IES A Basella

IES A Basella Centro Público de Ensino Secundario

Estimadas familias:Desde o IES A Basella queremos darlles a benvida ao novo curso escolar. Un curso que traerá novas opo...
03/09/2026

Estimadas familias:

Desde o IES A Basella queremos darlles a benvida ao novo curso escolar. Un curso que traerá novas oportunidades de seguir medrando como persoas e compartindo soños e proxectos. Un curso que nos ofrecerá momentos de estudo e de preparación para construír entre todos un mundo mellor.

Tanto aos que se incorporan ao noso centro por primeira vez, como aos que continuan de cursos anteriores, tedes a nosa cordial e afectuosa benvida.

O vindeiro mércores, 9 de setembro, dará comezo o curso para as etapas de Secundaria e Bacharelato co seguinte horario de presentacións.

9:00 -- 1º ESO
9:15 -- 2º ESO
9:30 -- 3º ESO
9:45 -- 4º ESO
11:00 -- 1º BAC
11:30 -- 2º BAC

Ao remate das mesmas comezarán as clases no seu horario.

20/06/2026
Xa está aberto o prazo para a solicitude de Bolsas e axudas para alumnado de niveles postobrigatorios, bacharelato, FP e...
07/04/2026

Xa está aberto o prazo para a solicitude de Bolsas e axudas para alumnado de niveles postobrigatorios, bacharelato, FP e estudos universitarios o vindeiro curso 2026/2027. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 7 de abril de 2026 ata o 18 de maio do 2026 ás 15h. Toda a información sobre esta convocatoria atópase no Portal de Becas de Educación.

Los ministerios de Educación y Formación Profesional y de Universidades trabajan para que todas las personas tengan acceso a la carrera que desean.

Estamos de noraboa, o noso IES foi recoñecido como centro de excelencia en Meteoescolas por un proxecto que combinou cie...
19/03/2026

Estamos de noraboa, o noso IES foi recoñecido como centro de excelencia en Meteoescolas por un proxecto que combinou ciencia, educación e realidade local. O traballo centrouse en analizar a relación entre a meteoroloxía e a producción de mexillón, transformando os datos do tempo nunha ferramenta educativa vinculada á economía e á vida da comarca.

O alumnado do instituto rexistrou datos diarios con instrumentos proporcionados por MeteoGalicia e comparounos cos rexistros oficiais, entendendo como variables meteorolóxicas e oceanográficas afectan o sector mexillonero. Complementaron o proxecto con actividades prácticas, como charlas do CIMA e visitas a centros de formación e a MeteoGalicia, que lles amosaron a importancia do traballo en equipo e de distintas titulacións científicas.

Este ano, no noso centro, o Club de Ciencias puxo mans á obra para deseñar e construís unha árbore matemática de Nadal s...
19/12/2025

Este ano, no noso centro, o Club de Ciencias puxo mans á obra para deseñar e construís unha árbore matemática de Nadal seguindo a tradición que comezón hai dios anos. O alumnado traballou con patróns xeométricos, rectas envolventes e deseños de bolas con motivos STEM.

Ademais, o Comité de Solidariedade levou a cabo a tradicional recollida de alimentos destinada ás persoas máis necesitadas nestas datas. Grazas á implicación de toda a comunidade educativa —alumnado, profesorado e familias— este ano conseguimos recoller 64 kg de alimentos, unha cifra que reflicte o compromiso da nosa comunidade.

Dúas accións diferentes pero cun mesmo fondo: aprender a construír un mundo mellor.

Desde Polos Creativos organizamos un concurso de deseño en 3D para o alumnado da ESO. Animádevos a participar.
09/11/2025

Desde Polos Creativos organizamos un concurso de deseño en 3D para o alumnado da ESO. Animádevos a participar.

Rimas, improvisación e RAPO venres, 7 de novembro, tivemos un obradoiro de rimas e batallas de galos que o alumnado de 4...
09/11/2025

Rimas, improvisación e RAP

O venres, 7 de novembro, tivemos un obradoiro de rimas e batallas de galos que o alumnado de 4º de ESO puido desfrutar da man da organización O Son do Sar.

A través do RAP e da improvisación oral, o alumnado explorou novas formas de expresión artística e emocional, traballando a escoita activa, o respecto polas opinións alleas.

Novembro é sinónimo de Magosto. Celebramos o nosos magosto no que todo o alumnado participou en xogos populares e tradic...
09/11/2025

Novembro é sinónimo de Magosto. Celebramos o nosos magosto no que todo o alumnado participou en xogos populares e tradicionais de Galicia e puido coñecer as tradicións galegas. Fomentamos a participación colectiva.

Enjoy the videos and music you love, upload original content, and share it all with friends, family, and the world on YouTube.

Para comezar novembro, o alumnado de 3º de ESO participou nun obradoiro de tenis de mesa organizado pola Asociación de T...
09/11/2025

Para comezar novembro, o alumnado de 3º de ESO participou nun obradoiro de tenis de mesa organizado pola Asociación de Tenis de Mesa de Cambados, dentro do programa XOGADE. Durante a actividade, puideron coñecer as regras deste deporte e animarse a probar e participar nas propostas do obradoio. Creamos así afición e melloramos a súa vida activa.

Apúntate e participa!
22/09/2025

Apúntate e participa!

Dirección

Avenida De Galicia Nº 3
Villanueva De Arosa
36620

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
16:00 - 18:30
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES A Basella publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a IES A Basella:

Compartir