Concello de Soutomaior

Concello de Soutomaior Páxina social oficial do Concello de Soutomaior

Lembradera 🫶 dende o concello de Soutomaior axudamos a buscar fogar a gatiños e gatiñas de colonias que están abandonado...
08/09/2026

Lembradera 🫶 dende o concello de Soutomaior axudamos a buscar fogar a gatiños e gatiñas de colonias que están abandonados.

🐈 Estes fermosos gatiñ@s buscan un fogar.

👉 As persoas interesadas poden chamar as
Oficinas do Concello (986 705 106) ou por WhatsApp no 678 85 20 97 para obter máis información sobre esta iniciativa.

👉 O obxectivo sempre é tentar controlar as colonias felinas do concello e, para isto, compre darlle un AGRADECEMENTO ESPECIAL ás e ós voluntarios que colaboran con nós nesta iniciativa.

🎒📚 TODO LISTO PARA A VOLTA AO COLE EN SOUTOMAIOR!Os concelleiros de Educación, Gonzalo Outeiro, e de Obras, Pablo Garrid...
07/09/2026

🎒📚 TODO LISTO PARA A VOLTA AO COLE EN SOUTOMAIOR!

Os concelleiros de Educación, Gonzalo Outeiro, e de Obras, Pablo Garrido, visitaron hoxe o CEIP Manuel Padín Truiteiro e a Galiña Azul para comprobar os traballos de mantemento e posta a punto realizados nos centros. 🏫✨

🧹 Limpeza e acondicionamento
🎨 Pintado de espazos
🔧 Reparacións e mantemento
🪟 Colocación de estores
💡 Melloras en iluminación e instalacións

Todo preparado para comezar o curso nas mellores condicións! 💙

🎒 Feliz volta ao cole!

🚩❄️ A nosa bandeira brilla no Ártico!O noso veciño Isaac Fontán fíxonos chegar estas espectaculares imaxes desde a súa a...
06/09/2026

🚩❄️ A nosa bandeira brilla no Ártico!

O noso veciño Isaac Fontán fíxonos chegar estas espectaculares imaxes desde a súa aventura no Ártico. 🌍✨

Ver a nosa bandeira nun lugar tan remoto lémbranos o talento da nosa xente, que leva o nome de Soutomaior por todo o mundo. 💙

GRAZAS, Isaac, por compartir connosco estas imaxes e facernos partícipes desta experiencia tan especial. 🚢❄️

🎶 Grazas por facer posible o VI Festival de Bandas Carlos Abal! 💙Grazas a todas e todos os que formastes parte desta edi...
05/09/2026

🎶 Grazas por facer posible o VI Festival de Bandas Carlos Abal! 💙

Grazas a todas e todos os que formastes parte desta edición e, especialmente, ás bandas participantes: a Banda Artística de Bueu e a Banda de Música de Poio, por acompañarnos e formar parte desta iniciativa.

E, como non podía ser doutro xeito, grazas á banda da casa, a Artística de Arcade, por facernos desfrutar unha vez máis da súa música. 🎺🎼

É sempre un pracer contar no noso concello con eventos destas características, que nos permiten compartir música, cultura e tradición.

👏 Grazas a todas e todos por acompañarnos!

🎶 ESTA TARDE, NON O PERDADES!🕖 Ás 19:00 h.📍 Peirao de ArcadeChega unha nova edición do VI Festival de Bandas Carlos Abal...
05/09/2026

🎶 ESTA TARDE, NON O PERDADES!

🕖 Ás 19:00 h.
📍 Peirao de Arcade

Chega unha nova edición do VI Festival de Bandas Carlos Abal, unha tarde para desfrutar da música e das nosas bandas. 🎺🎵

🎼 Banda Artística de Arcade
🎼 Banda Artística de Bueu
🎼 Banda de Música de Poio

💙 Agardámosvos no Peirao de Arcade!

📚✨ Que ben o pasamos esta mañá!Hoxe desfrutamos dunha mañá chea de historias, aprendizaxe e diversión da man de “Contos ...
04/09/2026

📚✨ Que ben o pasamos esta mañá!

Hoxe desfrutamos dunha mañá chea de historias, aprendizaxe e diversión da man de “Contos con Xeito” de Bea Campos. 📖💫

Unha actividade para aprender, compartir e deixar voar a imaxinación. 🌈

👏 Grazas a todas e todos os que formastes parte desta actividade e fixestes posible esta mañá tan especial!

💚 Agardámosvos na próxima!

🎾 Soutomaior contará con tres novas pistas de pádel na Montesiña!O Concello adxudicou por máis de 250.000 euros, a empre...
04/09/2026

🎾 Soutomaior contará con tres novas pistas de pádel na Montesiña!

O Concello adxudicou por máis de 250.000 euros, a empresa Suministros Integral del Agua S.L., as obras de reforma e instalación das novas pistas, cun prazo de execución de 3 meses e medio.

🏗️ A actuación, financiada ao abeiro do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, permitirá renovar todo o espazo.

💬 “O pádel ten unha demanda crecente en Soutomaior e esta actuación permitirá dar un salto importante na oferta deportiva municipal”, destaca o concelleiro de Deportes, Gonzalo Outeiro.

💚 Seguimos investindo en deporte e en mellores instalacións para a veciñanza!

🎶🎉 Na Festa do Consuelo da Pedreira tamén soou a música!Hoxe, a Banda Artística de Arcade sumouse á celebración da Festa...
04/09/2026

🎶🎉 Na Festa do Consuelo da Pedreira tamén soou a música!

Hoxe, a Banda Artística de Arcade sumouse á celebración da Festa do Consuelo da Pedreira, poñendo música e tradición a unha xornada moi especial. 🎺🎼

👏 Grazas a todas e todos os que facedes posible manter vivas as nosas festas e tradicións!

📚 Lembrade! Hoxe ás 12:00 h.A Biblioteca Municipal Luís Seoane acolle “Contos con Xeito”, con Bea Campos. ✨📖Unha mañá pa...
04/09/2026

📚 Lembrade! Hoxe ás 12:00 h.

A Biblioteca Municipal Luís Seoane acolle “Contos con Xeito”, con Bea Campos. ✨📖

Unha mañá para g***r dos contos e da maxia da narración. 💛

👉 Agardámosvos! Entrada libre ata completar o aforo.

📅 Aquí vos deixamos os horarios e as datas de Rede Aviva! 🎭🎨🇬🇧Lembrade! As inscricións abrirán o 10 de setembro ás 9:30 ...
03/09/2026

📅 Aquí vos deixamos os horarios e as datas de Rede Aviva! 🎭🎨🇬🇧

Lembrade! As inscricións abrirán o 10 de setembro ás 9:30 h e permanecerán abertas ata o 25 de setembro ás 14:00 h.

👉 Consulta os horarios, actividades e toda a información e realiza a túa inscrición en: https://soutomaior.gal/actividades/

💙 Rede Aviva | Curso 2026-2027

Dirección

Alexandre Boveda, 8
Sotomayor
36691

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Soutomaior publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría