Mancomunidade de Verín CIM

Mancomunidade de Verín CIM Iniciativas do C.I.M. localizado na comarca de Verín (Ourense)
Non atendemos consultas por meseenger O C.I.M.

da Mancomunidade de Verín ofrece atención psicolóxica, legal, social, laboral e educativa nos sete concellos que forman parte da comarca. É un centro multidisciplinar e integral de carácter público situado en Verín.

📸 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗥𝗜́𝗔 𝗗𝗘 𝗙𝗢𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢𝗦 𝗡𝗢𝗦𝗢𝗦 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗩𝗘𝗥𝗔́𝗡O C.I.M. este verán achegouse os concellos de Laza, Verín, Vilardevós e C...
20/08/2026

📸 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗥𝗜́𝗔 𝗗𝗘 𝗙𝗢𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢𝗦 𝗡𝗢𝗦𝗢𝗦 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗩𝗘𝗥𝗔́𝗡

O C.I.M. este verán achegouse os concellos de Laza, Verín, Vilardevós e Castrelo do Val 😊 para achegar algo de diversión, coeducación e tempo de calidade en familia.

Grazas os concellos colaboradores por participar nesta iniciativa e permitir que os títeres e o teatro cheguen as aldeas!

📸🎭💛

20/08/2026

Este verán recibimos a Pedriño Mendrugo 😍❤️ que nos trouxo a oportunidade de disfrutar en Verín, Castrelo do Val, Laza e Vilardevós dun espectáculo para familias. Vístelo? Gracias Pedriño por vir a vernos este verán 👏

💜 Unha oportunidade para avanzar (urxe a contratación)Desde o Centro de Información á Muller  intermediamos unha oferta ...
12/08/2026

💜 Unha oportunidade para avanzar (urxe a contratación)

Desde o Centro de Información á Muller intermediamos unha oferta de emprego cunha duración de 12 meses, xornada a 75%, dirixida a mulleres que intentan sair dunha situación de violencia de xénero.

O acceso ao emprego é unha ferramenta fundamental para recuperar e mellorar a independencia, a autonomía persoal e a autonomía económica, favorecendo novas oportunidades e a construción dun proxecto de vida propio.

🌱 12 meses de oportunidade, experiencia e crecemento.

📩 Se estás interesada, contacta co Centro de Información á Muller (CIM) da Manomunidade de Municipios da Comarca de Verín. Achega o teu CV por correo (iremos respondendo en medida do posible). URXE. Valoramos a experiencia en atención ó público, traballo en equipo e moitas ganas dunha nova aventura laboral 😊

Comparte a nova e segue a para máis oprtunidades

Trátase dunha oportunidade de emprego do CIM grazas á Mancomunidade de Muncipios da Comarca de Verín, Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, SEPE, e Pacto de Estado contra a VX do Ministerio de Igualdade.

𝐄𝐒𝐓𝐀́𝐒 𝐁𝐔𝐒𝐂𝐀𝐍𝐃𝐎 𝐏𝐋𝐀𝐍𝐒 𝐄𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐄𝐒𝐓𝐄 𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎 𝐍𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐀𝐑𝐂𝐀❓❓Pequeno Cabaret InfantilSábado, 8 de agostoVerín – 18:30 h...
05/08/2026

𝐄𝐒𝐓𝐀́𝐒 𝐁𝐔𝐒𝐂𝐀𝐍𝐃𝐎 𝐏𝐋𝐀𝐍𝐒 𝐄𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐄𝐒𝐓𝐄 𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎 𝐍𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐀𝐑𝐂𝐀❓❓

Pequeno Cabaret Infantil

Sábado, 8 de agosto
Verín – 18:30 h | Praza García Barbón de Verín
Castrelo do Val – 20:00 h | O Terrón en Castrelo do Val

Venres, 14 de agosto
Vilardevós – 18:00 h | Praza do Cruceiro de Vilardevós
Laza – 20:30 h | Praza da Picota de Laza

Nesta iniciativa participan os concellos de Verín, Vilardevós, Castrelo do Val e Laza a través das súas ludotecas. Grazas o Plan Corresponsables, Ministerio de Igualdade, Xunta de Galicia e Xacobeo 2026.

+ info:
https://www.mancoverin.es/2026/07/24/cultura-que-transforma-ocio-comunitario-pola-corresponsabilidade-chega-a-comarca-de-verin/

𝐀 𝐌𝐚𝐧𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐢𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐫𝐢́𝐧 𝐚𝐩𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐭𝐚𝐥𝐞𝐧𝐭𝐨, 𝐚 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐨 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐠𝐨 𝐝𝐚 𝐦𝐨𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞O Obradoiro ...
31/07/2026

𝐀 𝐌𝐚𝐧𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐢𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐫𝐢́𝐧 𝐚𝐩𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐭𝐚𝐥𝐞𝐧𝐭𝐨, 𝐚 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐨 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐠𝐨 𝐝𝐚 𝐦𝐨𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞

O Obradoiro de Emprego e o Programa de Formación-Emprego Talento Mozo ofrecen unha oportunidade para que persoas mozas maiores de 18 anos, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquiran formación, experiencia profesional e unha cualificación que facilite a súa incorporación ao mercado laboral.

Nesta edición impartiranse dous certificados de profesionalidade de nivel 2. É requisito ser demandantes de emprego no SEPE, cumprir os requisitos de formación mínima esixida (ESO) e límite de idade:

🍏 Fruticultura, orientada á produción, mantemento e aproveitamento sostible de cultivos froiteiros.

🤝 Atención sociosanitaria a persoas en institucións.

Durante 12 meses, o alumnado combinará formación teórico-práctica con traballo remunerado, adquirindo experiencia profesional e competencias que mellorarán a súa empregabilidade.

+ información: 👇

Just another WordPress site

𝗧𝗘𝗦 𝗢 𝗧𝗘𝗨 𝗙𝗜𝗟𝗟𝗢/𝗔 𝗡𝗔 𝗟𝗨𝗗𝗢𝗧𝗘𝗖𝗔 𝗗𝗘 𝗩𝗘𝗥𝗔́𝗡? 🎭💜Moi pronto, os nenos e nenas das ludotecas de Verín, Castrelo do Val, Laza e ...
31/07/2026

𝗧𝗘𝗦 𝗢 𝗧𝗘𝗨 𝗙𝗜𝗟𝗟𝗢/𝗔 𝗡𝗔 𝗟𝗨𝗗𝗢𝗧𝗘𝗖𝗔 𝗗𝗘 𝗩𝗘𝗥𝗔́𝗡? 🎭💜

Moi pronto, os nenos e nenas das ludotecas de Verín, Castrelo do Val, Laza e Vilardevós levarán á casa unha invitación moi especial para asistir en familia ao espectáculo de títeres "Brunx, o marciano" e a un Cabaret Educativo Infantil.

Pero esa invitación traerá tamén unha mensaxe para compartir e reflexionar en familia...

💜 Papá... quen coida tamén educa.

Cambiar un cueiro. Preparar unha mochila. Levar e recoller. Escoitar. Xogar. Consolar.

Iso non é "axudar". É corresponsabilidade.

Cada vez que compartimos os coidados e as tarefas do fogar estamos construíndo familias máis unidas, máis igualitarias e con máis tempo para desfrutar xuntas.

📚 Sabías que compartir as tarefas domésticas tamén é unha forma de educar? Cada xesto que fas hoxe convértese no exemplo que seguirán mañá os teus fillos e fillas.

A entrada os espectáculos é libre:

Teatro de Títeres “BRUNX EL MARCIANO”

Luns, 10 de agosto
Verín – 10:30 h | Praza do Concello de Verín

Vilardevós – 12:30 h | Casa da Cultura de Vilardevós

Martes, 11 de agosto
Castrelo do Val – 10:30 h | CEIP Raúl Fernández de Castrelo do Val

Laza – 12:00 h | Pavillón Deportivo de Laza

Pequeno Cabaret Infantil

Sábado, 8 de agosto
Verín – 18:30 h | Praza García Barbón de Verín

Castrelo do Val – 20:00 h | O Terrón en Castrelo do Val

Venres, 14 de agosto
Vilardevós – 18:00 h | Praza do Cruceiro de Vilardevós
Laza – 20:30 h | Praza da Picota de Laza

Queremos agradecer a colaboración dos Concellos de Verín, Castrelo do Val, Laza e Vilardevós por facer posible que esta mensaxe de sensibilización sobre a educación en igualdade chegue ás familias.

Este proxecto está financiado a través do Plan Corresponsables, co apoio do Ministerio de Igualdade, da Xunta de Galicia e de Xacobeo 2026.

𝐄𝐒𝐓𝐀́𝐒 𝐁𝐔𝐒𝐂𝐀𝐍𝐃𝐎 𝐏𝐋𝐀𝐍𝐒 𝐄𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐄𝐒𝐓𝐄 𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎 𝐍𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐀𝐑𝐂𝐀❓❓ 𝐋𝐎𝐆𝐎 𝐍𝐎𝐍 𝐏𝐄𝐑𝐃𝐀𝐃𝐄𝐒 𝐎 𝐍𝐎𝐒𝐎 𝐄𝐒𝐏𝐄𝐂𝐓𝐀́𝐂𝐔𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐓𝐈́𝐓𝐄𝐑𝐄𝐒 ❞𝐁𝐑𝐔𝐍𝐗 ...
30/07/2026

𝐄𝐒𝐓𝐀́𝐒 𝐁𝐔𝐒𝐂𝐀𝐍𝐃𝐎 𝐏𝐋𝐀𝐍𝐒 𝐄𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐄𝐒𝐓𝐄 𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎 𝐍𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐀𝐑𝐂𝐀❓❓ 𝐋𝐎𝐆𝐎 𝐍𝐎𝐍 𝐏𝐄𝐑𝐃𝐀𝐃𝐄𝐒 𝐎 𝐍𝐎𝐒𝐎 𝐄𝐒𝐏𝐄𝐂𝐓𝐀́𝐂𝐔𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐓𝐈́𝐓𝐄𝐑𝐄𝐒 ❞𝐁𝐑𝐔𝐍𝐗 𝐄𝐋 𝐌𝐀𝐑𝐂𝐈𝐀𝐍𝐎❞ 𝐄𝐍 𝐕𝐄𝐑𝐈́𝐍, 𝐂𝐀𝐒𝐓𝐑𝐄𝐋𝐎 𝐃𝐎 𝐕𝐀𝐋, 𝐕𝐈𝐋𝐀𝐑𝐃𝐄𝐕𝐎́𝐒 𝐄 𝐋𝐀𝐙𝐀❗ 𝐄𝐍𝐓𝐑𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐁𝐀𝐋𝐃𝐄

Este verán a convidou a "BRUNX" para que pase o mes de agosto aquí na nosa contorna.
«Brunx, o marciano» é unha divertida obra de títeres na que un simpático extraterrestre chega á Terra disposto a descubrir como viven as persoas. Ao longo da historia, e coa participación das nenas e dos nenos, aprenderá a importancia da cooperación, da igualdade e da corresponsabilidade nas tarefas cotiás. A través do humor, da música e da interacción co público, o espectáculo convida ás familias a reflexionar sobre o valor de compartir os coidados e as responsabilidades no fogar dunha forma amena e divertida.
Brunx para nós é moito máis que un títere, forma parte dun programa de sensibilización sobre valores que deseñamos no Centro de Información á Muller (C.I.M. da Mancomunidade de Verín).
Luns, 10 de agosto
Verín – 10:30 h | Praza do Concello de Verín
Vilardevós – 12:30 h | Casa da Cultura de Vilardevós

Martes, 11 de agosto
Castrelo do Val – 10:30 h | CEIP Raúl Fernández de Castrelo do Val
Laza – 12:00 h | Pavillón Deportivo de Laza

Compartide cos vosos amigos/as e seguide a para máis iniciativas como esta 😍

Nesta iniciativa participan os concellos de Verín, Vilardevós, Castrelo do Val e Laza a través das súas ludotecas. Grazas o Plan Corresponsables, Ministerio de Igualdade, Xunta de Galicia e Xacobeo 2026.

+ info:
https://www.mancoverin.es/2026/07/24/cultura-que-transforma-ocio-comunitario-pola-corresponsabilidade-chega-a-comarca-de-verin/

🔎 Buscamos profesional independente do ámbito do deporte.Valorarase especialmente experiencia en igualdade, prevención d...
28/07/2026

🔎 Buscamos profesional independente do ámbito do deporte.

Valorarase especialmente experiencia en igualdade, prevención das violencias machistas, formación e traballo con mocidade, así como coñecemento do ámbito deportivo.

Perfil profesional: psicólogo/a do ámbito deportivo, educador/a con experiencia no ámbito do deporte, Ciencias da actividade física e do deporte con especialidade en consultoría en igualdade e deporte...

📩 Se coñeces algún perfil que poida encaixar, agradecemos que nos envíes a información ou compartas esta publicación. Correo: cim @ mancoverin . gal

Este verán, no C.I.M. sumamos unha historiadora o noso equipo. Porque a   tamén se constrúe recuperando historias, facen...
24/07/2026

Este verán, no C.I.M. sumamos unha historiadora o noso equipo. Porque a tamén se constrúe recuperando historias, facendo visibles as que quedaron silenciadas e aprendendo do pasado para cambiar o futuro.

Se queres saber máis segue as nosas redes Mancomunidade de Verín CIM 🥰

Contamos coa colaboración do Concello de Verín, Concello de Catrelo do Val, Concello de Laza e Concello de Vilardevós.

Dirección

Rúa Irmáns Moreno 3, Baixo
Verín
32600

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mancomunidade de Verín CIM publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir