Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas A biblioteca, pon énfase no desenvolvemento de servizos e recursos adaptados ás necesidades culturais e informativas específicas do seu contorno.

A biblioteca “Xosé Neira Vilas” é unha biblioteca pública, tanto pola titularidade, que é municipal, como polas persoas ás que se dirixe: ao conxunto da cidadanía sen ningún tipo de distinción de idade, raza, s**o, relixión, condición ou opinión, en contraposición ás bibliotecas de acceso restrinxido (investigación, escolares, universitarias, etc.). Queremos converter a nosa Fan Page de Facebook

nun punto de encontro para todo o público amante da lectura, un espazo no que intercambiar opinións e no que terán cabida todos os puntos de vista sempre que sexan expresados de forma respectuosa e non ofensiva para o resto das persoas usuarios da páxina.

📚 UNHA HISTORIA. DOUS TEMPOSHai historias que comezan no pasado e continúan no presente.Historias nas que as vidas de di...
04/09/2026

📚 UNHA HISTORIA. DOUS TEMPOS

Hai historias que comezan no pasado e continúan no presente.
Historias nas que as vidas de diferentes xeracións se cruzan, segredos familiares saen á luz e o que aconteceu hai décadas segue tendo consecuencias hoxe.

⏳📖 Na mostra bibliográfica deste mes reunimos libros nos que pasado e presente dialogan, historias familiares, sagas, lembranzas e misterios que viaxan dunha xeración a outra.

Porque ás veces, para entender o presente, hai que volver atrás.

✨ Achégate á biblioteca e descubre a mostra “Unha historia. Dous tempos”.

Quizais entre estas historias atopes a próxima que che gustaría ler.

01/09/2026
🌱 UNHA PEQUENA SEMENTE, UNHA GRAN AVENTURA 💚A nosa proposta “Adopta unha semente” segue en marcha… e aínda quedan sement...
19/08/2026

🌱 UNHA PEQUENA SEMENTE, UNHA GRAN AVENTURA 💚

A nosa proposta “Adopta unha semente” segue en marcha… e aínda quedan sementes esperando unha familia! 🌿

Se pasaches pola biblioteca e aínda non te animaches, ou se acabas de descubrir a actividade, agosto é o momento perfecto para comezar.

Leva unha semente, dálle os teus coidados e sorpréndete vendo como, pouco a pouco, vai medrando. 💧🌱✨

E lembra: non hai dúas sementes iguais nin dúas historias iguais. 😊

📍 Pásate pola Biblioteca Xosé Neira Vilas e adopta a túa!

💚 Queres ver ata onde pode chegar a túa semente?

ℹ️ https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/event/adopta-unha-semente/

🌱 BUSCAMOS FAMILIAS ADOPTIVAS! 💚A biblioteca pon en marcha un ano máis “Adopta unha semente” e ti podes formar parte des...
10/08/2026

🌱 BUSCAMOS FAMILIAS ADOPTIVAS! 💚

A biblioteca pon en marcha un ano máis “Adopta unha semente” e ti podes formar parte desta aventura.

🌱 Leva unha semente
💧 Coida dela
🌿 Observa como medra
📸 Comparte a súa evolución
🤝 Intercambia experiencias coa comunidade

Durante o mes de agosto poderás adoptar a túa semente na biblioteca.

Preparádevos para unha experiencia que medra pouco a pouco… 🌱✨

Quen se anima a adoptar?

ℹ️https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/event/adopta-unha-semente/

Aquí deixámosvos a nosa programación de agosto.
31/07/2026

Aquí deixámosvos a nosa programación de agosto.

HORARIOA PARTIR DO DÍA 15 DE XUÑO AO 15 DE SETEMBRO (INCLUIDOS )De luns a venres :  MAÑÁ: 10 h. 14, 00 h. TARDE: 18 h. a...
27/07/2026

HORARIO

A PARTIR DO DÍA 15 DE XUÑO AO 15 DE SETEMBRO (INCLUIDOS )

De luns a venres : MAÑÁ: 10 h. 14, 00 h. TARDE: 18 h. a 20,30h.

Sábado : MAÑÁ: 10 h. a 14 h.

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

🎥 Este mes a pantalla tamén se enche de novidades. Bota unha ollada aos novos DVD da biblioteca!
24/07/2026

🎥 Este mes a pantalla tamén se enche de novidades. Bota unha ollada aos novos DVD da biblioteca!

A biblioteca Neira Vilas acolle unha nova edición de Cita a Cegas, onde podes atopar novas historias para pasar este ver...
23/07/2026

A biblioteca Neira Vilas acolle unha nova edición de Cita a Cegas, onde podes atopar novas historias para pasar este verán.

Mapa Literario de Vigo
22/07/2026

Mapa Literario de Vigo

🌊📖 No verán, que mellor plan ca unha lectura que transcorra ao carón do mar?

Recomendámosvos varios libros perfectos para acompañarvos no percorrido da Liña 5 do Mapa Literario de Vigo.

Que mellor forma de g***r do bo tempo ca ler nas praias da nosa cidade? ☀️🏖️

Aquí vos deixamos algunhas suxestións segundo a vosa parada:

📍 Samil: Nada que perder, de Susana Fortes.
📍 O Vao: El cielo sobre Canfranc, de Rosario Raro.
📍 Calzoa: O albatros negro, de María Oruña.
📍 Fuchiños: Un lume azul, de Pedro Feijoo.

🚌 Percorrido da Liña 5: Saiáns – San Miguel – Cabo Estai – Canido – Coruxo – Alcabre – Bouzas.

Cal vai ser a túa próxima lectura de praia? 👇 déixanos un comentario!

Dirección

Avenida De Emilio Martínez Garrido, 21
Vigo
36205

Horario de Apertura

Lunes 17:00 - 20:30
Martes 10:30 - 14:00
17:00 - 20:30
Miércoles 10:30 - 14:00
17:00 - 20:30
Jueves 10:30 - 14:00
17:00 - 20:30
Viernes 10:30 - 14:00
17:00 - 20:30
Sábado 10:30 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría