Concello de Avión

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Avión Página Oficial del Concello de Avión.

🌰 MAGOSTO POPULAR DE AVIÓNO vindeiro venres 13 de novembro, celebraremos no Campo da Feira unha nova edición do noso tra...
28/10/2026

🌰 MAGOSTO POPULAR DE AVIÓN

O vindeiro venres 13 de novembro, celebraremos no Campo da Feira unha nova edición do noso tradicional magosto popular.

🕐A partir das 20:00 no Campo da Feira.

🎺 Amenizará o evento a Charanga Nova Trives.

🎟️ VENDA DE ENTRADAS EN: Piscina Municipal, Biblioteca e Concello

👉Prezos en Prevenda ata o mércores 11 de novembro: 8€
Venda día 12 e 13 de novembro: 10€. O día 13 só se venderán as entradas no Campo da Feira.

Nenos/as ata 10 anos: Entrada Gratuita.

Se estes días deixa de ver algunha canle de televisión resintonice o seu televisor.A partir da data 28 de outubro de 202...
25/10/2026

Se estes días deixa de ver algunha canle de televisión resintonice o seu televisor.

A partir da data 28 de outubro de 2026, realizaranse actuacións nos centros emisores de televisión da zona, con motivo da evolución tecnolóxica da Televisión Dixital, o que implica un cambio de canles de televisión e a necesidade de resintonizar o seu televisor para seguir desfrutando da súa programación preferida. As poboacións que se prevén afectadas son Rubillón e Baiste.

Para máis información chame á Oficina da Televisión Dixital en Galicia: 881 866 388

INICIO DOS TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS NO CASTRO DE SAN VICENZO DE AVIÓNO Concello de Avión inicia unha nova fase de actuaci...
23/10/2026

INICIO DOS TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS NO CASTRO DE SAN VICENZO DE AVIÓN

O Concello de Avión inicia unha nova fase de actuacións no Castro de San Vicenzo, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, destinado á realización de traballos arqueolóxicos e á mellora da accesibilidade universal deste xacemento.

Esta intervención, promovida dende o Concello de Avión da continuidade aos traballos desenvolvidos nos últimos anos, nos que colaboraron o Concello, a Asociación Cultural Vive Avión e a CMVMC de San Xusto, coa finalidade común de investigar, conservar e poñer en valor este importante elemento do patrimonio histórico e cultural do municipio.

As actuacións previstas para 2026 inclúen a continuación das escavacións arqueolóxicas, os traballos de conservación e acondicionamento das estruturas identificadas e a elaboración dun estudo sobre a accesibilidade universal do xacemento.

O convenio contempla unha achega da Xunta de Galicia de ata 40.000 euros, que financiará o 100 % das actuacións previstas.

O Concello de Avión continúa así coa súa colaboración coas administracións e entidades implicadas na protección e divulgación do patrimonio cultural do noso municipio, favorecendo o coñecemento da historia local e a conservación deste legado para as futuras xeracións.

Se queres obter o certificado dixital chama ao 988486528 ou envía un email a muller@concelloavion.org.A data sería o 20 ...
15/10/2026

Se queres obter o certificado dixital chama ao 988486528 ou envía un email a [email protected].

A data sería o 20 de outubro, a partir das 10:00 na Casa da Cultura (Casa Roxa)

_.EMISIÓN DEL CERTIFICADO. DIXITAL EN AVIÓN._

💻 Obtén tu certificado digital en Avión
🗓️El martes 20 de octubre podrás realizar este trámite con atención personalizada y adaptada a tus necesidades.

O servizo permitirá resolver dúbidas e facilitar a obtención do certificado dixital, necesario para realizar electronicamente numerosos trámites coa Administración, como os relacionados co INSS, Tráfico, Axencia Tributaria, Sergas ou Carpeta Cidadá, entre outros.

🕙 La atención se organizará en grupos de aproximadamente 10 personas por hora, a partir de las 10:00 h, para facilitar una atención individualizada.
📍 Casa da Cultura – Centro Dixital
📩 Inscripción previa: [email protected]
☎️ 988 486 528.

📚✨ PLAN PROVINCIAL DE LECTURA 2026📖 O Concello de Avión súmase ao Plan Provincial de Lectura 2026, impulsado pola Deputa...
15/10/2026

📚✨ PLAN PROVINCIAL DE LECTURA 2026

📖 O Concello de Avión súmase ao Plan Provincial de Lectura 2026, impulsado pola Deputación de Ourense, unha iniciativa para fomentar o hábito lector entre a mocidade e apoiar o comercio de proximidade. 💚

💶 AXUDAS DE ATA 20 € PARA MERCAR LIBROS!

👧👦 Quen pode beneficiarse?
As persoas nacidas no ano 2008 ou posteriores e empadroadas no Concello de Avión

✅ Se o libro custa 20 € ou menos, será totalmente gratuíto.
✅ Se supera os 20 €, só terás que pagar a diferenza.
✅ A axuda é para un único libro por persoa beneficiaria.

📅 PRAZO DE SOLICITUDE
Do 15 de outubro ao 18 de decembro de 2026, ou ata esgotar os fondos dispoñibles.

💻 COMO SOLICITALA?
Accede a 👉 plandelectura.depourense.gal, cobre a solicitude e recibe o teu código de autorización por correo electrónico ou SMS. Despois, só terás que acudir a unha libraría adherida e escoller o teu libro favorito.

📌 Non se inclúen libros de texto nin material escolar.

📢 AVISO IMPORTANTE |  FEIRA DE AVIÓNComo todos os anos, informamos que, por coincidir o luns 12 de outubro coa festivida...
09/10/2026

📢 AVISO IMPORTANTE | FEIRA DE AVIÓN

Como todos os anos, informamos que, por coincidir o luns 12 de outubro coa festividade da Virxe do Pilar e o Día da Hispanidade, a Feira de Avión trasladarase ao seguinte día:

📅 MARTES 13 DE OUTUBRO

➡️ Así, a feira do día 12 de outubro celebrarase o martes 13 de outubro.

Agardámosvos na feira! 😊

🇲🇽 O CONSULADO MÓVIL DE MÉXICO DESPRAZARASE A OURENSE📢 Desde o Concello de Avión informamos á comunidade mexicana reside...
08/10/2026

🇲🇽 O CONSULADO MÓVIL DE MÉXICO DESPRAZARASE A OURENSE

📢 Desde o Concello de Avión informamos á comunidade mexicana residente no noso Concello e na contorna, da próxima presenza do Consulado Móbil da Embaixada de México en España en Ourense.

📅 17 e 18 de outubro de 2026
📍 Ourense

Durante estas xornadas poderán realizarse trámites relacionados con:

📌 Pasaporte mexicano
📌 Credencial para votar

📩 É necesario solicitar cita previa escribindo a:
[email protected]

⏳ Recepción de solicitudes ata o 14 de outubro, suxeito á dispoñibilidade de citas.

ℹ️ Desde o Concello de Avión animamos ás persoas da comunidade mexicana interesadas nestes trámites a consultar esta oportunidade e solicitar a súa cita con antelación.

📔🍂 𝐍𝐨𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐧𝐚 𝐛𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 Chegaron  novas lecturas tanto para adultos como para nenos/as á 🏡 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜...
02/10/2026

📔🍂 𝐍𝐨𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐧𝐚 𝐛𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥
Chegaron novas lecturas tanto para adultos como para nenos/as á 🏡 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 . Se buscas un bo libro para estes días de mantiña e castañas, achégate á Biblioteca Municipal de Avión e descubrirás aínda máis novidades 📚.

Agardámoste!!.

📚 AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS | 2026A Deputación de Ourense convoca axudas para a adquisición de libros destinad...
24/09/2026

📚 AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS | 2026

A Deputación de Ourense convoca axudas para a adquisición de libros destinadas a persoas menores de idade empadroadas na provincia de Ourense, correspondentes ao exercicio 2026.

📢 Convocatoria e bases dispoñibles no BOP de Ourense.

👉 Se tes menores ao teu cargo e estás interesado/a nesta convocatoria, consulta as bases para coñecer os requisitos, contías e prazo de solicitude.

📸 CALENDARIO 2027 DO CONCELLO DE AVIÓN 📸Un ano máis, queremos que o noso calendario sexa un reflexo de Avión, das súas p...
22/09/2026

📸 CALENDARIO 2027 DO CONCELLO DE AVIÓN 📸

Un ano máis, queremos que o noso calendario sexa un reflexo de Avión, das súas paisaxes, do seu patrimonio, das súas tradicións e da súa xente. 💚

Por iso, abrimos a participación a todas as persoas que queiran compartir as súas fotografías de Avión para formar parte do Calendario Municipal 2027. 🏞️📷

👉 Anímate a participar! Envíanos as túas mellores imaxes e axúdanos a por en valor a beleza e a identidade do noso concello.

📌 Requisitos:
• Fotografías en formato horizontal
• Calidade mínima de 3 MP
• Indicar a localización da fotografía
• 📅 Prazo de presentación: ata o 31 de outubro de 2026
• 📧 Envíos: [email protected]

✨ As túas fotos poden formar parte do Calendario 2027 do Concello de Avión!

Dirección

Praza Do Concello 1
Avión
32520

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Avión publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Avión:

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos