

Esta unidade itinerante ofrecerá información, orientación e asesoramento gratuíto en materia de igualdade, prevención da violencia de xénero, recursos sociais e dereitos das mulleres.

📍 Lugar: Praza detrais do Concello.
📅 Data: 27 de outubro de 2026.
🕙 Horario: de 12:00 a 13:00 horas.

Animamos a toda a veciñanza a achegarse e coñecer os recursos e servizos que o Centro de Información á Muller pon á disposición da cidadanía.

Isabel Allende, gañadora do premio Planeta 2026, é unha das escritoras máis queridas polos nosos lectores e lectoras.  P...
16/10/2026

Isabel Allende, gañadora do premio Planeta 2026, é unha das escritoras máis queridas polos nosos lectores e lectoras.
Pásate pola nosa biblioteca para descubrir o seu mundo literario...

Dirección

O Mesón S/n
Lugo
27865

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Teléfono

982559109

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Ourol publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Ourol:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos