17/08/2026
Boa tarde!!🌞
O vindeiro 20 de agosto ás 19:30horas, na Casa da Cultura, terá lugar a presentación do libro "La magia de Clementina",da escritora Sonia Fernandez Cabellos.
Foi publicado en novembro de 2025 pola editorial APULEYO, con ilustracións de Olga Cruz.
Sonia Fernández Cabellos ten unha gran sensibilidade, amante dos animais e da natureza, que, unido ao seu amor e dedicación aos máis pequenos, fai que culmine na súa gran paixón, escribir contos para o universo infantil.
Ten unha enorme forza interior, unha actitude positiva en todo o que fai, loitadora, buscadora da verdade, coas metas e obxectivos claramente definidos, persoa moi activa e cun gran ímpeto por aprender.
É o seu terceiro conto publicado, tras "La Lechuga Bailarina" a finais de 2021 e "El hijo Adoptivo" a principios de 2024.
A presentación está dirixida a todo o público, sendo entrada libre