Mapa Literario de Vigo

Mapa Literario de Vigo Vigo, a cidade máis poboada de Galicia, é tamén un importante escenario de obras literarias.

A historia, a cultura, os costumes e a paisaxe da cidade inspiraron desde clásicos da literatura universal ata obras contemporáneas.

¡Saltamos da liña 5 á liña 10 con parada no Areal de Rodas! 🌊Elena Gallego Abad ✍️ con «Ata que a morte nos separe» —un ...
25/08/2026

¡Saltamos da liña 5 á liña 10 con parada no Areal de Rodas! 🌊

Elena Gallego Abad ✍️ con «Ata que a morte nos separe» —un remake galego de «Death on the Nile», de Agatha Christie— permítenos navegar no «Xacobus».🛥️

A súa primeira escala no arquipélago déixanos na marabillosa Illa de Monteagudo e do Faro, facendo a mellor parada posible na emblemática praia de Rodas, coa súa inconfundible area fina e augas cristalinas. 🏝️✨






Ata que a morte nos separe - https://mapaliterariodevigo.com/ata-que-a-morte-nos-separe/

Máis novelas que utilizan as praias de Vigo como escenario de fondo. 🌊📖Nesta ocasión, a escritora Rosario Raro —unha gra...
18/08/2026

Máis novelas que utilizan as praias de Vigo como escenario de fondo. 🌊📖

Nesta ocasión, a escritora Rosario Raro —unha gran experta en rutas literarias— transpórtanos directamente á batalla de Camlann desde o noso adorado areal do Vao coa súa novela «El cielo sobre Canfranc». 🏖️

Liches algo desta autora, que acadou recentemente o Premio Azorín 2025 con «La novia de la paz»? ✨



El cielo sobre Canfranc - https://mapaliterariodevigo.com/el-cielo-sobre-canfranc-rosario-raro/
Raro

Outra novela preto do mar, esta vez en Cabo Estai. 🌊📖Falamos de "Un lume azul", de Pedro Feijoo, un dos escritores máis ...
11/08/2026

Outra novela preto do mar, esta vez en Cabo Estai. 🌊📖

Falamos de "Un lume azul", de Pedro Feijoo, un dos escritores máis queridos da cidade. Nas súas páxinas descríbenos á perfección un dos mellores balcóns para albiscar as Illas Cíes, mentres nos acompaña o constante ruxido do mar. 💙

✨ Liches algo do autor ou visitaches este lugar máxico?

XERAIS

Un lume azul - https://mapaliterariodevigo.com/un-lume-azul-pedro-feijoo/

Seguimos con novelas a carón do mar. 🌊📖Que mellor maneira que visitar unha das praias máis emblemáticas da cidade! 🏖️Nes...
04/08/2026

Seguimos con novelas a carón do mar. 🌊📖

Que mellor maneira que visitar unha das praias máis emblemáticas da cidade! 🏖️

Neste caso, da man dun dos autores máis prestixiosos —tanto nas súas novelas coma nos seus artigos xornalísticos asinados en Faro de Vigo—, nada menos que Juan Tallón, coa súa obra "El mejor del mundo", que fai alusión a Samil. 🌴

É a escusa perfecta para descubrir quen é "El mejor del mundo" no universo de Tallón e, de paso, conectar cos "mellores do mundo" do Festival O Marisquiño, que se celebra esta semana na cidade. 🛹🔥

Dous plans nun mesmo lugar... Valo perder?

Juan Tallón - https://mapaliterariodevigo.com/tallon-juan/
El mejor del mundo - https://mapaliterariodevigo.com/el-mejor-del-mundo-juan-tallon/

Fotografía cortesía: Marisquiño

Faro de Vigo Marisquiño

El Albatros negro - Liña 5Retomamos as lecturas que transcurren á beira do mar. 🌊📍 A Calzoa: O albatros negro, de María ...
28/07/2026

El Albatros negro - Liña 5

Retomamos as lecturas que transcurren á beira do mar. 🌊

📍 A Calzoa: O albatros negro, de María Oruña.

Hoxe adentrámonos no universo de María Oruña, unha das nosas autoras máis destacadas, cuxos recunchos literarios forman parte imprescindible do Mapa Literario de Vigo. 📖

Queres descubrir exactamente en qué localizacións se desenvolven as súas tramas e percorrer a cidade a través das súas letras?

👇 Podes explorar o mapa interactivo e coñecer todos os detalles sobre esta novela e a súa autora aquí: 🔗 https://mapaliterariodevigo.com/el-albatros-negro-maria-oruna/

🌊📖 No verán, que mellor plan ca unha lectura que transcorra ao carón do mar? Recomendámosvos varios libros perfectos par...
22/07/2026

🌊📖 No verán, que mellor plan ca unha lectura que transcorra ao carón do mar?

Recomendámosvos varios libros perfectos para acompañarvos no percorrido da Liña 5 do Mapa Literario de Vigo.

Que mellor forma de g***r do bo tempo ca ler nas praias da nosa cidade? ☀️🏖️

Aquí vos deixamos algunhas suxestións segundo a vosa parada:

📍 Samil: Nada que perder, de Susana Fortes.
📍 O Vao: El cielo sobre Canfranc, de Rosario Raro.
📍 Calzoa: O albatros negro, de María Oruña.
📍 Fuchiños: Un lume azul, de Pedro Feijoo.

🚌 Percorrido da Liña 5: Saiáns – San Miguel – Cabo Estai – Canido – Coruxo – Alcabre – Bouzas.

Cal vai ser a túa próxima lectura de praia? 👇 déixanos un comentario!

📚 Próxima parada: Fran AlonsoMoi pronto, "Cáncara" formará parte do noso Mapa Literario! Aínda que a maior parte da nove...
25/06/2026

📚 Próxima parada: Fran Alonso
Moi pronto, "Cáncara" formará parte do noso Mapa Literario!

Aínda que a maior parte da novela se desenvolve no Val Miñor, prepárate para facer transbordo nas seguintes liñas:

🚉 Liñas 3 e C

Animámoste a coñecer a singular historia da vaca Pinta! ☀️📖

XERAIS
Libraría Cartabón

📚 Próxima parada: Luis García-Rey!Un pracer escoitar ao autor na presentación de "Chantaje" en Vigo de papel.Moi pronto,...
19/06/2026

📚 Próxima parada: Luis García-Rey!

Un pracer escoitar ao autor na presentación de "Chantaje" en Vigo de papel.
Moi pronto, esta novela formará parte do noso Mapa Literario! 🗺️✨
Se buscas unha boa lectura para estas vacacións, esta é ideal.

Non a deixedes pasar! ☀️📖

📚 Próxima parada: Manuel JaboisMoi pronto “La víspera” formará parte do noso Mapa Literario! Prepárate para facer transb...
11/06/2026

📚 Próxima parada: Manuel Jabois
Moi pronto “La víspera” formará parte do noso Mapa Literario! Prepárate para facer transbordo nas seguintes liñas:
🚉 Liñas 3, 6, 8, C e E
Unha lectura máis que recomendada para este verán. Non a deixedes escapar! ☀️📖


Alfaguara

🟠 Liña 4 “Travesía – Teis”Presidido polo barrio de Teis, coñecido polo seu carácter obreiro e a súa beleza natural, a pa...
08/01/2026

🟠 Liña 4 “Travesía – Teis”
Presidido polo barrio de Teis, coñecido polo seu carácter obreiro e a súa beleza natural, a paisaxe elévase cara ao promontorio do monte da Guía, un dos mellores miradoiros sobre a ría de Vigo. Aos seus pés esténdese a praia da Punta, integrada na ETEA, hoxe convertida nun paseo marítimo que deixou atrás o seu pasado militar.

Este barrio segue sendo un dos escenarios recorrentes en infinidade de novelas grazas á súa contorna natural, o seu legado industrial e o recordo da revolución obreira do 72.

🔗 Ligazón: https://mapaliterariodevigo.com/libros/lina4/




Teis Veciños
de Vigo

Dirección

Avenida Martínez Garrido
Vigo
36205

Horario de Apertura

Lunes 17:00 - 20:30
Martes 10:00 - 14:00
17:00 - 20:30
Miércoles 10:00 - 14:00
17:00 - 20:30
Jueves 10:00 - 14:00
17:00 - 20:30
Viernes 10:00 - 14:00
17:00 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mapa Literario de Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría