07/09/2026
☀️🏊 𝗔𝘀 𝗽𝗶𝘀𝗰𝗶𝗻𝗮𝘀 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀 𝗱𝗮 𝗚𝗿𝗮𝗻𝘅𝗮 𝗽𝗲𝗿𝗺𝗮𝗻𝗲𝗰𝗲𝗿𝗮́𝗻 𝗮𝗯𝗲𝗿𝘁𝗮𝘀 𝗮𝘁𝗮 𝗼 𝗱𝗼𝗺𝗶𝗻𝗴𝗼 𝟭𝟯 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼
Ante a previsión de altas temperaturas para os próximos días, o Concello de Verín amplía a temporada de apertura das piscinas municipais descubertas de A Granxa.
Deste xeito, as instalacións continuarán abertas ao público 𝗮𝘁𝗮 𝗼 𝗽𝗿𝗼́𝘅𝗶𝗺𝗼 𝗱𝗼𝗺𝗶𝗻𝗴𝗼, 𝟭𝟯 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼, para que veciñanza e visitantes poidan seguir desfrutando deste espazo e combater a calor.
💦 Aproveitade estes últimos días de piscina!