EVGal, Empresarios Veterinarios de Galicia

EVGal, Empresarios Veterinarios de Galicia Non deixes de visitar a nosa web e as nosas redes sociais e participa na súa dinámica. Son de todos nós e para todos.

Cantos máis de nós participemos na comunidade de EVGal, máis e mellor representatividade terá a nosa asociación.

VIGO, CAPITAL VETERINARIA GALEGA E MUNDIALSábado 7 / Domingo 8 / NovembroHotel Attica21 Vigo / SamilVI Asemblea de Empre...
14/09/2026

VIGO, CAPITAL VETERINARIA GALEGA E MUNDIAL
Sábado 7 / Domingo 8 / Novembro
Hotel Attica21 Vigo / Samil

VI Asemblea de Empresas Veterinarias de Galicia

VIGO, CAPITAL VETERINARIA MUNDIALfrom London, Tokyo to New YorkVI Asemblea de Empresas Veterinarias de Galicia
11/09/2026

VIGO, CAPITAL VETERINARIA MUNDIAL
from London, Tokyo to New York

VI Asemblea de Empresas Veterinarias de Galicia

Vigo, capital
09/09/2026

Vigo, capital

"𝑴𝒆 𝒉𝒂 𝒍𝒍𝒆𝒈𝒂𝒅𝒐 𝒆𝒔𝒕𝒆 𝒎𝒂𝒊𝒍 𝒄𝒐𝒏 𝒄𝒐𝒏𝒔𝒆𝒋𝒐𝒔 𝒔𝒐𝒃𝒓𝒆 𝒄𝒐𝒎𝒐 𝒎𝒆𝒋𝒐𝒓𝒂𝒓 𝒍𝒂𝒔 𝒓𝒆𝒅𝒆𝒔 𝒔𝒐𝒄𝒊𝒂𝒍𝒆𝒔" conta unha abnegada empresaria veterinaria ...
31/08/2026

"𝑴𝒆 𝒉𝒂 𝒍𝒍𝒆𝒈𝒂𝒅𝒐 𝒆𝒔𝒕𝒆 𝒎𝒂𝒊𝒍 𝒄𝒐𝒏 𝒄𝒐𝒏𝒔𝒆𝒋𝒐𝒔 𝒔𝒐𝒃𝒓𝒆 𝒄𝒐𝒎𝒐 𝒎𝒆𝒋𝒐𝒓𝒂𝒓 𝒍𝒂𝒔 𝒓𝒆𝒅𝒆𝒔 𝒔𝒐𝒄𝒊𝒂𝒍𝒆𝒔" conta unha abnegada empresaria veterinaria dalgún concello galego cando recibe unha mensaxe de Marketing Dixital dunha empresa madrileña que fai ver que é experta en xeración de contidos na social media das empresas veterinarias dende unha óptica 360 °. O e-mail comeza falando da volta ao cole.

𝗛𝗼𝗹𝗮 👋, 𝗦𝗲𝗽𝘁𝗶𝗲𝗺𝗯𝗿𝗲 𝗺𝗮𝗿𝗰𝗮 𝗹𝗮 𝘃𝘂𝗲𝗹𝘁𝗮 𝗮 𝗹𝗮 𝗿𝘂𝘁𝗶𝗻𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗺𝘂𝗰𝗵𝗮𝘀 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝘀 𝘆 𝘁𝗮𝗺𝗯𝗶é𝗻 𝗽𝘂𝗲𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗿 𝘂𝗻 𝗯𝘂𝗲𝗻 𝗺𝗼𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗿𝗲𝗻𝗼𝘃𝗮𝗿 𝗲𝗹 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗲𝗻𝗶𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝗹𝗮𝘀 𝗿𝗲𝗱𝗲𝘀 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝘁𝘂 𝗰𝗹í𝗻𝗶𝗰𝗮 𝘃𝗲𝘁𝗲𝗿𝗶𝗻𝗮𝗿𝗶𝗮.
𝗟𝗮 𝗰𝗹𝗮𝘃𝗲 𝗲𝘀𝘁á 𝗲𝗻 𝗮𝗽𝗿𝗼𝘃𝗲𝗰𝗵𝗮𝗿 𝘁𝗲𝗺𝗮𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝗵𝗼𝗿𝗮 𝗺𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗿𝗲𝘀𝘂𝗹𝘁𝗮𝗻 𝗿𝗲𝗹𝗲𝘃𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗹𝗼𝘀 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗶𝗲𝘁𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝘆 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗲𝗿𝘁𝗶𝗿𝗹𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗽𝘂𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗲𝘀 ú𝘁𝗶𝗹𝗲𝘀. 𝗔𝗽𝗿𝗼𝘃𝗲𝗰𝗵𝗮 𝗹𝗮 𝘃𝘂𝗲𝗹𝘁𝗮 𝗮 𝗹𝗮 𝗿𝘂𝘁𝗶𝗻𝗮. 𝗛𝗮𝗯𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗹𝗼𝘀 𝗽𝗿𝗼𝗯𝗹𝗲𝗺𝗮𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗲𝗺𝗽𝗶𝗲𝘇𝗮𝘀 𝗮 𝘃𝗲𝗿 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘂𝗹𝘁𝗮. 𝗨𝘁𝗶𝗹𝗶𝘇𝗮 𝗹𝗮𝘀 𝗱𝘂𝗱𝗮𝘀 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗽𝘁𝗶𝗲𝗺𝗯𝗿𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗳𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗲𝗻𝗶𝗱𝗼.
𝗣𝗿𝗼𝗯𝗹𝗲𝗺𝗮𝘀 𝗱𝗶𝗴𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗼𝘀 𝗱𝗲𝘀𝗽𝘂é𝘀 𝗱𝗲 𝘃𝗮𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗲𝘀. 𝗖𝗮𝗺𝗯𝗶𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗽𝗲𝘀𝗼. 𝗩𝘂𝗲𝗹𝘁𝗮 𝗮 𝗹𝗮 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱. 𝗣𝗮𝗰𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝘀𝗲𝗻𝗶𝗼𝗿 𝘆 𝗺𝗼𝘃𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱. 𝗣𝗿𝗲𝘃𝗲𝗻𝗰𝗶ó𝗻 𝘆 𝗿𝗲𝘃𝗶𝘀𝗶𝗼𝗻𝗲𝘀 𝗽𝗲𝗻𝗱𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀.

Aportan ideas que son coma pílulas de parafarmacia, sen prospecto, de como contar os vosos servizos. Fai así, non fagas destoutro xeito. Animan a contar o día a día veterinario. Ou mesmo a revisar grandes éxitos de likes das vosas redes. Nós podemos facelo por ti se non te ves capaz, bro, non te preocupes. Todo centralizado. Vós pagades e os prompts dunha IA fan o resto, xerando os vosos contidos coma se un exército de homes grises de 'Momo' de Michael Ende, estivera traballando ao servizo de todas as clínicas veterinarias do planeta. Imos facer, dende aquí unha defensa desas redes sociais con resaibo (en castelán, regusto) a cine de autor. Co pouso dunha longa xornada de luns cheo de urxencias e casos misteriosos que tardan días en saír á luz. E polo que sexa sempre aparecen os luns. As redes sociais deben ser a vosa voz. A nosa voz. As empresas veterinarias somos persoas antes que eseles. Ninguén pode falar por nós. É dicir, cada empresa é como cada persoa. Un perfil. Debe ter voz propia. Voz con acento do Salnés, da Terra Cha, da Mariña Lucense, de Monte Alto ou de Valdeorras. Con gheada e con seseo. As redes naceron en universidades dos EEUU para dotar de identidade a alumnas e alumnos ao tempo que se demostraba que xeraba grande interese conectar perfís en liña. Mesmo ata o punto de crear adicción, como sabemos hoxe. Benvidas e benvidos a este presente distópico. Queda inaugurado o novo curso académico 2026-2027!

Vaia melón 🍉 acaba de abrir a 𝐀𝐮𝐝𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐏𝐫𝐨𝐯𝐢𝐧𝐜𝐢𝐚𝐥 de Málaga ao revogar unha sentenza dun Xulgado de Primeira Instancia ...
27/08/2026

Vaia melón 🍉 acaba de abrir a 𝐀𝐮𝐝𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐏𝐫𝐨𝐯𝐢𝐧𝐜𝐢𝐚𝐥 de Málaga ao revogar unha sentenza dun Xulgado de Primeira Instancia que inicialmente descartaba unha mala praxe por parte dunha veterinaria 🩺 en Andalucía. Apunta, nunha nova sentenza para este polémico caso, que a veterinaria incumpriu a 𝓵𝓮𝔁 𝓪𝓻𝓽𝓲𝓼 ao administrar simultaneamente 💉 dúas vacinas a un bichón maltés de oito anos.

O 𝐩𝐫𝐨𝐜𝐞𝐝𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 iniciouse despois de que o propietario reclamara que se declarase a existencia de 𝕞𝕒𝕝𝕒 𝕡𝕣𝕒𝕩𝕖 e solicitara unha indemnización de 3.350 €, 3.000 € por danos morais e outros 350 € correspondentes ao valor de compra do animal. Pois ben, a 𝐀𝐮𝐝𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐏𝐫𝐨𝐯𝐢𝐧𝐜𝐢𝐚𝐥 de Málaga acaba de darlle a razón.

A cronoloxía dos feitos foi a seguinte. O can recibiu ás 19.00 h dúas 💉 💉 vacinas de distintos laboratorios, administradas respectivamente en cada lado do pescozo. Ás 23,30 h comezaron os síntomas e esa mesma noite morreu no seu domicilio. Segundo recolle a sentenza, a ficha técnica dunha das vacinas indicaba que non existía información dispoñible sobre a seguridade e eficacia do seu uso con calquera outro medicamento veterinario, polo que a decisión sobre a súa utilización antes ou despois doutro medicamento debía realizarse caso por caso. No apartado relativo a incompatibilidades establecía, así mesmo, que non debía mesturarse con ningún outro medicamento veterinario. A ficha técnica da outra vacina refería que existían datos de seguridade e eficacia para a súa administración con determinadas vacinas do mesmo laboratorio, pero que non había información dispoñible sobre a súa seguridade e eficacia con calquera outro medicamento veterinario distinto dos expresamente mencionados.

A partir de aquí temos dúas sentenzas contraditorias e moitas dúbidas para o colectivo veterinario, logo de que a necropsia determinara un fallo cardíaco asociado a unha patoloxía dexenerativa e un fallo metabólico hepatorrenal con hepatite crónica. Descartando que o falecemento fora producido por unha reacción anafiláctica. Diversos colexios e asociacións veterinarias, así como socias e socios de EVGAL, veñen de manifestar nos últimos días importantes discrepanciaa con algunhas das conclusions que recolle esta última sentenza.

+ info

https://www.diarioveterinario.com/t/5991478/condenan-veterinaria-mala-praxis-muerte-perro-horas-despues-vacunado?utm_source=newsletter&utm_medium=email&utm_campaign=Newsletter%20www.diarioveterinario.com

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) vén de facer pública unha resolución que sanciona á Consellería de Medi...
25/08/2026

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) vén de facer pública unha resolución que sanciona á Consellería de Medio Ambiente como responsable dunha brecha 🔓 de información sensible, e pola súa baixa seguridade informática, logo da filtración de datos persoais dunhas 40.000 persoas propietarias de animais de compañía. Ademais de datos como nomes, enderezos ou teléfonos, a 𝐛𝐫𝐞𝐜𝐡𝐚 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 tamén facilitou o acceso a documentos escaneados como o DNI. Segundo Protección de Datos, a propia Xunta admitiu que o acceso a esa documentación "podería dar lugar a que as persoas físicas afectadas puideran ser vítimas de usurpación de identidade.

En outubro de 2023 a Xunta informou a través do Diario Oficial de Galicia (DOG) de que un "incidente de seguridade informática" 🔍 afectara "aos datos persoais das persoas titulares de animais de compañía inscritos no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía de Galicia (REGIAC)", dependente da Consellería de Medio Ambiente. Tras aqueles feitos, Protección de Datos 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐮 unha investigación que agora conclúe cunha resolución que establece a responsabilidade da consellería.

Segundo a resolución, a brecha informática 🔒 iniciouse o 8 de setembro de 2023 e a consellería tivo coñecemento da mesma a través dunha alerta do Centro Criptolóxico Nacional os días 13 e 14. Pero a brecha non se deu por pechada ata o 22 de setembro e a Xunta 𝐧𝐨𝐧 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐨𝐮 á cidadanía a través do DOG ata o 3 de outubro coa publicación dun anuncio que tiña data do 29 de setembro.

A brecha tivo a súa orixe na usurpación das 𝐜𝐫𝐞𝐝𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞 𝐮𝐬𝐮𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬 lexítimos. Segundo recolle a resolución, o sistema non dispuña de medidas como a autenticación de dobre factor nin dun procedemento axeitado para xestionar e eliminar perfís inactivos. A AEPD tamén apunta que a falta de mecanismos avanzados de 🔦 monitorización dificultou a detección temperá do incidente, poñendo de manifesto a importancia de implantar medidas técnicas e organizativas proporcionais ao risco.

A propia Xunta recoñeceu que a extracción desta información podía expor ás persoas afectadas a riscos como a suplantación de identidade, campañas de phishing ou perda de control sobre os datos persoais. Aínda que non consta que os datos foran publicados ou vendidos en Internet, a AEPD considera que 𝐚 𝐚𝐮𝐬𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐝𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐚𝐜𝐫𝐞𝐝𝐢𝐭𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐧𝐨𝐧 𝐞𝐥𝐢𝐦𝐢𝐧𝐚 𝐚 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 por non ter aplicado medidas de seguridade axeitadas.

Xunta de Galicia

A 𝕬𝖚𝖉𝖎𝖊𝖓𝖈𝖎𝖆 𝕹𝖆𝖈𝖎𝖔𝖓𝖆𝖑 confirma que Veterinaria pertence ás Ciencias da Saúde e non ás Ciencias, nun caso dunha estudante ...
18/08/2026

A 𝕬𝖚𝖉𝖎𝖊𝖓𝖈𝖎𝖆 𝕹𝖆𝖈𝖎𝖔𝖓𝖆𝖑 confirma que Veterinaria pertence ás Ciencias da Saúde e non ás Ciencias, nun caso dunha estudante que debía devolver parte dunha bolsa. Confirma a obriga do reintegro parcial da bolsa, a unha estudante de Veterinaria da Universidade de Córdoba, tras determinar que o grao pertence á rama de Ciencias 🔬 da Saúde e non á de Ciencias. Esta clasificación supón que a alumna debería ter superado o 50 % dos créditos matriculados para conservar a axuda, en lugar do 40 % como defendía no seu recurso a estudante. O procedemento ten a súa orixe no curso 2020-2021.

Por conseguinte, Veterinaria pertence ás Ciencias da Saúde, segundo a 𝕬𝖚𝖉𝖎𝖊𝖓𝖈𝖎𝖆 𝕹𝖆𝖈𝖎𝖔𝖓𝖆𝖑. Por se alguén tiña algunha dúbida. A estudante alegaba que "la carrera de Veterinaria sí es carrera de ciencias" e que, en consecuencia, "le bastaba con superar el 40 % de los créditos en los que se había matriculado". Dende a Avogacía do Estado, pola contra, pedíase que se desestimara o recurso. Defendeuse que o Grao en Veterinaria está integrado na rama de 🩺 Ciencias da Saúde e non na de Ciencias ou Ensinanzas Técnicas, polo que a porcentaxe esixible era do 50 %.

A 𝕬𝖚𝖉𝖎𝖊𝖓𝖈𝖎𝖆 𝕹𝖆𝖈𝖎𝖔𝖓𝖆𝖑 apunta que, tras examinar o Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT), consta que "o Grao de Veterinaria da Universidade de Córdoba expedido pola Universidade de Córdoba pertence á rama de Ciencias da Saúde" e que na web da propia Universidade tamén figura que os estudos do Grao en Veterinaria pertencen "á rama de coñecemento de 💉 Ciencias da Saúde". Considera que a resolución recorrida é conforme a dereito. Desestímase, en definitiva, o recurso contencioso-administrativo interposto pola estudante contra o acordo da Secretaría de Estado de Educación.

𝑭𝒐𝒈𝒐𝒔 𝒐𝒖 𝒇𝒐𝒈𝒐𝒔 𝒅𝒆 𝒂𝒓𝒕𝒊𝒇𝒊𝒄𝒊𝒐 / 𝕊𝕦𝕓𝕤𝕥𝕒𝕟𝕥𝕚𝕧𝕠 𝕄𝕒𝕤𝕔𝕦𝕝𝕚𝕟𝕠 ℙ𝕝𝕦𝕣𝕒𝕝. "Conxunto de pezas explosivas que se queiman nun festexo e q...
13/08/2026

𝑭𝒐𝒈𝒐𝒔 𝒐𝒖 𝒇𝒐𝒈𝒐𝒔 𝒅𝒆 𝒂𝒓𝒕𝒊𝒇𝒊𝒄𝒊𝒐 / 𝕊𝕦𝕓𝕤𝕥𝕒𝕟𝕥𝕚𝕧𝕠 𝕄𝕒𝕤𝕔𝕦𝕝𝕚𝕟𝕠 ℙ𝕝𝕦𝕣𝕒𝕝. "Conxunto de pezas explosivas que se queiman nun festexo e que producen efectos ✨ luminosos e estoupidos".

Así recolle o diccionario online da ℝ𝕖𝕒𝕝 𝔸𝕔𝕒𝕕𝕖𝕞𝕚𝕒 𝔾𝕒𝕝𝕖𝕘𝕒 o tema que nos ocupa hoxe. Con motivo da eclipse 🔭 falouse de como este acontecemento astronómico extraordinario inflúe nas vidas de diferentes animais, dende grilos ou paxaros que interpretan que, como é noite, deben calar, ata cans ou gatos que poden poñerse nerviosos. Existe outro acontecemento extraordinario, pero evitable, que ocorre nos meses de xuño, xullo e agosto. E o resto do ano tamén. Son os fogos, os foguetes das festas, os petardos... Rara é a vivenda galega que, ao longo do verán, non se atopa sometida a un asedio pirotécnico. Cando non son as festas do patrón ou da patroa, son as do barrio, despois as da aldea do lado, posteriormente a aldea que rivaliza coa outra, ata ter pasado por unha odisea no período estival cunha banda sonora de bombas de palenque 🚀 entre ouveares, ladridos e choros de cans e gatos. Moitos cans e gatos teñen problemas cos ruídos fortes. Asústanse e sofren de estrés ou ansiedade tanto coas treboadas como cos fogos artificiais.

Hai casos que chegan a tratarse con produtos ansiolíticos (dende feromonas ou nutracéuticos, ata benzodiacepinas, dexmedetomidina ou clonidina). Baixo prescrición 🩺 veterinaria, claro. Noutros, poden ser unha solución as terapias de modificación de conduta, sempre complexas. Pero antes que isto a GEMCA (Grupo de Especialidade en Medicina do Comportamento Animal de AVEPA) propón a creación dun refuxio. A idea é proporcionarlles unha zona segura onde refuxiarse cando sintan medo. Un lugar novo que poida servir de agocho, que non relacionen co seu medo. Un "transportín" sen porta ou unha caixa grande poden valer. Son solucións caseiras para un problema que non debera existir.

Xa hai algunhas Concellerías de Festexos galegas que teñen probado a “pirotecnia sen ruído” nas súas celebracións, cunhas ordenanzas que recomendan ás comisións de festas e asociacións que “limiten” o uso de fogos 🚀 artificiais e artefactos pirotécnicos. As empresas deste sector contan con variantes “silenciosas”. En realidade, o que fan é evitar o uso de proxectís de grande calibre -que son os que provocan explosións máis ruidosas- e no seu lugar empregan elementos que deixan ronseis máis pequenos e que non provocan tanto ruído. Fogos, polo xeral, de menor tamaño que non xeran ⚡ estrelas tan altas, pero que poden ofrecer unha maior gama de cores que os máis explosivos. Este tipo de fogos adoita acompañarse de música e coreografías que enriquecen a experiencia, sen as explosións de ata 150 decibelios dos tradicionais, superando o recomendado pola Organización Mundial da Saúde.

Dirección

Avd. De Laza, 82
Verín
32600

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando EVGal, Empresarios Veterinarios de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a EVGal, Empresarios Veterinarios de Galicia:

Atajos

Compartir