PSdeG-PSOE Tomiño

PSdeG-PSOE Tomiño Páxina Oficial da Agrupación Socialista de Tomiño

💜 APROBADA POR UNANIME A NOSA MOCIÓN PARA DECLARAR UN TOMIÑO LIBRE DE PROSTITUCIÓN 🏛️📜 A prostitución non é un traballo;...
09/06/2026

💜 APROBADA POR UNANIME A NOSA MOCIÓN PARA DECLARAR UN TOMIÑO LIBRE DE PROSTITUCIÓN 🏛️

📜 A prostitución non é un traballo; é violencia de xénero ❌ e comercio cos corpos. Grazas á iniciativa das socialistas🌹, logramos que o Pleno aprobe por unanimidade declarar o noso concello libre de prostitución. Aínda que o paso do Goberno Local non é en absoluto contundente nin cumpre con todo o esixido na moción, recoñecemos que son pasos 👣 cara adiante para protexer ás vítimas, erradicar a demanda e dignificar as mulleres.

🤦‍♀️ Porén, o Goberno Local dilata o peche de locais onde todos saben que se exerce esta actividade. É unha irresponsabilidade e un desleixo maiúsculo que o servizo de urbanismo 📑 tardase ata o pasado mes de abril en emitir un informe e pedir máis papeleo, en lugar de actuar con firmeza 🛑. Preguntámonos abertamente que hai detrás desta pasividade: é unha clara neglixencia por parte das autoridades ou existen outros motivos?

🏫 A denuncia é URXENTE: este "garito" insano opera impunemente en fronte dunha aula de educación infantil 👶. O local conta cunha comunicación previa de cafetería-pub, pero incumpre horarios, a legalidade urbanística e acumula infinitas denuncias da Garda Civil 🚔 dende o ano 2025. Non imos calar ante este perigo para a nosa mocidade nin ante as reiteradas queixas da veciñanza 🗣️

Esiximos o peche inmediato xa! 🙅‍♀️


🚨 💸 🎭 O GOBERNO DE TOMIÑO REPARTE O DIÑEIRO PÚBLICO "A DEDO" E Á MARXE DA LEI.🛑 Tras a comisión de contas celebrada este...
05/06/2026

🚨 💸 🎭 O GOBERNO DE TOMIÑO REPARTE O DIÑEIRO PÚBLICO "A DEDO" E Á MARXE DA LEI.

🛑 Tras a comisión de contas celebrada este mes pasado, saltaron todas as alarmas: o goberno local acumula nada menos que 28 REPAROS de intervención por trocear contratos menores para esquivar as licitacións públicas.

🧼 Non falamos de casos illados; falamos de favorecer sempre aos mesmos: desde miles de euros en lixivia e limpeza, ata informática, xardinería ou proxectos urbanísticos de 15.000€ entregados sen concurso.

🤫 Ademais, seguen pagando complementos de produtividade arbitrarios a traballadores mentres publicamente se enchen a boca dicindo que son ilegais.

💬 Como ben sentencia a nosa voceira, Violeta de Santiago: "Con estes reparos sobre a mesa, votar a favor sería facerse cómplice do escurantismo".

🗣️ O diñeiro dos veciños e veciñas de Tomiño merece limpeza, transparencia e igualdade de oportunidades, non amiguismos. Xa basta de xestión escura!


🌿 Entrada a un xardín botánico salvaxe? 🚘🤦🌱 A herba xa pide paso. Así está a PO-344 en Sta. María de Tebra segundo a den...
04/06/2026

🌿 Entrada a un xardín botánico salvaxe? 🚘🤦

🌱 A herba xa pide paso. Así está a PO-344 en Sta. María de Tebra segundo a denuncia e as fotos que nos fixeron chegar varios veciños da zona. Como se pode ver na imaxe, a vexetación está a piques de comerse o asfalto por completo e case non hai espazo nin para pasar. ¡E isto é só un exemplo, porque a parroquia está toda neste estado ao igual que o resto do Concello!

⚠️ Moita présa para os veciños, ningunha para eles. Moito insistir e meter medo coa obriga de limpar as parcelas e os montes privados antes do 31 de maio... Pero esa lei non vai con eles? Para esixir e poñer multas corren moito, pero para dar exemplo teñen as estradas abandonadas de todo.

🏛️ Nin a Xunta limpa, nin o concello reclama. Esta estrada é de Santiago, pero alí parecen esquecer que Tomiño tamén existe. Mentres tanto, o goberno local mira para outro lado. O ano pasado tivo que facerse cargo outra institución porque aquí non se limpou ata setembro. Os que padecen este desastre todos os días son os veciños, non os que están nos despachos.

📢 Menos pasotismo e máis mantemento. Cómpre que quen ten a obriga de limpar se poña mans á obra xa, e que os de aquí preman con ganas para que as cunetas no acaben cubrindo os coches. ¡Os impostos si que veñen limpos todos os anos!


Pedro Sánchez 🌹 cumpre 8 anos de Goberno: "Mellorando a vida das persoas" 🏛️✨Dende o PSdeG-PSOE de Tomiño 🌹 destacamos o...
02/06/2026

Pedro Sánchez 🌹 cumpre 8 anos de Goberno: "Mellorando a vida das persoas" 🏛️✨

Dende o PSdeG-PSOE de Tomiño 🌹 destacamos o balance dunha xestión que transformou a economía e blindou os dereitos sociais:

* 💼 Traballo e Salarios: 📈 +66% no SMI, 💵 o salario medio medra un +23%, 📄 a temporalidade baixa 12 puntos, 👷 creáronse 3,5 millóns de empregos (🏆 récord de 22 millóns de afiliados) e 📉 o paro está en mínimos de 18 anos.

* 🏠 Dereitos e Benestar: 👵👴 a pensión media sube de 950€ a 1.400€, 👨‍👩‍👧‍👦 os permisos parentales medran a 19 semanas, 🔑 a inversión en vivenda multiplícase por 8 e 🛡️ o IMV protexe a máis de 1 millón de fogares.

* 🎓 Educación e Sanidade: 💰 máis de 2.500 millóns €/ano en becas, 🏫 +400.000 prazas de FP e 🩺 un +54% de prazas MIR para médicos.

* 📈 Futuro e Economía: 🇪🇺 o PIB medra un +12,3% (por riba da UE) e 🌿 deica as renovables xa xeran o 56% da electricidade.

Demostrando con feitos que outra forma de gobernar é posible. Queda moito por facer, ¡seguimos! 💪🌹


📚❤️ Moita sorte á mocidade de Tomiño na nova PAU!🌹Desde o PSdeG-PSOE de Tomiño queremos enviar toda a nosa forza e enerx...
01/06/2026

📚❤️ Moita sorte á mocidade de Tomiño na nova PAU!

🌹Desde o PSdeG-PSOE de Tomiño queremos enviar toda a nosa forza e enerxía aos mozos e mozas que mañá comezan os exames da selectividade no campus de Vigo.

🎒Sabemos o moito que traballastes no IES Antón Alonso Ríos e o preparados que ides para estrear este novo modelo de exame. Todo ese esforzo vai dar os seus froitos!

💪Mañá, cando esteades na facultade, respirade fondo e confiade no voso talento. O voso futuro non ten límites e Tomiño enteiro está con vós.

🍀 Ánimo, confianza e forza!!! 💪🌹


📢 O PSdeG-PSOE DE TOMIÑO DENUNCIA O PERIGO NAS RÚAS E A FALTA DE TRANSPARENCIA NO MERCADO DE GOIÁN 🏛️🕳️ O abandono das n...
28/05/2026

📢 O PSdeG-PSOE DE TOMIÑO DENUNCIA O PERIGO NAS RÚAS E A FALTA DE TRANSPARENCIA NO MERCADO DE GOIÁN 🏛️

🕳️ O abandono das nosas rúas por parte do Goberno Local xa é intolerable. Fochancas xigantescas coma a da foto e baldosas levantadas que xa están a provocar graves accidentes de peóns e denuncias contra o Concello. 🚑❌

Mentres as rúas caen aos cachos, o Goberno Local céntrase en propaganda:

* 📉 Sen control legal: O proxecto “Goián Vila da Música” non ten ningún convenio nin documento que regule o seu financiamento público.
* 🔒 Mercado privatizado: O edificio público segue pechado e funciona hoxe como almacén gratuíto para a colección de instrumentos dun particular.
* 🙅‍♀️ Asociacións expulsadas: Bótanse ás entidades locais de Goián para cederlle o espazo de balde a unha persoa de fóra.

Esiximos que o Concello arranxe de inmediato as beirarrúas e dea explicacións por esta nefasta xestión.

Menos montaxes e máis seguridade para a veciñanza! 🛑✊

🛣️ ¡Paso histórico para a titularidade da AP-9!Os socialistas galegos lideran o acordo para transferir a autoestrada a G...
26/05/2026

🛣️ ¡Paso histórico para a titularidade da AP-9!

Os socialistas galegos lideran o acordo para transferir a autoestrada a Galicia fronte aos anos de bloqueo do PP. 🏛️✨

O obxectivo é claro: a gratuidade total. Que a AP-9 deixe de ser un negocio e non lle custe nin un euro máis ás e os galegos. 💶❌

🌹¡Con compromisos que se cumpren, Galicia avanza!💪

PSdeG Socialistas de Galicia

📢 AXUDAS NEAE CURSO 2026-2027 🎒✨☝️Xa está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado con necesidade específi...
22/05/2026

📢 AXUDAS NEAE CURSO 2026-2027 🎒✨

☝️Xa está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) para o vindeiro curso escolar.

🚸Estas axudas do Goberno de España están destinadas a estudantes con discapacidade, trastornos graves de conduta ou da linguaxe, TEA ou altas capacidades.

📅 Prazo de solicitudes: Desde o 19 de maio ata o 10 de setembro de 2026.
💻 Como solicitala? O trámite realízase de forma totalmente en liña. Podes acceder a toda a información oficial e cubrir o teu formulario a través da [Sede Electrónica do Ministerio de Educación](https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2507).

🌹 Unha educación inclusiva e con igualdade de oportunidades só é posible grazas ao compromiso firme dun goberno progresista, que protexe e garante os dereitos das persoas con máis necesidades, asegurando que ninguén quede atrás.

ℹ️ Se tes algunha dúbida ou precisas axuda coa tramitación, as portas do Grupo Socialista de Tomiño están abertas para o que faga falta! 🌹✊

📢 O PSdeG-PSOE DE TOMIÑO ESIXE TRANSPARENCIA ANTE O PECHE DO MERCADO DE GOIÁN E O BLUF DA "VILA DA MÚSICA" 🏛️❌En outubro...
20/05/2026

📢 O PSdeG-PSOE DE TOMIÑO ESIXE TRANSPARENCIA ANTE O PECHE DO MERCADO DE GOIÁN E O BLUF DA "VILA DA MÚSICA" 🏛️❌

En outubro, o Goberno Local anunciou o proxecto “Goián Vila da Música”: unha suposta alianza entre un músico manchego, a Agrupación Musical de Goián e o Centro Goianés, financiada con cartos públicos. O plan era converter o Mercado de Goián nun Museo Interactivo da Música.

Sete meses despois, tras revisar o expediente, descubrimos con estupor que non existe ningún documento legal que regule esta unión nin o seu financiamento. 💸🤷‍♂️

⚠️ O resultado desta nefasta xestión:

* 🔒 O Mercado pechado a cal e canto: Non hai museo; hoxe o edificio público funciona como almacén gratuíto para a colección privada de instrumentos dese músico.
* 🏫 Verdadeiro despropósito de salubridade: Co mercado pechado, o Concello trasladou os obradoiros da Mostra de Cultivos ao comedor escolar do colexio (onde almorzan os nenos a diario), xerando un evidente perigo hixiénico e sanitario nun espazo infantil de uso alimentario.
* 🙅‍♀️ Veciñanza expulsada: As asociacións quedan sen espazo mentres se lle cede gratis un edificio público a unha persoa de fóra.
* 🪕 Sen música tradicional: Os concertos programados non adoitan ser gratuítos, utilízase publicidade institucional e a música tradicional galega brilla pola súa ausencia. O exemplo claro foi a celebración do Día das Letras Galegas cun "Vermú Salsero" e clases de baile de salsa.

Esta situación anómala require que o Goberno Local dea a cara de inmediato ante a veciñanza. Non imos tolerar que se desmantelen os servizos públicos por unha montaxe propagandística sen control nin garantías! 🛑✊


⚠️ ¿IMPROVISACIÓN OU XESTIÓN IRRESPONSABLE EN GOIÁN?As présas nunca foron boas conselleiras, e menos cando se trata das ...
18/05/2026

⚠️ ¿IMPROVISACIÓN OU XESTIÓN IRRESPONSABLE EN GOIÁN?

As présas nunca foron boas conselleiras, e menos cando se trata das nosas infraestruturas públicas.

🛑 A raíz das denuncias e imaxes que nos fixeron chegar diferentes veciños, fomos testemuñas de como o pasado venres abriuse a correr o oco das árbores cortadas na Praza de Goián, coa escusa de acondicionar a zona de cara á Feira do Cultivo. O resultado? Unha chapuza á vista de todos:

📸 O que nos atopamos (e o que preocupa á veciñanza):

* 🕳️ Unha gabia aberta e protexida de xeito totalmente precario cun palet vello e uns conos.
* ⚡ O cableado do alumado público completamente exposto xusto onde estaba a árbore.

💡 Dende o Grupo Socialista advertimos:
Se volven plantar nese punto sen corrixir o trazado eléctrico, as futuras raíces esmagarán o cableado eléctrico. Despois o Goberno local escusarase dicindo que "é imposible cambialo", exactamente igual que xa pasou na Ponte. 🌉🤦‍♂️

A veciñanza de Goián merece unha planificación seria, segura e sostible, non parches de última hora para saír do paso ante un evento. Esiximos solucións definitivas xa! 🏛️


Dirección

Tomiño

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE Tomiño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría