09/07/2026
Un momento histórico para Viveiro.
Despois de 20 anos de normativa urbanística provisional, Viveiro contará cun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Era a nosa prioridade no programa electoral e a necesidade máis urxente para que Viveiro poda recuperar a inversión e o crecemento urbano. Foi tamén o punto principal do acordo da moción de censura do pasado ano.
Levamos anos presentando mocións e insistindo na necesidade urxente dun plan que nos sacara da parálise absoluta na que se atopaba o noso Concello. Moitos fixeron oídos xordos e non tiveron ningunha presa en sacalo adiante.
A aprobación do PXOM suporá un crecemento ordenado e sostible da nosa cidade, e a veciñanza terá seguridade xurídica para calquera actuación urbana.
Viveiro merece avanzar e niso seguimos traballando, con paso firme e valentía, pola única razón pola que estamos aquí, Por Viveiro!
Gueimunde asegura que el ayuntamiento da «un paso decisivo» tras dos décadas «coas mans atadas» a nivel urbanístico y los independientes califican la jornada de «día histórico»