Concello de Teo

Concello de Teo Esta é a páxina oficial de facebook do Concello de Teo, xestionada dende a institución.

Dende hoxe, un punto limpo móbil estará ubicado no campo da festa de Reis ata o 21/09/2026. Iremos colocando e informand...
07/09/2026

Dende hoxe, un punto limpo móbil estará ubicado no campo da festa de Reis ata o 21/09/2026. Iremos colocando e informando de forma alterna polas 13 parroquias de Teo, co fin de potenciar a recollida selectiva de residuos e facilitarlle así á veciñanza a súa correcta eliminación.

Entre os materiais que podedes depositar nestes puntos limpos figuran:
- Cartuchos de tinta e tóners
- Aerosois domésticos
- Roupa e calzado usados
- Pilas e baterías
- Lámpadas e fluorescentes
- Aceite doméstico usado
- Pinturas e pequenos envases contaminados
- Xoguetes
- Pequenos electrodomésticos

Ademais, segue aberto tamén ao público o Punto Limpo fixo (gratuito para a veciñanza) situado na paraxe coñecida como A Lagoa, entre as parroquias de Luou e Recesende.

📌 Este venres teremos na biblioteca do Grilo, en Cacheiras, unha actividade moi interesante... A alquimista!👩🏻‍🔬 Acompañ...
07/09/2026

📌 Este venres teremos na biblioteca do Grilo, en Cacheiras, unha actividade moi interesante... A alquimista!

👩🏻‍🔬 Acompañade a Flora, unha muller que emprega procedementos experimentais e mesturas explosivas practicando a ALQUIMIA MODERNA, nunha tarde de diversión e moita maxia…

✍️ As prazas son limitadas, bulide!

📚 Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas "Ler Conta Moito", promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

🛝 Novo parque infantil municipal situado ao carón da antiga escola de Lucí, para que a rapazada da contorna poida desfru...
03/09/2026

🛝 Novo parque infantil municipal situado ao carón da antiga escola de Lucí, para que a rapazada da contorna poida desfrutar deste espazo. Colocouse caucho de amortiguación para unha maior seguridade e tres elementos para xogar. Tamén se adecuou a zona para que as persoas usuarias poidan tamén estar nos bancos habilitados.

🧰 Ademais, cabe sinalar que o Concello leva semanas revisando todos os parques municipais para proceder ao arranxo das infraestruturas necesarias, para que a cativada de Teo poida xogar con todas as garantías de seguridade.

Acto de apoio a Ceuta en Teo. A soberanía española sobre Ceuta non se cuestiona. A integridade territorial de España non...
02/09/2026

Acto de apoio a Ceuta en Teo.

A soberanía española sobre Ceuta non se cuestiona.

A integridade territorial de España non se negocia.

🎨 Teo acollerá do 4 ao 30 de setembro a exposición de arte Inside/Outside de Manuel Quintana Martelo. 🏛️ A inauguración ...
01/09/2026

🎨 Teo acollerá do 4 ao 30 de setembro a exposición de arte Inside/Outside de Manuel Quintana Martelo.

🏛️ A inauguración desta exposición será este venres, 4 de setembro, ás 19.00 horas no Auditorio Municipal da Ramallosa.

🎟️ O acceso a esta exposición será gratuíto para que a veciñanza poida desfrutar destas obras.

🚌 Nova viaxe a Cantabria para as persoas maiores de 60 anos de Teo!📅 A data da excursión será o sábado 3 e domingo 4 de ...
01/09/2026

🚌 Nova viaxe a Cantabria para as persoas maiores de 60 anos de Teo!

📅 A data da excursión será o sábado 3 e domingo 4 de outubro e visitaranse as vilas de Santander, Santillana del Mar e Comillas.

✍️ Os interesados poden achegarse ata o Departamento de Servizos Sociais para facer efectiva a inscrición ata o vindeiro 11 de setembro.

☎️ Tendes toda a info en teo.gal, no apartado de novas, ou ben chamando ao teléfono 981 80 97 07.

♻️ Pechamos a campaña de información e divulgación da fracción orgánica “Ti tes a chave” con tres saídas á rúa en setemb...
01/09/2026

♻️ Pechamos a campaña de información e divulgación da fracción orgánica “Ti tes a chave” con tres saídas á rúa en setembro.

📌 Deixámosvos as localizacións e, se estades interesados, poderedes alí mesmo darvos de alta no programa e recoller o voso kit completo.

♻️ Co obxectivo de potenciar a recollida selectiva polas 13 parroquias de Teo e contribuir así á desaparición de vertedo...
31/08/2026

♻️ Co obxectivo de potenciar a recollida selectiva polas 13 parroquias de Teo e contribuir así á desaparición de vertedoiros incontrolados, o Concello facilita á cidadanía a evacuación de residuos que polo seu volume e características son de difícil e molesta eliminación coa instalación de dous puntos limpos móbiles.

📌 Un deles estará ubicado durante toda esta semana na Casa Común de Lampai e o outro durante dúas semanas na Casa Común de Rarís.

👉 Entre os materiais que se poderán depositar nestes puntos limpos figuran:
- Cartuchos de tinta e tóners
- Aerosois domésticos
- Roupa e calzado usados
- Pilas e baterías
- Lámpadas e fluorescentes
- Aceite doméstico usado
- Pinturas e pequenos envases contaminados
- Xoguetes
- Pequenos electrodomésticos

O Concello de Teo súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para trasladar o noso a...
31/08/2026

O Concello de Teo súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para trasladar o noso apoio e a nosa solidariedade á cidade de Ceuta. O acto celebrarase de maneira simultánea en numerosos concellos de toda España.

Convidamos á veciñanza de Teo a participar nesta concentración, que terá lugar este mércores ás 20.00 horas diante do Concello.

Dirección

Travesía Da Ramallosa, Número 38, A Ramallosa
Teo
15883

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00
Sábado 09:00 - 13:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Teo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir