06/09/2026
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN OU AUTOPROMOCIÓN DE VIVENDA EN TOÉN
O Concello de Toén informa dunha nova convocatoria de axudas da Xunta de Galicia destinada a facilitar o acceso á vivenda ás persoas menores de 36 anos en concellos de ata 10.000 habitantes.
As principais condicións son:
• Ata 15.000 € de axuda por vivenda, cun límite do 20 % do prezo de adquisición ou do custo da autopromoción.
• O prezo de adquisición ou custo da autopromoción non poderá superar os 250.000 €.
• Dirixida a persoas menores de 36 anos que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
• A vivenda deberá constituír a residencia habitual e permanente.
• Prazo de solicitude: do 27 de agosto ao 16 de novembro de 2026, ou ata o esgotamento do crédito dispoñible.
As solicitudes tramítanse mediante concorrencia non competitiva e deben presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Procedemento: VI501B – Axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos de Galicia con poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.
Máis información e acceso á convocatoria:
https://igvs.xunta.gal/gl/axudas/programa-de-axudas-para-adquisicion-ou-autopromocion-de-vivendas-en-concellos-da-comunidade-autonoma