Concello Vilagarcía de Arousa

Concello Vilagarcía de Arousa Todas as novidades do Concello de Vilagarcía de Arousa actualizadas diariamente.

  🎸⚡️Onte gozamos no Carril no Ameixa Rock con Boogies, Storrentos, Festicultores, Bala e The Eskarallas e Dj Klempner🙌H...
06/09/2026

🎸⚡️Onte gozamos no Carril no Ameixa Rock con Boogies, Storrentos, Festicultores, Bala e The Eskarallas e Dj Klempner🙌
Hoxe, ‘2 hombres y Tercio’ amenizarán o vermú, a partir das 13:30 h.🤘

  🗣️O Salón García acollerá unha xornada de ‘Prevención da conducta suicida’.🔸A investigadora Paula Frieiro (UVigo), a t...
05/09/2026

🗣️O Salón García acollerá unha xornada de ‘Prevención da conducta suicida’.
🔸A investigadora Paula Frieiro (UVigo), a traballadora social sanitaria, Mónica Gundín, e o psicólogo clínico, J. Eduardo Rodríguez, participarán nos faladoiros que terán lugar o 10 de setembro, .
📌Será ás 19:30 h con entrada de balde.

  ♻️ O Concello desenvolveu 6 campañas sobre xestión de residuos e coidado medioambiental a través de Urbaser no que vai...
05/09/2026

♻️ O Concello desenvolveu 6 campañas sobre xestión de residuos e coidado medioambiental a través de Urbaser no que vai de ano.
🟢 A recollida de voluminosos, o uso do contedor marrón, as cabichas e os ouriños dos cans foron as temáticas abordadas nas iniciativas
🟢 Realizáronse obradoiros escolares e accións divulgativas en distintos puntos da cidade, e repartiuse material informativo e promocional
🟢 Tamén se organizou unha xornada de recollida de lixo na praia e un concurso escolar de debuxo.
🟢 Distribuíronse a domicilio 10.000 dípticos "Alimenta un comelixo" para explicar as distintas fraccións de residuos e o colector que lles corresponde.

  🧙🎸 Vilagarcía empeza mañá a despedir o verán coa Noite Meiga e o Ameixa Rock🧙🏼‍♀️🧙As pallozas das aldeas máxicas insta...
04/09/2026

🧙🎸 Vilagarcía empeza mañá a despedir o verán coa Noite Meiga e o Ameixa Rock
🧙🏼‍♀️🧙As pallozas das aldeas máxicas instalaranse a partir das 22 h nas rúas do centro da cidade. A queimada servirase a partir da medianoite.
🎸Os concertos gratuítos no Carril comezarán ás 19 h. Actuarán Bala, Festicultores, The Eskarallas, Storrentos e Boogies.
🎶A temporada estival pecharase definitivamente a seguinte fin de semana co festival das Revenidas en Vilaxoán.

  AVISO ❗️A Praia de Canelas péchase ao baño polo aumento de E.Coli consecuencia da rotura do emisario submarino da Edar...
04/09/2026

AVISO ❗️A Praia de Canelas péchase ao baño polo aumento de E.Coli consecuencia da rotura do emisario submarino da Edar.
🔸As augas foron tratadas polo que poden verterse ao mar, pero ao estar tan preto do areal fan que superen os niveis permitidos para o baño das persoas.
🔸Sanidade avisou telefonicamente dos resultados da mostraxe tomada o mércores.
🔸Espina y Delfín traballa con buzos dende hai días no arranxo da avaría, unha operación moi dificultosa pola antigüidade do conduto e as condicións nas que se atopa.

  🟪 A Fibromialxia e a Sensibilidade Química Múltiple centran a segunda xornada do ciclo “A Perspectiva de Xénero na Saú...
04/09/2026

🟪 A Fibromialxia e a Sensibilidade Química Múltiple centran a segunda xornada do ciclo “A Perspectiva de Xénero na Saúde: En lista de Espera”.
🟣 Igualdade dedica a sesión a dúas enfermidades de elevada prevalencia feminina e que xera graves impedimentos na vida cotiá de quen as padece.
📌Será o 10 de setembro ás 18 h no Auditorio e está aberta a mulleres afectadas, persoal sanitario, investigadores e asociacións.

  🧑‍🧒‍🧒A Área de Igualdade e a asociación FAGAMOS organizan un encontro para familias monoparentais.📌 Será o venres 11 d...
04/09/2026

🧑‍🧒‍🧒A Área de Igualdade e a asociación FAGAMOS organizan un encontro para familias monoparentais.
📌 Será o venres 11 de setembro, de 17:30 a 20:30 h no Auditorio municipal e incluirá servizo de ludoteca e merenda gratuíta para facilitar a asistencia.
🔸Abordarán as necesidades do colectivo e os recursos dispoñibles para tratar de resolver as problemáticas comúns e específicas.

+info👉 https://www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=16778

  🎶🐟 Festival Revenidas regresa a Vilaxoán do 10 ao 13 de setembro cun cartel de luxo formado por 40 grupos galegos, nac...
03/09/2026

🎶🐟 Festival Revenidas regresa a Vilaxoán do 10 ao 13 de setembro cun cartel de luxo formado por 40 grupos galegos, nacionais e internacionais, e incorporando unha sección dedicada á ciencia.
🔥 Narco, De Ninghures, El Dr**as, Dakidarría, Bob Vylan, The Rapants, Evaristo, Mondra, De Vacas, La Gossa Sorda ou 9Louro son só algúns dos nomes que pasarán por esta nova edición.
🔸O alcalde, Alberto Varela, destacou o “valor diferencial” dun certame que, «sen ser dos de maior presuposto, consegue o mellor cos da casa».

✨The Rapants puxo a banda sonora da presentación celebrada esta mañá no centro socio cultural de Vilaxoán

🎉 A conta atrás para o Revenidas xa comezou!

  Urbanismo autoriza as primeiras conexións ás redes de auga e saneamento que acaban de instalarse na Baixada de Pasos.🔸...
03/09/2026

Urbanismo autoriza as primeiras conexións ás redes de auga e saneamento que acaban de instalarse na Baixada de Pasos.
🔸Igual que aconteceu na rúa Ameal, a rapidez da veciñanza en tramitar as acometidas demostra o acerto dos investimentos programados polo goberno.
🔸O avanzado estado da obra de renovación de ambos servizos na rúa Faxilde tamén permitirá aos residentes desta zona beneficiarse en breve das melloras.

Dirección

Praza Ravella, 1
Vilagarcía
36600

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello Vilagarcía de Arousa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir