28/08/2026
🎂🎉 CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE AGOSTO EN ALVETUS! 🎉🎂
Agosto tamén chegou cargado de sorrisos, agarimos e moitos motivos para celebrar! 💕🥳
Hoxe festexamos ás persoas que cumpriron anos este mes, compartindo unha tarde especial, chea de alegría, boa compañía e, por suposto… unha deliciosa tarta! 🍰🎈
Porque cada aniversario é unha oportunidade para celebrar a vida, os recordos compartidos e todos eses pequenos momentos que fan grande o día a día. ❤️
🎂 Parabéns a todas as persoas que cumpriron anos en agosto!
Que sigamos sumando momentos, sorrisos e moitas celebracións xuntos e xuntas! 🥰