17/07/2026
‼️🚨 A Plataforma puido confirmar, a través da información facilitada polo propio Concello de Teo, que Excavaciones Midón leva arredor de vinte anos desenvolvendo actividade sen contar cunha licenza municipal definitiva, unha situación que consideramos moi grave.
Estes feitos reforzan a nosa convicción de que este proxecto non debería recibir autorización ambiental. Ademais, seguimos detectando importantes contradicións e información que non se corresponde coa realidade no expediente presentado pola empresa.
Nós imos seguir utilizando todas as vías legais ao noso alcance para impedir que esta planta de residuos se instale no medio das nosas aldeas.
📢 E para seguir informando e mobilizando á veciñanza, convocamos unha andaina informativa o xoves 23 de xullo.
📍 Saída: Restaurante Pórtico
🕢 Hora: 19:30 h
Percorreremos a Travesía de Cacheiras repartindo información e explicando a situación. Precisamos ser moitas persoas coa camiseta da Plataforma. Contamos contigo!🙌💪💪💪