Conservatorio Superior de Vigo

Conservatorio Superior de Vigo ¡Benvidos!

📢Ampliouse o prazo de matrícula para as probas de acceso ao Máster ata o martes 23 de xuño! 🗓️Se tedes algunha dúbida 💬,...
18/06/2026

📢Ampliouse o prazo de matrícula para as probas de acceso ao Máster ata o martes 23 de xuño! 🗓️
Se tedes algunha dúbida 💬, podedes consultar a páxina principal do conservatorio 👉🏼www.csmvigo.com ou contactar co director do Máster no seguinte correo electrónico 📩 [email protected]

📢 Info sobre o Máster en Creación, Interpretación e Investigación Musical do Conservatorio Superior de Música de Vigo!🗓️...
09/06/2026

📢 Info sobre o Máster en Creación, Interpretación e Investigación Musical do Conservatorio Superior de Música de Vigo!

🗓️ Do 12 ao 19 de xuño poderás formalizar a túa inscrición nas probas, que se celebrarán nos primeiros días de xullo.

✅ Revisa con atención toda a documentación e os méritos que presentes, xa que só se valorará aquela que estea correctamente xustificada.

🎼 Para a proba de Interpretación, recomendamos a realización en directo. Se optas por gravación en CD/DVD, lembra que debe ser unha única toma realizada despois do 31 de maio de 2026.

🌍 O certificado B1 de inglés poderá entregarse ata o 30 de novembro.

📩 Dúbidas ou consultas? Contacta con: [email protected]

🚀 Non deixes pasar a oportunidade!

O Conservatorio Superior de Música de Vigo continúa fortalecendo os seus lazos internacionais a través do programa Erasm...
09/06/2026

O Conservatorio Superior de Música de Vigo continúa fortalecendo os seus lazos internacionais a través do programa Erasmus+.

Durante a nosa estancia na Academia de Música da Universidade de Sarajevo (UNSA) tivemos a oportunidade de comprobar a extraordinaria acollida do seu profesorado e alumnado, así como de avanzar en novas vías de colaboración institucional entre ambas institucións.

Como culminación desta enriquecedora experiencia, celebrouse un concerto conxunto protagonizado por Cristina García Lomba (piano) e Esteban Valverde (clarinete), en representación do CSM Vigo, xunto con Belma Alić (violonchelo) pola Academia de Música da UNSA.

Unha experiencia musical e humana inesquecible que reforza o compromiso do CSM Vigo coa internacionalización, o intercambio cultural e a excelencia artística.

06/06/2026

🎶✨ Deixámosvos as intervencións musicais que tiveron lugar durante o Acto de Graduación celebrado o pasado xoves. 🎓

Nestes vídeos poderedes contemplar as magníficas interpretacións de Oswaldo Costal xunto a Estefanía Abeledo, así como a emotiva interpretación de Severino Ortiz e Cristina Barriga. 🎵👏

Agardamos que as disfrutedes 🎶❤️

🎓✨ O pasado xoves celebramos a graduación da promoción do Grao 2022-2026 e do Máster 2025-2026 nun acto cheo de emoción,...
06/06/2026

🎓✨ O pasado xoves celebramos a graduación da promoción do Grao 2022-2026 e do Máster 2025-2026 nun acto cheo de emoción, música e momentos inesquecibles ❤️🎶

Da man do noso vicedirector, Ignacio Fernández, vivimos unha tarde moi especial na que non faltaron as palabras cheas de sentimento de Esteban Valverde, director do centro, e de Luisa Sánchez, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra. Tamén puidemos escoitar os emotivos discursos en representación do alumnado de Grao e Máster, cheos de lembranzas ✨

As intervencións da madriña Rosa Gayoso e do padriño Oswaldo Costal, a entrega dos premios dos concursos do centro e a imposición das becas converteron a xornada nunha celebración para o recordo🎓🌹

A música puxo a banda sonora perfecta da man de Oswaldo Costal, Estefanía Abeledo, Severino Ortiz e Cristina Barriga 🎵

Parabéns a todo o alumnado graduado! Moita sorte nesta nova etapa 💙🎓

E mañá venres poñemos fin ao Festival NAS ONDAS 2026, co ciclo   🎼💥Ás 20:00 horas, no Auditorio Martín Códax: Concerto d...
04/06/2026

E mañá venres poñemos fin ao Festival NAS ONDAS 2026, co ciclo 🎼💥

Ás 20:00 horas, no Auditorio Martín Códax: Concerto de Premiados no XII Concurso de Música de Cámara do CSMVigo 🎹

Non faltes a esta festa final! Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta intensa programación, ao longo de tantos meses... 🥳

E o mañá xoves 4, ás 19:00 horas no Auditorio Martín Códax... Acto de Graduación e Clausura do Curso Académico 2025-2026...
03/06/2026

E o mañá xoves 4, ás 19:00 horas no Auditorio Martín Códax...

Acto de Graduación e Clausura do Curso Académico 2025-2026

Cunha entrega de Premios e a Estrea da obra gañadora do XIV Concurso de Composición Martín Códax!

Vindes? Imos poñendo fin a 💥

Chegamos aos últimos eventos do festival NAS ONDAS 2026... 💥Hoxe martes 2, ás 20:00 horas no Auditorio Martín Códax: ORQ...
02/06/2026

Chegamos aos últimos eventos do festival NAS ONDAS 2026... 💥

Hoxe martes 2, ás 20:00 horas no Auditorio Martín Códax:
ORQUESTRA BARROCA do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Concerto Grosso

Pavel A. Ayala (director)
Mira Glodeanu (directora invitada)

Non faltes!

29/05/2026

🎶✨ Deixámosvos con esta fantástica interpretación da Banda de Música do Conservatorio Superior de Música de Vigo, baixo a dirección de Juan Carlos Díaz, o pasado mércores 27 no Auditorio Martín Códax 👏🏼🪊

🎼 Audivi Media Nocte (Oliver Waespi).

Agardamos que disfrutedes tanto coma nós! 😊🎵

E este xoves e venres, chega ao festival NAS ONDAS 2026, a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vi...
26/05/2026

E este xoves e venres, chega ao festival NAS ONDAS 2026, a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo 🎼

Xoves 28, 20:00 horas: na Concatedral-Basílica de Santa María de Vigo
Venres 29, 20:00 horas: na Catedral de Santa María de Tui

Non podedes perder esta oportunidade 💥

Dirección

Manuel Olivie, 23
Vigo
36203

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:00 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Teléfono

+34986471144

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Conservatorio Superior de Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Conservatorio Superior de Vigo:

Compartir