26/05/2026
.
𝗦𝗲𝗻𝘁𝗶𝗿 𝗮 𝗖𝗼𝗿𝗿𝗲𝗻𝘁𝗲: 𝗨𝗻 𝗿𝗶́𝗼, 𝗱𝗼𝘂𝘀 𝗽𝗮𝗶́𝘀𝗲𝘀, 𝗴𝗿𝗮𝗻𝗱𝗲𝘀 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝘀!
O pasado 22 de maio, vivimos un momento importante para o noso territorio co evento “Sentir a Corrente”.
Este encontro marcou o lanzamento oficial do programa “𝐕𝐢𝐯𝐞 𝐨 𝐑𝐢́𝐨 𝐌𝐢𝐧̃𝐨 𝐚𝐨 𝐌𝐚́𝐱𝐢𝐦𝐨”, a través da promoción de experiencias náuticas únicas que o territorio ofrece, como o rafting, o kayak e os paseos en barco.
Baixo o lema “Un rio, dous países, grandes experiencias”, celebramos a unión entre a Galicia e Portugal, reafirmando que o futuro deste territorio depende da nosa capacidade de cooperación e de transformar a nosa identidade común en oportunidades reais de desenvolvemento.
Damos a benvida a 𝐁𝐢𝐚𝐧𝐜𝐚 𝐁𝐚𝐫𝐫𝐨𝐬 e a 𝐀𝐥𝐛𝐞𝐫𝐭𝐨 𝐑𝐢𝐛𝐚𝐬. Como primeiros 𝐄𝐦𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐝𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐨 𝐑𝐢́𝐨 𝐌𝐢𝐧̃𝐨, eles teñen a misión de levar a nosa identidade máis lonxe.
Lanzamos un convite colectivo para que todos os socios e cidadáns se convertan en motores de divulgación deste destino de excelencia, nunha iniciativa estratéxica do proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS, cofinanciado polo programa INTERREG VI-A POCTEP.
Xuntos, imos Sentir a Corrente!
*Tradución ao portugués no primeiro comentario