Bng Porto Do Son

Bng Porto Do Son Ideas claras para o noso concello.

02/09/2026
A VERDADEIRA FACIANA DE LUÍS OUJO E O PP.Seica ao Sr. Oujo e seu equipo de goberno lles chegou agora a súa vea solidaria...
01/09/2026

A VERDADEIRA FACIANA DE LUÍS OUJO E O PP.
Seica ao Sr. Oujo e seu equipo de goberno lles chegou agora a súa vea solidaria e fan un chamamento para amosar o seu apoio e solidariedade con Ceuta, mais a nosa pregunta, e a de moita xente, é por que non fixeron o mesmo cando unha parte da súa veciñanza lles solicitaba apoio e solidariedade para a instalación dun semáforo ou polo cambio de colocación dunha marquesiña en Portosín, ou polo cambio de lugar da depuradora de Queiruga, ou cando moitas familias se manifestaban para esixir que non se suprimira o servizo de pediatría nin as gardas médicas no Centro de Saúde do Son e na defensa da sanidade pública, ou para esixir o arranxo da pista polideportiva do noso instituto e na defensa do ensino público e de calidade...? Onde estaban entón? Por que non apoiaron e se solidarizaron coas demandas da súa veciñanza?
Está ben claro que o goberno municipal do PP non está ao lado da súa xente e só actúa movido polos intereses do seu partido.

Un ano máis estivemos en Compostela celebrando o Día da Patria Galega. Este ano foi o primeiro sen o "capitán" levando a...
25/07/2026

Un ano máis estivemos en Compostela celebrando o Día da Patria Galega. Este ano foi o primeiro sen o "capitán" levando a nosa bandeira. Botóuseche de menos, Salustiano García!!

  Presume de Galiza!Somos unha nación!
25/07/2026


Presume de Galiza!
Somos unha nación!

25/07/2026
😡ASÍ PROTEXE O NOSO PATRIMONIO O GOBERNO DE LUÍS OUJO!!Mentres á hostalería local se lle esixe cumprir coas ordenanzas e...
24/07/2026

😡ASÍ PROTEXE O NOSO PATRIMONIO O GOBERNO DE LUÍS OUJO!!
Mentres á hostalería local se lle esixe cumprir coas ordenanzas e o PXOM para a colocación das súas terrazas: protección do patrimonio, modelos e cores dos toldos, distancia ao mobiliario urbano..., chega a Feira Celta e a empresa organizadora contratada polo concello fai o que lle peta!!
✅Permite a instalación arredor dun cruceiro con protección de Patrimonio Histórico dun posto de asado de carnes, someténdoo a fume e graxas e incluso apoiando nel elementos metálicos.
❌Obriga aos establecementos hostaleiros a retirar parte das súas terrazas polas que están a pagar as correspondentes taxas, vendo así reducida a súa cabida nuns días de moita afluencia.
Non se pode consentir maltratar deste xeito o noso patrimonio e a nosa hostalería para beneficio dunha empresa que é a encargada de cobrar, e moi ben por certo, aos postos pola súa instalación na feira.
FEIRA CELTA SI, PERO NON ASÍ!!

Dirección

Rúa Camiño Novo, 26/Baixo
Son
15970

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Porto Do Son publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir