Asociación Cultural Follas Vivas Lois Antón

Asociación Cultural Follas Vivas Lois Antón Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asociación Cultural Follas Vivas Lois Antón, Souto.

Dun intercambio de libros
nacera esta Biblioteca
que foi prendendo na terra
no lugar de Casardeita

A Asociación Cultural "Follas Vivas"
Lois Antón de Casardeita
preséntase ante vostedes
e cara vostedes queda

17/06/2025

😡Catro días só e as compañeiras do Obradoiro feminista de Casardeita voltan concentrarse por un novo feminicidio na Galiza. Maritza é a nova vítima do machismo. Insoportábel a situación que permite esta impunidade!!!
Marcha Mundial Mulleres Galiza

12/06/2025

As compañeiras do Obradoiro feminista de Casardeita na convocatoria de repulsa ante o feminicidio de Marisol Costa en Moraña.
Marcha Mundial Mulleres Galiza
Fora machistas das institucións!

En Celanova ás 20h na Praza da Pitas, xunto ao antigo cárcere de mulleres.
11/06/2025

En Celanova ás 20h na Praza da Pitas, xunto ao antigo cárcere de mulleres.

[ ALERTA FEMINICIDIO ] 🔴 Actualizamos 🔴

Mobilizacións convocadas polo feminismo galego en resposta ao feminicidio en Moraña

Polas asasinadas ningún minuto de silencio mais toda unha vida de loita!

+info en feminismo.info

09/04/2025

🔴 RESPOSTA FEMINISTA 🔴

Ás compañeiras do Obradoiro feminista de Casardeita, compañeiras Marcha Mundial Mulleres Galiza, concentráronse en resposta ao asasinato de Josefa Fariñas García nas Ermidas (O Bolo) convidando a toda aquela que quixo amosar o seu rexeitamento ante a barbarie machista.

O feminismo galego sae de novo á rúa porque negámonos a que os feminicidios se normalicen.

08/04/2025
Todas á rúa!!
07/04/2025

Todas á rúa!!

🔴 ALERTA FEMINICIDIO! 🔴 Mobilizacións convocadas polo feminismo galego en resposta ao feminicidio no Bolo

Nin un paso atrás coa violencia machista!

+info en feminismo.info

12/03/2025

II Xornadas Memoria e Muller
Historia e Arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio.
Ensaio que trata desde a creación das paisaxes da resistencia ata a vida cotiá dos guerrilleiros e o papel da muller.
📍 Auditorio municipal Ilduara
📅15 de marzo
🕐16:30 horas

Este lugar de memoria e de represión fascista contra as mulleres xa queda sinalado como punto de referencia para o femin...
08/03/2025

Este lugar de memoria e de represión fascista contra as mulleres xa queda sinalado como punto de referencia para o feminismo da comarca.
Celanova na Memoria

O acto do 8M en Celanova convocado pola Marcha Mundial Mulleres Galiza celebrouse por vez primeira diante do antiguo cárcere de mulleres -sinalado cunha placa polo Comité ( Celanova na Memoria ) o pasado novembro-.

Hoxe tamén se despregou en tamaño grande o cartel de Baldomero Moreiras que presidirá as xornadas de memoria de Amigos da República en abril en Ourense, coa lista do centenar de presas naquela cadea documentadas polo noso Comité.

Nuria e Dores, directivas do Comité, fotografiáronse despois da concentración xunto á concelleira de Igualdade do Concello de Celanova. Pedra e poesía, Teresa Barge, que impulsou a sinalización do espazo, punto de referencia para a memoria e o feminismo na comarca.

08/03/2025

[ 8M ] Concentración en Celanova no Día Internacional das Mulleres Traballadoras

♀️ En marcha para transformar a vida das mulleres, até que todas sexamos libres!

Marcha Mundial Mulleres Galiza
Celanova na Memoria

As compañeiras do Obradoiro feminista de Casardeita aí estarán.Marcha Mundial Mulleres Galiza
04/03/2025

As compañeiras do Obradoiro feminista de Casardeita aí estarán.
Marcha Mundial Mulleres Galiza

[ 8M ] 📢 🟣 En todo o mundo o feminismo prepara este Día Internacional das Mulleres Traballadoras con mobilizacións e actividades de todo tipo para colocar na axenda a necesidade dun feminismo forte para conquistar dereitos reais para as mulleres traballadoras.

💪 Tamén o movemento feminista galego se prepara para ocupar as rúas e prazas con concentracións e mobilizacións ao longo de todo o territorio.

♀️ En marcha para transformar a vida das mulleres, até que todas sexamos libres!

21/02/2025

Intervencións durante a concentración en Cartelle do 9 de febreiro no marco das mobilizacións en todo o país.

08/02/2025

Despois de ter adiado, por causa do temporal, as mobilizacións previstas en toda Galiza para o último domingo de xaneiro, os colectivos reunidos na Coordinadora Eólica Así Non convocamos a veciñas e veciños para o 𝗗𝗢𝗠𝗜𝗡𝗚𝗢 𝟵 𝗗𝗘 𝗙𝗘𝗕𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢 á protestas contra o espolio eólico do país.

En Ourense, a concentración terá carácter provincial e celebrarase 𝗘𝗡 𝗖𝗔𝗥𝗧𝗘𝗟𝗟𝗘, 𝗔́𝗦 𝟭𝟮,𝟬𝟬 𝗛𝗢𝗥𝗔𝗦, no lugar da feira na alameda, por ser Cartelle e Castrelo de Miño, concello veciño, os focos neste momento da loita contra a invasión do territorio por parte das corporacións do negocio eléctrico.

A mobilización ourensá está apoiada polos seguintes colectivos: Aira das Bestas, Afiando o vento, Amigas das Árbores de Ourense, Amigas das Cegoñas, Amigas da Terra, Asociación cultural e medioambiental Tarabelada, Asociación Cultural Follas Vivas Lois Antón de Ramirás, C.S. A Alvariça de Allariz, Ecologistas em ação Galego-Trasmontano, Movemento Ecoloxista da Limia, Plataforma comarcas Limia - Verín Non ás Minas, Salvemos A Serra Martiñá, Salvemos o Támega ADEGA Monterrei e Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova.

Noutras comarcas do país, están previstas para ese mesmo domingo mobilizacións en Val do Dubra, Mazaricos, Ortigueira, O Morrazo, Pontevedra cidade, Campo Lameiro, Sarria e Lugo.

En Cartelle, durante a concentración, habilitarase unha mesa de recollida de alegacións contra o proxecto de planta fotovoltaica de 16.000 módulos e unha potencia de 9,8 Mw que pretenden instalar entre A Bouza e Reigoso. Desde esta mesma fin de semana recolleranse alegacións en puntos de información en Cartelle, Outomuro, Castrelo de Miño, Ribadavia, Celanova, A Limia e outras comarcas.

𝐕𝐞́𝐦𝐨𝐧𝐨𝐬 𝐞𝐧 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞 𝐞𝐧 𝐧𝐨𝐯𝐞 𝐝𝐢́𝐚𝐬, 𝐨 𝟗 𝐝𝐞 𝐟𝐞𝐛𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨, 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐛𝐞𝐫𝐫𝐚𝐫 𝐛𝐞𝐧 𝐟𝐨𝐫𝐭𝐞: 𝐄𝐨́𝐥𝐢𝐜𝐚 𝐀𝐬𝐢́ 𝐍𝐨𝐧!

POR UNHA MORATORIA EÓLICA REAL
NON AO ESPOLIO DOS NOSOS RECURSOS
NON AO ESPOLIO DO NOSO PATRIMONIO

QUE NOS ESCOITEN, QUEREMOS VIVO O MONTE
MONTE PRODUTIVO, PERO CON SENTIDO
ENERXÍA AO SERVIZO DO POBO

Movemento Ecoloxista da Limia SALVEMOS O TAMEGA.ADEGA-MONTERREI Amigas das árbores · Ourense Sindicato Labrego Galego Salvemos as Montañas de Trevinca Ecologistas Galego-Transmontano Actualidade en Petón do Lobo Amigas da Terra Plataforma comarcas Limia - Verín Non ás Minas Salvemos A Serra Martiñá Los Libros del Salvaje O Sorriso de Daniel Asociación Cultural Follas Vivas Lois Antón A Galleira Ourense Asociación Ecoloxista ADEGA Federación Ecoloxista Galega Fruga Federación Rural Galega Asociación Ridimoas BNG de Cartelle BNG Castrelo de Miño GRUPO PNB - Associação Povo e Natureza do Barroso Stop Parques Eólicos Chandrexa de Queixa Ecologistas Galego-Transmontano Ecoloxistas Galiza Atlantica e Verde Auga limpa xa

Dirección

Souto
32811

Horario de Apertura

Lunes 18:00 - 20:00
Miércoles 18:00 - 20:00
Sábado 18:00 - 20:00

Teléfono

664032398

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Cultural Follas Vivas Lois Antón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Cultural Follas Vivas Lois Antón:

Compartir