PSOE Valdoviño

PSOE Valdoviño PSdG-PSOE Valdoviño�

01/06/2026
No pleno ordinario de abril, celebrado o pasado xoves 9, foi aprobada unha moción para a creación dun Consello de Memori...
17/04/2026

No pleno ordinario de abril, celebrado o pasado xoves 9, foi aprobada unha moción para a creación dun Consello de Memoria Democrática presentada polo BNG de Valdoviño. A proposta, que contou co voto favorable do PSOE de Valdoviño, súmase ás actividades de memoria democrática que o concello leva facendo dende 2015, tales como a eliminación de símbolos franquistas ou diversas actividades culturais relativas a esta materia.

Porén, o Partido Popular opúxose á moción por parecerlles innecesario o traballo de concienciación neste eido. Nós consideramos que si, que é necesario, que non se trata dunha cuestión de bandos nin de idades, senón dunha cuestión de concienciación e memoria daquelas persoas que, sobre todo no noso Concello, sufriron as consecuencias da ditadura.

Un día como hoxe queremos reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, e poñer en valor o papel da muller como piar d...
08/03/2026

Un día como hoxe queremos reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, e poñer en valor o papel da muller como piar da nosa sociedade. Se hoxe as mulleres votan, traballan e son libres de decidir por elas mesmas é porque moitas loitaron antes polos seus dereitos e porque, a día de hoxe, moitas siguen dispostas a loitar por mantelos; por iso, non podemos dar nin un paso atrás. En Valdoviño, somos e contamos✊🏻💜

07/03/2026
03/03/2026

O conselleiro de Educación négase a recibir ao alcalde de Valdoviño, Alberto González, de cara a creación dun instituto no municipio ❌

🌹 Aitor Bouza levará as reclamacións da cidadanía de Valdoviño ao Parlamento de Galicia

ℹ️ Máis info en https://f.mtr.cool/nrakzrbutk

Dende o PSdG de Valdoviño queremos transmitir o noso apoio aos familiares das vítimas e afectados do ocorrido en Adamuz.
19/01/2026

Dende o PSdG de Valdoviño queremos transmitir o noso apoio aos familiares das vítimas e afectados do ocorrido en Adamuz.

Xa era hora de que a Xunta de Galicia aceptara as propostas do PSOE de Valdoviño e da veciñanza, tras anos de insistenci...
18/01/2026

Xa era hora de que a Xunta de Galicia aceptara as propostas do PSOE de Valdoviño e da veciñanza, tras anos de insistencia, e recupere a entrada natural da Lagoa.

Aplaudimos esta nova, aínda que hai que lembrar que a propia voceira do PP de Valdoviño non aceptou as nosas propostas de recuperación mentres era a responsable da lagoa, sendo Directora Xeral de Patrimonio Natural.

Unha boa nova para o noso Concello. Celebramos o compromiso do Goberno do Estado con Valdoviño para traballar xuntos na ...
02/01/2026

Unha boa nova para o noso Concello. Celebramos o compromiso do Goberno do Estado con Valdoviño para traballar xuntos na recuperación dun espazo singular e de gran importancia para o noso Concello.
Un proxecto no que a recuperación ambiental debe conxugarse cos usos sociais e dos percebelleiros de Meirás.
Así, mentres o Estado pon sobre a mesa 114.000 euros para este proxecto, a posición da Consellería de Medioambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia é a de sancionar ao Concello por vertidos cando se trata dunha propiedade privada e non municipal.

Agardemos que esta posición mude a favor dun traballo conxunto entre as tres administracións.

08/12/2025

Últimos días para coller a Lotería de Nadal!
Se aínda non tés a túa, ponte en contacto con calquera concelleiro.

Dirección

Valdoviño

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSOE Valdoviño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir