Podemos-Marea da Vila

Podemos-Marea da Vila Podemos-Marea da Vila. Por uha «Vilagarcía con xeito» con María de la O Fernández.

O terrorismo machista deixounos onte unha nova vítima, asasinada en Oia.Vémonos hoxe, ás 20:00, na Praza de Galicia.Bast...
05/06/2023

O terrorismo machista deixounos onte unha nova vítima, asasinada en Oia.

Vémonos hoxe, ás 20:00, na Praza de Galicia.

Basta xa de violencia machista!

Boa tarde! É evidente que os resultados obtidos por Podemos-Marea da Vila este domingo son decepcionantes e merecen ser ...
31/05/2023

Boa tarde!

É evidente que os resultados obtidos por Podemos-Marea da Vila este domingo son decepcionantes e merecen ser avaliados de maneira sosegada e en profundidade nunha próxima asemblea.

Sen embargo, non queríamos deixar pasar máis tempo sen agradecer a cada persoa que nestas municipais expresou co seu voto a súa confianza en Podemos-Marea da Vila, pero tamén ás persoas e colectivos que durante estes catro anos amosaron tan boa disposición a traballar con nós, e a todas aquelas que nos estivestes achegando mensaxes de apoio durante estes días.

O traballo nunca é en balde, polo que seguiremos insistindo na necesidade de sumar persoas, ideas e forzas en prol de Vilagarcía.

Grazas por estar aí. Seguimos! 💪💜

Pode que aínda non teñas claro o teu voto e estes días estiveras buscando o programa das distintas forzas políticas. O n...
26/05/2023

Pode que aínda non teñas claro o teu voto e estes días estiveras buscando o programa das distintas forzas políticas. O noso levamos publicándoo todos estes días. Dos demais só atopamos folletos, pero non un programa completo. Se aínda non liches o que che propoñemos, deixámolo por aquí de novo 👇👇

https://podemosmareadavila.wordpress.com/programa/

Este domingo día 28 vota Podemos-Marea da Vila vota María De La O Fernández

PECHE E PIZZA!! 😍😍
26/05/2023

PECHE E PIZZA!! 😍😍

Onte en Cornazo, na carballeira dos Borrizos xunto a veciños e veciñas, encantounos estar coa veciñanza 💜 Este domingo v...
26/05/2023

Onte en Cornazo, na carballeira dos Borrizos xunto a veciños e veciñas, encantounos estar coa veciñanza 💜

Este domingo votade pensando na «Vilagarcía con xeitO» que merecemos. Votade Podemos-Marea da Vila. Votade por María De La O Fernández 👏💜

26/05/2023

PROPOSTAS CON XEITO
7️⃣ Sistema de coidados: Incrementaremos as horas de asistencia do SAF (Servizo de Atención no Fogar) para chegar ao conxunto da veciñanza en función das necesidades e con persoal suficiente. Creación de prazas de xestión pública en residencias e centros de día respondendo á demanda real de Vilagarcia.

Este domingo 28 de maio vota Podemos-Marea da Vila. Por unha «Vilagarcía con xeitO» con María De La O Fernández
Programa en comentarios 👇

Un equipo con xeitO para unha «Vilagarcía con XeitO». Gran parte das persoas que acompañan a María De La O Fernández 💜Es...
25/05/2023

Un equipo con xeitO para unha «Vilagarcía con XeitO».
Gran parte das persoas que acompañan a María De La O Fernández 💜

Este domingo 28 vota Podemos-Marea da Vila !!

Se as eleccións son a festa da democracia, nós queremos celebrala coa mellor música e coa mellor compañía, contigo!  Est...
25/05/2023

Se as eleccións son a festa da democracia, nós queremos celebrala coa mellor música e coa mellor compañía, contigo!

Este venres, día 26, ás 21:00h pizza e peche na Bolsa!! 🎉🎉
Haberá conversa coas candidatas, haberá DJs, haberá pizza e haberá festa. Anímate!!

Este domingo 28 vota con xeito, vota María De La O Fernández , vota Podemos-Marea da Vila!!

25/05/2023

PROPOSTAS CON XEITO
6️⃣Estratexia polo dereito á vivenda. Desenvolveremos unha estratexia para garantir o dereito á vivenda: Estudo da situación da vivenda na vila. Creación dunha oficina de rehabilitación. Parque público de vivenda en alugueiro social. Axudas directas para a emancipación da xente moza co "Bono marcho da casa".

25/05/2023

A nosa candidata María De La O Fernández e a número 2, Vera Eikon estiveron onte en Carril.

Tras unha protesta de Podemos-Marea da Vila en xaneiro o Goberno do PSOE non fixo nada para solucionar este problema. Por iso acabamos de impulsar unha iniciativa no Congreso para preguntarlle ao ministerio cando se vai a dar solución a esta problemática nos terreos da SAREB en Carril.

Aínda que estamos en campaña seguimos traballando, por iso o voto útil para Vilagarcía este domingo 28 é votar por Podemos-Marea da Vila. Por unha política útil para a veciñanza!!

Hoxe a nosa número 2, Vera Eikon , publica un artigo de opinión na La Voz de Galicia. Edición Arousa  "Basta buscar nas ...
25/05/2023

Hoxe a nosa número 2, Vera Eikon , publica un artigo de opinión na La Voz de Galicia. Edición Arousa

"Basta buscar nas hemerotecas ou nas sesións plenarias deste mandato para saber que o voto a Podemos-Marea da Vila, o voto a María De La O Fernández é o único voto útil para Vilagarcía este 28 de maio". Completo 👇

Dirección

Villagarcía De Arosa

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Podemos-Marea da Vila publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Podemos-Marea da Vila:

Compartir