Bng Sarria

Bng Sarria Páxina do BNG de Sarria

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa investindo en cultura en Sarria.Onte, o concelleiro de Cultura, César N...
03/09/2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa investindo en cultura en Sarria.

Onte, o concelleiro de Cultura, César No, e o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, presentaron Sarria Acendida, un novo proxecto cultural que conectará, entre setembro e decembro, a cultura contemporánea coa memoria das nosas aldeas a través da música, a lingua, a arte e a tradición.

A programación comeza esta fin de semana coa Liga Nacional de Graffiti 👉 os vindeiros días 4, 5 e 6 de setembro, dez artistas profesionais crearán en directo dez murais de gran formato na zona deportiva do Chanto.

Un proxecto que conta cun investimento de 50.000 euros da Vicepresidencia e que traerá a Sarria moita cultura.

Sarria Acendida comeza agora.
E promete.

O río Sarria non pode seguir así.Presas e rairos dos muíños desfeitos, plantas invasoras, algas que evidencian problemas...
27/08/2026

O río Sarria non pode seguir así.

Presas e rairos dos muíños desfeitos, plantas invasoras, algas que evidencian problemas no estado da auga e unha sensación evidente de abandono nun espazo que debería estar coidado, vivo e protexido.

O río forma parte da nosa identidade, da nosa paisaxe e da nosa vida diaria. Pero para iso cómpre algo máis que boas palabras: fan falta mantemento, coordinación e responsabilidade.

Desde o BNG Sarria denunciamos o desleixo das administracións implicadas -- Concello, Confederación Hidrográfica e Xunta de Galicia— e reclamamos actuacións serias para recuperar e coidar o río como merece.

Sarria tamén se mide polo coidado do seu río.

Desde o BNG Sarria sumámonos á solidariedade con Suso de Toro e con todas as persoas que alzan a voz fronte ao sufriment...
25/08/2026

Desde o BNG Sarria sumámonos á solidariedade con Suso de Toro e con todas as persoas que alzan a voz fronte ao sufrimento do pobo palestino.

Denunciar a violencia, defender os dereitos humanos e reclamar xustiza non pode ser motivo de censura nin de criminalización.

O silencio non pode ser a resposta ante a barbarie.

Esta fin de semana Sarria volve conectar coa natureza co  🌿Unha cita para desfrutar da música electrónica, da cultura e ...
21/08/2026

Esta fin de semana Sarria volve conectar coa natureza co 🌿

Unha cita para desfrutar da música electrónica, da cultura e da nosa contorna dun xeito diferente.

Parabéns á organización por seguir facendo posible un evento que suma creatividade, encontro e orgullo de Sarria.

Vémonos en Ribela!

Boas novas para o Chanto.Sae a licitación o proxecto de renovación das pistas deportivas exteriores, cunha achega de 273...
10/08/2026

Boas novas para o Chanto.

Sae a licitación o proxecto de renovación das pistas deportivas exteriores, cunha achega de 273.000 € da .
, dentro dun orzamento total de 292.000 €
Renovarase o pavimento das pistas de fútbol, tenis e pádel, os peches e o mobiliario urbano da contorna.

Un paso importante para mellorar un espazo público fundamental para o deporte e o lecer en Sarria 🏀🎾⚽

📣 Sae a licitación o proxecto de renovación das pistas deportivas exteriores do Chanto, en Sarria.

👉🏻 A intervención contará cunha achega da Vicepresidencia. Deputación de Lugo de 273.000 euros, dun orzamento total que ascende a 292.000 euros.

As obras contemplan a renovación do pavimento das ⚽ pistas de fútbol, tenis e pádel, así como dos peches e do mobiliario urbano da contorna.

🗣️ O vicepresidente, Efrén Castro, puxo en valor "o compromiso da Deputación con este proxecto" e subliñou que suporá "a mellora integral dun espazo público fundamental para a actividade deportiva e de lecer en Sarria".

A música en galego enche festivais por todo o país.E esta fin de semana tamén o vimos en Sarria no A Verbena Fest  🎶Un p...
04/08/2026

A música en galego enche festivais por todo o país.
E esta fin de semana tamén o vimos en Sarria no A Verbena Fest 🎶

Un pracer desfrutar dun festival con tanto ambiente, tanta música e tanta xente con ganas de pasalo ben.
Parabéns á organización e a todas as persoas que fixeron posible unha cita que suma cultura, encontro e vida para Sarria.

Que veñan moitas máis!

03/08/2026

Contámosche en menos dun minuto os temas máis relevantes do pleno e a posición do BNG Sarria.

30/07/2026

no Concello de Sarria e nós contámosche os temas máis relevantes que trataremos hoxe e cal é a posición e as propostas do BNG👇

✅Unha moción para reclamarlle a Xunta de Galiza que actúe nas antigas vivendas de profesores do CEIP Frei Luís de Granada.

✅Rexitramos unha batería de preguntas en apoio as reivindicacións da Plataforma Sarria Aire Limpo , entre elas, sobre a licenza concedida a Votorantim Cimentos para a produción de combustible a partir da incineración de residuos coa ausencia da autorización da Confederación Hidrográfica.

✅Un rogo, a través dunha petición veciñal, para arranxar unha fochanca na Rúa Peregrino.

Este sábado 25 de xullo, o BNG Sarria viaxa a Compostela para celebrar o Día da Patria Galega.Un día para encontrarnos, ...
22/07/2026

Este sábado 25 de xullo, o BNG Sarria viaxa a Compostela para celebrar o Día da Patria Galega.
Un día para encontrarnos, para sentir orgullo do que somos e para seguir defendendo, con alegría e compromiso, o futuro que queremos para o noso pobo.

Unha Galiza viva, con dereitos, con identidade e en paz.
Vémonos en Compostela🤍💙🤍

Dirección

Rua Do Toleiro, 17, Entresollado
Sarria
27600

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Sarria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Bng Sarria:

Atajos

Compartir