Socialistas de Oroso

Socialistas de Oroso Achégate ao proxecto dos Socialistas de Oroso coa túa participación e propostas.

🏆 ¿APOSTAMOS REALMENTE POLO DEPORTE?Agora que todas as familias estamos facendo encaixes imposibles cos horarios, buscan...
03/09/2026

🏆 ¿APOSTAMOS REALMENTE POLO DEPORTE?

Agora que todas as familias estamos facendo encaixes imposibles cos horarios, buscando como cadrar o traballo, os estudos e as diferentes actividades deportivas dos nosos fillos e fillas, facemos esta reflexión.

En 2023 o Concello de Oroso anunciaba 14.000 € en axudas individuais para deportistas.

Hoxe esas axudas xa non están.

O PSOE de Oroso preguntou polo motivo, a resposta do alcalde foi, que cada vez se solicitaban menos e que daban moito traballo.

Manda carallo!

¿Ese é o argumento para retirar unha axuda aos deportistas?

Se as bolsas se solicitaban menos, o lóxico sería preguntarse por que, melloralas, facilitar a súa tramitación e facer que chegasen a máis deportistas.

Non simplemente eliminalas porque daban traballo.

Porque en Oroso temos motivos máis que suficientes para apostar polo deporte:

🏓 Un deportista no máis alto do ranking mundial de tenis de mesa.
⛸️ Patinadoras de categoría nacional.
🥋 Taekwondistas de primeiro nivel.
♟️ Xadrecistas de gran nivel.
🐕‍🦺 Unha gran campioa de canicross.
🏃‍♀️🏃‍♂️ Atletas novos con moitísimo futuro e talento por diante.
🏆 E moitos outros deportistas que levan o nome de Oroso por toda Galicia, España e mesmo polo mundo.

E mentres algúns dos nosos deportistas teñen que buscar noutros concellos o apoio que aquí non atopan, preguntámonos:

❓ ¿Onde están agora aqueles 14.000 €?
❓ ¿En que se están empregando?
❓ ¿Por que se decidiu eliminar unha axuda destinada directamente aos deportistas?
❓ ¿Que medidas concretas existen hoxe para apoiar aos deportistas individuais de Oroso?

E outra pregunta:

¿Que ten que dicir o concelleiro de Deportes?

Porque, polo que parece, mellor non levarlle a contraria ao xefe non vaia ser que se enfade.

Pero o deporte de Oroso merece algo máis que silencio.

Merece apoio, recursos, compromiso e explicacións.

MENOS PROPAGANDA.
MÁIS APOIO REAL.

🏆 Porque dicir que se aposta polo deporte é fácil.

Apoialo de verdade é o que conta.

⚾️ O DEPORTE TAMÉN É RECOÑECEREste pasado fin de semana, Oroso foi protagonista do béisbol internacional coa celebración...
24/08/2026

⚾️ O DEPORTE TAMÉN É RECOÑECER

Este pasado fin de semana, Oroso foi protagonista do béisbol internacional coa celebración do Torneo Internacional de Béisbol, que reuniu equipos de Galicia, Asturias e Portugal.

👉 Desde o PSdeG-PSOE de Oroso queremos agradecer a invitación de Franklin Salas e de toda a organización, e felicitar a todas as persoas que fixeron posible este torneo.

🏆 Parabéns á Selección Galega Senior polo triunfo, e a todos os equipos e deportistas participantes polo gran nivel da competición.

Pero queremos destacar especialmente algo que vai máis alá do resultado deportivo:

👏 Recoñecer ás persoas que apoiaron o deporte desde os seus comezos.

É importante saber agradecer o traballo de quen abriu camiño, de quen colaborou cos clubs e de quen dedicou tempo e esforzo para que o deporte medrase.

🤝 Recoñecer o pasado tamén é construír futuro.

Queremos felicitar a Leones de Oroso CBS, Gladiadores de Culleredo, á Federación Galega de Béisbol e Sófbol e a todos os clubs participantes polo traballo que están facendo.

Porque o deporte é moito máis que competición:

⚾️ É esforzo.
🤝 É compañeirismo.
👧🧒 É formación e oportunidades para a mocidade.
❤️ É comunidade.

Desde o PSdeG-PSOE de Oroso queremos deixar clara a nosa aposta polo deporte e polo traballo dos clubs, deportistas, familias e persoas voluntarias que o fan posible cada día.

Grazas por contar connosco e parabéns polo traballo.

👉 O deporte sempre terá o noso apoio. 💪⚾️

🏟️ ¿E O PAVILLÓN DE OROSO, PARA CANDO?En Ordes conseguen unha axuda de 500.000 € da Xunta para acometer a reforma integr...
21/08/2026

🏟️ ¿E O PAVILLÓN DE OROSO, PARA CANDO?

En Ordes conseguen unha axuda de 500.000 € da Xunta para acometer a reforma integral do seu pavillón municipal, cun investimento próximo ao millón de euros.

👉 E en Oroso?

O noso pavillón é necesario. As nosas instalacións deportivas precisan melloras e a veciñanza merece contar con espazos dignos, modernos e adecuados.

Mentres tanto, en Oroso falamos de destinar CASE 1 MILLÓN DE EUROS AO PARQUE DO CARBOEIRO.

🌳 Un parque pode ser necesario e unha mellora pode ser positiva.

Pero a pregunta é:

❓ ¿ERA ESTA A PRIORIDADE?

❓ ¿Non hai outras necesidades máis urxentes?

❓ ¿Non sería máis útil investir ese millón de euros no pavillón municipal, en instalacións deportivas, saneamento, servizos públicos ou outras infraestruturas?

Porque unha cousa temos clara:

🏟️ O PAVILLÓN DE OROSO FAI FALTA.

💶 CASE 1 MILLÓN PARA O CARBOEIRO NON DEBERÍA SER A PRIORIDADE.

Oroso merece investimento, por suposto.

Pero tamén merece que se invista onde máis falta fai.

📣 PAVILLÓN DE OROSO, PARA CANDO?

Porque gastar case un millón de euros é fácil.

👉 O difícil é acertar coas prioridades.

🔴 LA VOZ DE GALICIA FAISE ECO DA REIVINDICACIÓN DE FERNANDO GUTIÉRREZ NO PARLAMENTO DE GALICIA📰 La Voz de Galicia faise ...
12/08/2026

🔴 LA VOZ DE GALICIA FAISE ECO DA REIVINDICACIÓN DE FERNANDO GUTIÉRREZ NO PARLAMENTO DE GALICIA

📰 La Voz de Galicia faise eco da reivindicación do secretario xeral do PSdeG-PSOE de Oroso, Fernando Gutiérrez, sobre a situación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Sigüeiro.

Fernando Gutiérrez levou ao Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para reclamar actuacións ante os problemas que arrastra a depuradora e para coñecer cal é a situación real destas instalacións.

🗣️ «Hai tres anos falábase continuamente dos graves problemas da depuradora de Sigüeiro, e hoxe preguntámonos se desapareceron por ciencia infusa».

O secretario xeral do PSOE de Oroso denuncia que «non se levou a cabo ningunha actuación para solucionar estes problemas, e as infraestruturas non se arranxan soas».

💶 Ademais, cuestiona que non se destinen investimentos a Sigüeiro mentres se anuncian 1,8 millóns de euros para a depuradora de Buscás, en Ordes, e 600.000 euros para a planta de Ponte Carreira, en Frades.

🗣️ Fernando Gutiérrez reclama tamén transparencia e explicacións:
«Os veciños e veciñas teñen dereito a saber cal é o estado real da depuradora e que fixo o goberno municipal nestes tres anos».

📍 Sigüeiro merece saber a verdade sobre o estado da súa depuradora e merece actuacións para solucionar os seus problemas.

🔗 Le a noticia completa en La Voz de Galicia:
Os socialistas reclaman no Parlamento a mellora da depuradora de Oroso

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/oroso/2026/08/12/socialistas-reclaman-parlamento-mejora-depuradora-oroso/0003_202608S12C5992.htm

🌒 Oroso perde unha oportunidade histórica.O vindeiro 12 de agosto, o noso concello será un dos mellores lugares para con...
09/08/2026

🌒 Oroso perde unha oportunidade histórica.

O vindeiro 12 de agosto, o noso concello será un dos mellores lugares para contemplar o eclipse solar total, un acontecemento que non se repetirá en máis dun século.

📸 O goberno municipal presume continuamente da Vía Verde e do Camiño Inglés.

Pero cando chega o momento de demostrar con feitos esa aposta...

❌ Non hai programación específica.
❌ Non hai actividades.
❌ Non hai campaña informativa.
❌ Non hai reparto de gafas homologadas para unha observación segura.

Mentres tanto, concellos veciños como Ordes ou Cerceda xa están organizando iniciativas para recibir visitantes, promover o territorio e aproveitar un evento único.

👉 En Oroso, unha vez máis, pérdese unha oportunidade para dar vida á Vía Verde, poñer en valor o Camiño Inglés, apoiar o comercio e a hostalaría local e atraer visitantes.

Porque presumir para a foto é doado.

O difícil é gobernar con planificación, iniciativa e ilusión polo noso concello.

Desde o PSdeG-PSOE de Oroso cremos que Oroso merece un goberno que aproveite as oportunidades, que aposte polo noso patrimonio e que converta acontecementos únicos en beneficios para toda a veciñanza.

Menos fotos. Máis xestión. Máis Oroso. 🌞🌑

📸 "Oroso está de moda"... e a propaganda tamén.O alcalde presume dunha foto da Xunta de Goberno Local, coma se fose un l...
07/08/2026

📸 "Oroso está de moda"... e a propaganda tamén.

O alcalde presume dunha foto da Xunta de Goberno Local, coma se fose un logro extraordinario.

Pero... imos contar o que non di a publicación.

➡️ As Xuntas de Goberno Local celébranse dúas veces ao mes. É algo totalmente habitual en calquera concello.

➡️ Os membros do goberno que participan cobran 300 € por cada sesión en Oroso.

➡️ E estas reunións adoitan durar 10/15 minutos.

💶 300 euros por 10 minutos de reunión.

E aínda teñen a ocorrencia de presumir de que tamén traballan en agosto...

📢 O que non contan é que foi este goberno o que subiu a remuneración destas sesións, facendo que os seus compañeiros cobren máis por asistir a unhas reunións de escasa duración.

Mentres tanto...

❌ Sen proxectos que xeren actividade e beneficio para toda a veciñanza.

📸 Moita foto. 💶 Moito autobombo. 🏡 Pouca xestión.

En política non se trata de presumir de sentarse dez minutos arredor dunha mesa.

Trátase de traballar de verdade por Oroso.

🚨 📸 FOTO DENUNCIA VECIÑAL💧 Que está a pasar co río?Estas imaxes, remitidas por veciños e veciñas, amosan unha coloración...
29/07/2026

🚨 📸 FOTO DENUNCIA VECIÑAL

💧 Que está a pasar co río?

Estas imaxes, remitidas por veciños e veciñas, amosan unha coloración pouco habitual da auga nunha zona moi frecuentada do noso concello. Unha situación que, cando menos, require unha revisión e unha explicación.

👉 Desde o PSdeG-PSOE de Oroso solicitamos ao Concello que:

✅ Realice as comprobacións necesarias para coñecer a orixe desta situación.
✅ Informe á veciñanza con total transparencia sobre os resultados.
✅ Adopte as medidas oportunas no caso de que exista algún risco para o medio natural.

🤝 Desde o PSdeG-PSOE de Oroso queremos trasladar tamén toda a nosa disposición para colaborar co Concello en todo aquilo que sexa necesario para esclarecer esta situación e contribuír á protección do noso patrimonio natural.

🌿 O coidado dos nosos ríos e espazos verdes non debería entender de cores políticas. É unha responsabilidade compartida e unha prioridade para todos.

Agardamos unha resposta rápida que permita aclarar o sucedido e ofrecer tranquilidade á veciñanza.

❤️🤍 FELIZ DÍA DE GALICIA! 🤍❤️Hoxe, 25 de xullo, celebramos o Día de Galicia, unha data para sentir orgullo da nosa terra...
25/07/2026

❤️🤍 FELIZ DÍA DE GALICIA! 🤍❤️

Hoxe, 25 de xullo, celebramos o Día de Galicia, unha data para sentir orgullo da nosa terra, da nosa historia, da nosa cultura, da nosa lingua e, sobre todo, das persoas que fan Galicia grande cada día. 💙

Desde Socialistas de Oroso queremos enviar unha agarimosa felicitación a todas as veciñas e veciños.

✨ Hoxe renovamos o noso compromiso cunha Galicia:
🔹 Máis xusta.
🔹 Máis igualitaria.
🔹 Máis solidaria.
🔹 Con máis oportunidades para todas e todos.

Porque cremos nun país que medra sen deixar a ninguén atrás.

🏡 Desde o noso concello seguiremos traballando con responsabilidade, proximidade e ilusión para construír unha sociedade mellor, máis humana e máis cohesionada.

Facer oposición tamén é propoñer. E cando as boas ideas saen adiante, hai que celebralo.Hai uns días trasladamos publica...
18/07/2026

Facer oposición tamén é propoñer. E cando as boas ideas saen adiante, hai que celebralo.

Hai uns días trasladamos publicamente a proposta de instalar unha pantalla xigante para que a veciñanza de Oroso puidese vivir unida a final da selección. Hoxe comprobamos con satisfacción que esta iniciativa será unha realidade.

Cremos que a política ten que servir para mellorar o día a día da xente. Por iso, ademais de fiscalizar a acción do goberno, seguiremos presentando propostas que consideremos beneficiosas para o noso concello. E cando estas se leven a cabo, tamén as recoñeceremos.

O noso obxectivo nunca é criticar por criticar, senón contribuír con ideas que sumen para Oroso.

Agardamos que todas as veciñas e veciños desfruten desta noite de fútbol, convivencia e ilusión.

Porque cando se escoitan as boas propostas, quen gaña sempre é Oroso. ⚽❤️

Dirección

Camiño Real, 11, 1ºD
Sigüeiro
15888

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Socialistas de Oroso publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir