Partido Popular de Verín

Partido Popular de Verín Perfil oficial do Partido Popular de Verín
💙Por e para Verín💙

🇪🇸 VERÍN, CON CEUTAHoxe, o Partido Popular de Verín participou na concentración celebrada na praza do Concello para most...
02/09/2026

🇪🇸 VERÍN, CON CEUTA

Hoxe, o Partido Popular de Verín participou na concentración celebrada na praza do Concello para mostrar o seu apoio e solidariedade con Ceuta.

Unha mobilización cívica e pacífica coa que Verín se sumou á voz de numerosos municipios de toda España.

Ceuta non está soa. España está con Ceuta. 🇪🇸

🇪🇸 TODOS CON CEUTA 🇪🇸Este mércores, 2 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar na Praza do Concello de Verín unha concent...
01/09/2026

🇪🇸 TODOS CON CEUTA 🇪🇸

Este mércores, 2 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar na Praza do Concello de Verín unha concentración en apoio a Ceuta.

Queremos convidar a todos os veciños e veciñas de Verín e da comarca a participar na concentración convocada pola FEMP e mostrar, coa súa presenza, a nosa solidariedade, apoio e compromiso con Ceuta.

É momento de estar unidos e facer sentir o noso apoio. A túa presenza tamén conta.

📍 Praza do Concello de Verín
📅 Mércores, 2 de setembro
⏰ 20:00 horas

A Xunta Xestora do PP de Verín propón aos órganos do partido, e por unanimidade, a Víctor Baladrón como candidato á alca...
31/08/2026

A Xunta Xestora do PP de Verín propón aos órganos do partido, e por unanimidade, a Víctor Baladrón como candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2027.

👉🏻 Pola súa traxectoria e experiencia como concelleiro de Goberno e na oposición, así como o seu traballo diario como deputado autonómico e vicepresidente da Xestora do PP verinés na actualidade.

Hai proxecto, hai equipo e moita ilusión: Verín merece un cambio, e ese cambio é o proxecto do Partido Popular de Verín. 💙

30/08/2026

🛍️ Hoxe Verín encheuse de vida coa primeira edición de DESESTOCA, a Feira de Stock dos Comercios de Verín.

👉🏻 Unha iniciativa para apoiar e dar visibilidade ao comercio local, achegar os establecementos á rúa e seguir dinamizando a nosa vila. A xornada, organizada por AEVER e o Centro Comercial Urbano Verín, conta tamén co apoio da Xunta de Galicia.

💙 Dende o PP de Verín seguiremos apoiando iniciativas que favorezan aos nosos comerciantes e contribúan a xerar actividade e oportunidades no municipio.

29/08/2026

🌳 Hoxe estivemos en Cerdedo-Cotobade no tradicional inicio do curso político do Partido Popular, xunto a Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda e compañeiros de toda Galicia.

👉🏻 Un novo curso que comeza coa forza do municipalismo, coa defensa dos intereses de Galicia e co compromiso de seguir traballando por uns concellos con máis oportunidades e mellores servizos.

💙 Dende o PP de Verín afrontamos esta nova etapa coa mesma responsabilidade e co obxectivo claro de seguir escoitando aos veciños e traballando por Verín.

🚨 Así está Verín en pleno verán.👉🏻 Pasos de peóns mal pintados ou practicamente inexistentes, lixo nas rúas, contedores ...
28/08/2026

🚨 Así está Verín en pleno verán.

👉🏻 Pasos de peóns mal pintados ou practicamente inexistentes, lixo nas rúas, contedores sen recoller, pintadas nas paredes e sumidoiros sucios.

👀 Esta é a imaxe que atopan cada día os veciños e tamén todas as persoas que nos visitan nestas datas.

‼️ Verín necesita máis limpeza, máis mantemento e máis atención ao espazo público. Non é cuestión de grandes anuncios, senón de facer ben o básico.

🔵 Dende o PP de Verín esiximos ao Goberno local de PSOE e BNG que deixe de mirar para outro lado e actúe. Os verineses merecen unha vila coidada, limpa e á altura do que é Verín.

28/08/2026

✈️ Este sábado celebramos o noso tradicional inicio do curso político en Cerdedo Cotobade.

🗣️ Alberto Núñez Feijóo
🗣️ Alfonso Rueda Valenzuela
🗣️ Luis López Diéguez
🗣️ Jorge Cubela López

🕒 11:30
📍 Carballeira de San Xusto

Presentámosvos ao novo grupo municipal do PP de Verín 👇🏻🔹 Bernardo Rodríguez🔹 Tamara Velázquez 🔹 Benito Quiñones 🔹 Celes...
27/08/2026

Presentámosvos ao novo grupo municipal do PP de Verín 👇🏻

🔹 Bernardo Rodríguez
🔹 Tamara Velázquez
🔹 Benito Quiñones
🔹 Celestino Cid

Pendentes de formalizar as súas actas en pleno, afrontan esta responsabilidade con ilusión, compromiso e moitas ganas de traballar polos veciños.

Sumamos ilusión, experiencia e compromiso para seguir construíndo unha alternativa sólida para Verín. 💙

🛍️ Unha iniciativa que nos gusta e á que vos animamos a asistir. Este domingo, vémonos na Alameda!
26/08/2026

🛍️ Unha iniciativa que nos gusta e á que vos animamos a asistir. Este domingo, vémonos na Alameda!

24/08/2026

𝗩𝗲𝗿í𝗻 𝗽𝗿𝗲𝗰𝗶𝘀𝗮 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗮𝗹𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮.

A do 𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗼 𝗣𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿, que traballa para reforzarse, ampliar equipo e ofrecer un proxecto de futuro a todos os verineses e verinesas.

Dirección

Avenida Luis Espada, 59, Baixo
Verín
32600

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Partido Popular de Verín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Partido Popular de Verín:

Atajos

Compartir

Categoría