Agrupación Socialista de Toén

Agrupación Socialista de Toén AGRUPACION DOS SOCIALISTAS DE TOEN

Moción ao Pleno sobre novo velorio en Moreiras.No Pleno do Concello de Toén celebrado o pasado 21 de maio de 2026, a Agr...
27/05/2026

Moción ao Pleno sobre novo velorio en Moreiras.

No Pleno do Concello de Toén celebrado o pasado 21 de maio de 2026, a Agrupación Socialista de Toén levou unha moción para impulsar a construción dun novo velorio en Moreiras, e despois
de incorporar pequenas modificacións consensuadas entre os grupos municipais, a moción foi aprobada por unanimidade,

No mesmo Pleno, o portavoz da Agrupación Socialista tamén trasladou o malestar e a preocupación existente entre a veciñanza de Puga pola contaminación que se está a verter ao río procedente da canteira de Paredes e da planta de aglomerado asfáltico situada na mesma zona, preguntando o voceiro socialista expresamente se esta actividade dispón da correspondente licenza municipal para a actividade que está a levar a cabo.

🔥 PLAN PLADIGA EN MARCHA NO NOSO CONCELLO 🔥Xunta de Galicia pon en marcha o Plan galego de Prevención e Defensa contra o...
05/05/2026

🔥 PLAN PLADIGA EN MARCHA NO NOSO CONCELLO 🔥

Xunta de Galicia pon en marcha o Plan galego de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (PLADIGA), no que se priorizan 276 parroquias en toda Galicia para actuar na retirada de maleza e prevención de incendios.

👉 No noso concello, as parroquias incluídas son:
📍 Toén (Santa Mariña)
📍 Moreiras (San Pedro)
📍 Xestosa (Santa Mariña)

🌿 Os propietarios de fincas situadas a menos de 50 metros das casas poden solicitar a limpeza e desbroce a través de SEAGA.

💰 Prezo: 420 € por hectárea
📅 Prazo límite para ter limpa a franxa, 31 de Maio

⚠️ É fundamental cumprir cos prazos para reducir o risco de incendios e protexer as nosas vivendas e o entorno.

Noticia na Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/forestal/2026/05/04/276-parroquias-duenos-fincas-pueden-contratar-desbroces-seaga/00031777913795883602623.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbgen&fbclid=IwVERTSARmiARleHRuA2FlbQIxMABzcnRjBmFwcF9pZAwzNTA2ODU1MzE3MjgAAR5AVAndM6KT2taKaw9AzZrFOoRBKkUdxnPldGMT5yOYC1BqXCWgQ7T-vLwVDg_aem_OZ3jBlMj96LTu8z-dtXeug&sfnsn=scwspwa

📢 Pleno municipal en Toén 26.3.2026, intervencións mais importantes da Agrupación Socialista de Toén 📢🔴 Modificación Orz...
03/04/2026

📢 Pleno municipal en Toén 26.3.2026, intervencións mais importantes da Agrupación Socialista de Toén 📢
🔴 Modificación Orzamentaria Nº 1/2026 (Crédito extraordinario e suplemento de crédito)
Votamos en contra, xa que se está a modificar un orzamento recentemente aprobado, o que evidencia unha total falta de planificación. Ademais, hai partidas que se incrementan máis do dobre e preténdese conceder subvencións en 2026 por eventos deportivos de anos anteriores, incluso a entidades que non o tiñan solicitado.
⚠️ Decretos da Alcaldía
Manifestamos o noso desacordo cun decreto de contrato menor para mantemento de parques e xardíns, que supón case o triple de gasto nun servizo que viña facendo a empresa Aspamadis (empresa que traballa con persoas con discapacidad intelectual). No procedemento invitouse só a unha empresa, o que vulnera os principios de transparencia, publicidade e concorrencia marcados na Lei de Contratos do Sector Público, non se ofertou tampouco a empresas do Concello e deixase, deste xeito, de facer unha labor de inclusión social ao no invitar sequera á empresa que estaba a realizar os traballos dende o ano 2021 e á cal no se lle tiña incrementado nin o IPC anualmente .
❓ Rogos e preguntas ao goberno municipal.
Trasladamos múltiples cuestións e demandas veciñais, entre elas:
 Freixendo: Solicítase o encauzamento do regato e a revisión da fosa séptica e os tubos de saneamento que non están a cumprir a súa función por múltiples perdas.
 Expedientes de ruína: Manifestamos a preocupación polo estado actual de diversas edificación que presentan estados ruinosos nas nosas aldeas. Pedimos listado dos expedientes de ruína abertos neste momento no Concello, data e actuacións feitas ou pendentes sobre ditos expedientes. Deuse conta de casas en Freixendo, en Alongos, Mugares, Trellerma, Fondón e Moreiras que están en un estado ruinoso e perigroso.
 Preguntouse pola titularidade da propiedade do local social de Xestosa situado no Campo da festa.
 Preguntamos polo estado das canteiras de Hermanos Cortiñas, problemas de baleirado de escombros e posibles usos futuros.
 Solicitamos melloras de camiños en Mugares e Toén. Tamén preguntamos polos motivos do afundimento de camiño en Toén.
 Preguntamos polo estado das obras no parque de Moreiras, si estaba rematado e incidencias rexistradas con respecto á entrada de cans ao areneiro.Transmitimos tamén o malestar dos veciños polos remates das obras e limpeza á finalización das obras na Calle Real, Seixo e anexo, en Moreiras.
 Fíxose un proposta para que se estudie un novo velorio en Moreiras con mellor accesibilidade, aparcamento, capacidade e comodidade para os usuarios.
 Falamos da necesidade de sinalización en estradas e espazos públicos, que se dote unha partida para a súa mellora. Tamén que se fagan traballos de mantemento de vías, canaletas, etc.
 Pedimos a revisión dos postes de madeira onde se atopan as farolas do Concello, con maleza, moitos en mal estado e con risco de caída.
Seguimos traballando pola mellora do Concello de Toén.

08/03/2026
08/03/2026

💜 𝟖 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐳𝐨 - 𝐃𝐢́𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫.

👉🏼 A igualdade de xénero é un 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐫𝐨𝐦𝐢𝐬𝐨 𝐢𝐧𝐞𝐬𝐜𝐮𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞 𝐞 𝐢𝐧𝐞𝐥𝐮𝐝𝐢𝐛𝐥𝐞 de toda a sociedade.

🫂 Dende o PSdeG-PSOE de Ourense, sumámonos a toda acción encamiñada a 𝐠𝐚𝐫𝐚𝐧𝐭𝐢𝐫 𝐚 𝐢𝐠𝐮𝐚𝐥𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐭𝐨, 𝐚́ 𝐧𝐨𝐧 𝐝𝐢𝐬𝐜𝐫𝐢𝐦𝐢𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐩𝐨𝐫 𝐫𝐚𝐳𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐱𝐞́𝐧𝐞𝐫𝐨 𝐞 𝐚 𝐫𝐞𝐢𝐯𝐢𝐧𝐝𝐢𝐜𝐚𝐫 𝐚 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐚 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫 en tódalas súas facetas.

𝗥𝗢𝗚𝗢𝗦 𝗘 𝗣𝗥𝗘𝗚𝗨𝗡𝗧𝗔𝗦 𝗗𝗔 𝗔𝗚𝗥𝗨𝗣𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗔𝗟𝗜𝗦𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗧𝗢𝗘́𝗡 𝗡𝗢 𝗟𝗧𝗜𝗠𝗢 𝗣𝗟𝗘𝗡𝗢 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗟No último Pleno do Concello de Toén, celebra...
05/02/2026

𝗥𝗢𝗚𝗢𝗦 𝗘 𝗣𝗥𝗘𝗚𝗨𝗡𝗧𝗔𝗦 𝗗𝗔 𝗔𝗚𝗥𝗨𝗣𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗔𝗟𝗜𝗦𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗧𝗢𝗘́𝗡 𝗡𝗢 𝗟𝗧𝗜𝗠𝗢 𝗣𝗟𝗘𝗡𝗢 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗟
No último Pleno do Concello de Toén, celebrado o 29/1/2026, a Agrupación Socialista trasladou ao equipo de goberno unha serie de rogos e preguntas relacionadas co estado dos servizos públicos, infraestruturas, seguridade viaria e transparencia na xestión municipal, recollendo preocupacións e demandas veciñais de distintas parroquias do concello.
Rogos:
1. Solicitude de actuación de limpeza e punto de luz do camiño de Toén que comunica coa carretera.
2. Queixa polo reparto de calendarios por parte do equipo de goberno, ao tratarse dunha achega municipal, pediuse que se distribuira por medios de correo ou mensaxeria.
3. Petición dunha marquesiña en Trelle para a parada do autobús.
4. Traslado das queixas pola baixa temperatura nos días de frío no Centro de Día, derivadas de escasa potencia do sistema de calefacción.
Preguntas e suxestións:
1. Preguntouse si se van tomar medidas respecto á retirada dunha farola pública situada en terreo privado en Freixendo.
2. Si se procedeu á limpeza do banco xunto á igrexa de Mugares que se solicitara anteriormente.
3. Pedironse explicacións acerca dos motivos polos que se paralizou a obra do muro de Quenlle.
4. Estado dos trámites para a adhesión ao CIM de Barbadás.
5. Que se realicen xestiós para solucionar o fallo continuo da subministración eléctrica en Mugares.
6. Situación da praza de Moreiro, pendente de arranxo, e cal é a previsión de actuación.
7. Que criterios se están a seguir para a exención do imposto de vehículos a motor.
8. Cal é o Estado actual da planta de machaqueo de Feá.
9. Situación do arranxo do camiño en Mugares que vai dende o Cruceiro ao campo da festa. Estudio, despois do arranxo, de establecer dirección única na outra via de acceso.
10. Se existen cambios previstos no uso do Centro Integral de Loita contra o Lume, ante os rumores existentes.
11. Si se formalizou o convenio coa Agrupación Breogán.
12. Si se tramitou a solicitude do CMVMC de Agrela sobre a seguridade na estrada OU-402 ao seu paso polo concello ante Xunta de Galicia.
13. Ante as queixas da veciñanza das Airas, ao non votarse aglomerado en todas as ruas, solicitase que se teña en conta para vindeiras actuacións.
14. Estado do camiño da Verea. Limpeza e transitabilidade deste camiño.
15. Tramistiuse a necesidade de mellorar os camiños da zona baixa de Trellema, especialmente para garantir o acceso de vehículos de emerxencia.
16. Preguntouse polo motivo polo que se modificou a execución da obra do canellón que da a Calle Real, prevista en pedra e finalmente realizada en cemento.
17. Petición de limpeza das reixas de augas pluviais, xa que non están a cumprir a súa función e están a provocar problemas de acumulación de auga.
18. Pediuse tamén a limpeza das farolas do Concello e da posibilidade de estudio de dotar de un xenerador o centro de día para posibles cortes de enerxía.
Desde a Agrupación Socialista de Toén reiterouse a importancia de atender estas demandas veciñais e a mellora do mantemento municipal.

🟥 A Agrupación Socialista de Toén vota en contra do proxecto de Orzamentos Municipais para 2026No Pleno municipal celebr...
01/02/2026

🟥 A Agrupación Socialista de Toén vota en contra do proxecto de Orzamentos Municipais para 2026
No Pleno municipal celebrado o 29 de Xaneiro, que incluía a aprobación do proxecto de Orzamentos do Concello de Toén para 2026, a Agrupación Socialista de Toén votou en contra, tras unha análise dos documentos presentado polo equipo de goberno.

O noso grupo considera que estes orzamentos non responden ás necesidades reais do concello nin da veciñanza, e presentan carencias graves en áreas clave para o desenvolvemento económico, social e territorial de Toén.
Principais motivos do voto en contra:
- Inexistencia de dotación real para a promoción económica e a captación de empresas.
- Ausencia total de políticas de vivenda: non hai programas de vivenda pública, rehabilitación, nin medidas para mobilizar vivenda baleira, nin actuacións dirixidas á mocidade, novas familias ou retorno de poboación.
- Falta de equilibrio territorial, repetindo investimentos nas mesmas zonas e sen criterios obxectivos de reparto entre parroquias.
- Cultura e deportes estancados, con partidas e programas repetidos, sen novos obxectivos nin avaliación de resultados, e cunha dependencia excesiva doutras administración y entidades culturais.
- Un Anexo de Investimentos claramente insuficiente, que non contempla un plan integral de saneamento. Non hai planificación nin recursos para renovar redes obsoletas, malia os vertidos e as sancións existentes.

Seguiremos defendendo un Toén con máis igualdade, mellores servizos públicos, planificación real e futuro para todas as parroquias.

🔥💧 A Xunta exonera do canon da auga aos núcleos afectados polos incendios de 2025: así afecta a Toén e ás súas parroquia...
19/01/2026

🔥💧 A Xunta exonera do canon da auga aos núcleos afectados polos incendios de 2025: así afecta a Toén e ás súas parroquias

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde do 8 de xaneiro de 2026, pola que se establece a exención do canon da auga e do canon de xestión das depuradoras nos núcleos de poboación afectados polos incendios forestais rexistrados en Galicia durante o verán e o outono de 2025.

Esta medida, aprobada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ten como finalidade aliviar a carga económica das veciñas e veciños que se viron obrigados a realizar un maior consumo de auga como consecuencia directa dos incendios e que poderán reclamar esta exención ante a compañia distribuidora.

📅 Ámbito temporal da exención
A exención aplicarase aos consumos de auga realizados entre o 28 de xullo e o 20 de decembro de 2025, correspondendo a un mes de consumo, no que non se deberá aboar nin o canon da auga nin o canon de depuración.

📍 Como afecta esta orde ao concello de Toén
O concello de Toén figura expresamente incluído nos anexos da orde, ao terse activado o PEIFOGA en situación 2 por distintos incendios ocorridos no mes de agosto de 2025. En concreto, a exención beneficiará ás seguintes parroquias:

Moreiras (San Pedro) – incendio do 13 de agosto de 2025

Toén (Santa María) – incendio do 12 de agosto de 2025

Xestosa (Santa María) – incendio do 17 de agosto de 2025

Isto supón que os fogares e actividades destes núcleos non terán que pagar o canon da auga nin o canon de xestión das depuradoras correspondente a un mes de consumo, sempre que o uso da auga estea vinculado ao período afectado polos incendios.
ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260119/AnuncioG0760-090126-0002_gl.html

🎄 Carta aos Reis Magos desde a Agrupación Socialista de Toén Este ano decidimos escribirlle aos Reis Magos para que vaia...
02/01/2026

🎄 Carta aos Reis Magos desde a Agrupación Socialista de Toén

Este ano decidimos escribirlle aos Reis Magos para que vaian elaborando para Toén unha programación de Nadal digna para 2026.

O Nadal de 2025 trouxo para os veciños:
📌 Programa repetido doutros anos
📌 Actividades contadas… e xustiñas.
📌 Dependencia de eventos organizados por outras entidades e pola Deputación de Ourense
📌 Pouca vida nas rúas e poucas alternativas para nenos, maiores e familias, quedando todo á imaxinación dos veciños.

Por iso, na nosa carta pedímoslles aos Reis para 2026:

✨ Un Nadal con máis actividades propias do Concello: Cultura, música, obradoiros, infantil, deporte e encontro social
✨ Apoio ao comercio local e dinamización do pobo
✨ Creatividade e organización… non fotocopias doutras edicións

OXALÁ en 2026 non teñamos que volver escribir a mesma carta. 😉Porque Toén teña un Nadal vivo, participativo e á altura dos seus veciños e veciñas.

🎄✨ A Agrupación Socialista de Toén desexa Felices Festas ✨Desde a Agrupación Socialista de Toén queremos trasladar a tod...
23/12/2025

🎄✨ A Agrupación Socialista de Toén desexa Felices Festas ✨

Desde a Agrupación Socialista de Toén queremos trasladar a todos os veciños e veciñas do concello de Toén os nosos mellores desexos nestas datas tan especiais.

Que o Nadal sexa un tempo de encontro, ilusión e esperanza xunto ás vosas familias e seres queridos, e que o ano 2026 veña cargado de saúde, traballo, benestar.

Boas festas e feliz ano novo 2026! 🤝

Dirección

Toén
32900

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agrupación Socialista de Toén publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Agrupación Socialista de Toén:

Compartir

Categoría