Concello Vilamartin Valdeorras

Concello Vilamartin Valdeorras .vilamartin

Nestes momentos estanse a levar a cabo actuacións na captación de auga de Valdegodos e Arcos. Con motivo destes traballo...
08/09/2026

Nestes momentos estanse a levar a cabo actuacións na captación de auga de Valdegodos e Arcos.
Con motivo destes traballos, poderanse producir cortes ou interrupcións no subministro de auga mentres duren as actuacións.
Lamentamos as molestias que estas intervencións poidan ocasionar e agradecemos a veciñanza a súa comprensión e paciencia.
Seguiremos traballando para restablecer o servizo con normalidade o antes posible

🏔️ VILAMARTÍN VOLVE A MIRAR CARA Á MONTAÑAOnte, Vilamartín de Valdeorras volveu ser escenario dunha das probas deportiva...
07/09/2026

🏔️ VILAMARTÍN VOLVE A MIRAR CARA Á MONTAÑA

Onte, Vilamartín de Valdeorras volveu ser escenario dunha das probas deportivas máis espectaculares e esixentes do noso calendario: a Carreira Vertical O Sacauntos, que este ano acolleu ademais o II Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Subida Vertical.
🏃‍♀️🏃‍♂️ 106 corredores e corredoras aceptaron o reto de percorrer 4,2 quilómetros nos que agardaban máis de 1.000 metros de desnivel positivo, con pendentes que chegaron a superar o 65 %, ata alcanzar o Alto do Monzón.
Un desafío enorme, que require esforzo, preparación e moita capacidade de superación, pero que tamén permite descubrir e desfrutar dun dos nosos grandes tesouros: a montaña e a paisaxe de Vilamartín.
Este ano, ademais, a proba tiña un significado especial. Os incendios do pasado ano modificaron profundamente o terreo e o percorrido, e as condicións meteorolóxicas das últimas horas tamén puxeron a proba a organización. Pero, unha vez máis, o deporte, a ilusión e as ganas de seguir adiante puideron con todo.
Parabéns a todas e todos os participantes polo enorme esforzo e por aceptar este reto.
E o noso agradecemento a todas as persoas que fixeron posible esta xornada: organización, voluntariado, persoal municipal, corpos de seguridade, colaboradores e, por suposto, a todas as persoas que se achegaron para animar e apoiar aos corredores.
Grazas por facer de Vilamartín un punto de encontro para o deporte, a montaña e a superación.
Seguimos subindo.
Seguimos facendo Vilamartín. 🏔️💚

📖 Presentación de Os Irmaus do Cantón no Centro Cultural Santa LucíaO pasado sábado, o Centro Cultural Santa Lucía de Vi...
07/09/2026

📖 Presentación de Os Irmaus do Cantón no Centro Cultural Santa Lucía

O pasado sábado, o Centro Cultural Santa Lucía de Vilamartín acolleu a presentación de Os Irmaus do Cantón, o novo libro do xornalista e historiador valdeorrés Christian Barrio Fernández.Obra que nace da memoria familiar para recuperar tamén a historia dunha terra e dunha xente. A través das vidas de Domingo e Juan Fernández Vega, o autor afonda na historia de San Vicente de Leira e na realidade social e económica da nosa comarca, achegándonos a un dos períodos máis dolorosos da nosa historia recente.
Os Irmaus do Cantón é, ademais, o terceiro traballo dunha triloxía coa que Christian Barrio leva anos investigando, recuperando e dando voz ás historias familiares e á memoria de Valdeorras.
Unha tarde para falar de historia, de memoria e, sobre todo, das persoas que forman parte do noso pasado e que merecen seguir presentes no noso recordo.
Desde o Concello de Vilamartín de Valdeorras, queremos agradecer a Christian Barrio, a Santiago Macías e a Aurelio Blanco a súa participación, así como a todas as persoas que se achegaron ao Santa Lucía para compartir esta presentación.
Porque coñecer a nosa historia tamén é unha maneira de coidar a nosa terra e a nosa memoria. 💙📚

07/09/2026

𝑬𝒎𝒑𝒆𝒛𝒂𝒎𝒐𝒔 𝒄𝒐𝒏 𝒑𝒂𝒔𝒐 𝒇𝒊𝒓𝒎𝒆 💚

El Córgomo arranca la temporada con una contundente victoria por 0-4 ante el Club Lemos B.

Un partido muy completo del equipo, sólido durante los 90 minutos y efectivo en las áreas, para sumar los primeros tres puntos de la temporada y comenzar el campeonato dejando la portería a cero.

⚽ Peke
⚽ Perrini
⚽ Sy
⚽ David Álvarez

Gran trabajo de todo el equipo para empezar el camino de la mejor manera.

Esto acaba de empezar. 💚

07/09/2026
07/09/2026

  Cun cento de participantes (nas diferentes categorías) desenvolvíase na mañá deste 6 de setembro a II Subida Vertical O Sacauntos de Vilamartín, que á vez era Campionato galego de subida vertical (dentro da modalidade de trail running). A proba desenvolvíase sen ningún tipo de incidencia,...

07/09/2026

El hombre, de unos 60 años, fue evacuado en helicóptero al Hospital Universitario de Ourense tras sufrir una caída cuando se encontraba en una finca particular

A Ponte de Arcos xa está aberta ao tráfico,unha vez finalizados os traballos de reparación e tras respectar o tempo nece...
07/09/2026

A Ponte de Arcos xa está aberta ao tráfico,unha vez finalizados os traballos de reparación e tras respectar o tempo necesario para garantir o correcto fraguado e resistencia dos materiais empregados.
O tráfico pesado estará regulado de maneira permanente, co obxectivo de preservar a reparación realizada e garantir a seguridade da infraestrutura.
A regulación xa está sinalizada, e manterase esta sinalización provisional ata a instalación da sinalización definitiva

Dirección

Villamartin De Valdeorras
Villamartín
32340

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello Vilamartin Valdeorras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría