Agrupación Socialista de Sarria

Agrupación Socialista de Sarria Páxina oficial do PSOE de Sarria onde poderás informarte da nosa actividade e das nosas propostas.

04/03/2026

🔴 O alcalde impide o debate sobre un acordo clave para o futuro de SarriaNo pleno celebrado este xoves, o alcalde de Sar...
30/01/2026

🔴 O alcalde impide o debate sobre un acordo clave para o futuro de Sarria

No pleno celebrado este xoves, o alcalde de Sarria impediu o debate dunha moción do Grupo Socialista na que solicitabamos explicacións sobre o acordo asinado en setembro entre Camiña Sarria e o Partido Popular, un pacto que condiciona o futuro do noso concello e que segue sen facerse público.

📄 A moción pedía informar do contido e do grao de execución do denominado “Acordo para o desenvolvemento estratéxico de Sarria”, que recolle 15 actuacións presentadas como estratéxicas. Case cinco meses despois, non existe información pública nin explicacións sobre o seu estado real.

🚫 Impedir este debate supón un acto de censura política e unha vulneración do dereito da veciñanza a recibir información clara e transparente. O pleno é o máximo órgano de representación municipal e non pode ser usado para ocultar acordos políticos.

🗣️ Como sinalou o noso voceiro, Benjamín Escontrela, trátase dun acordo “con letra pequena”, sen prazos nin contías definidas e con actuacións xa aprobadas, dependentes doutras administracións ou alleas ás competencias municipais.

🔁 Desde o PSdeG-PSOE de Sarria volveremos levar esta cuestión ao próximo pleno para que o acordo sexa debatido e sometido ao control político da corporación.

⚖️ No mesmo pleno aprobouse unha moción socialista para garantir a igualdade nos tempos de intervención, recoñecendo os desequilibrios existentes na xestión da palabra.

👉 Seguiremos esixindo transparencia, información clara e rendición de contas, defendendo sempre o interese xeral e o futuro de Sarria.

⚠️ Sarria queda sen alumeado de Nadal.Unha vez máis, Garrido tenta culpar á oposición. Pero a realidade é clara: o único...
06/12/2025

⚠️ Sarria queda sen alumeado de Nadal.

Unha vez máis, Garrido tenta culpar á oposición. Pero a realidade é clara: o único responsable de que Sarria perda a súa iluminación de Nadal é o alcalde, que leva sete anos sen planificar nin xestionar os recursos municipais, ata levar o Concello á deriva económica.

A veciñanza merece responsabilidade e unhas festas dignas, non máis escusas nin omisión de responsabilidades por parte do alcalde.

O PSdeG-PSOE de Sarria denuncia que o alcalde volve usar a residencia de maiores para culpar á oposición e agochar a súa...
21/11/2025

O PSdeG-PSOE de Sarria denuncia que o alcalde volve usar a residencia de maiores para culpar á oposición e agochar a súa nefasta xestión

O noso voceiro, Benjamín Escontrela, lamenta que Garrido teime en responsabilizar aos demais do deterioro dun servizo esencial, evitando asumir a súa propia inacción tras sete anos de abandono e falta de planificación.

👉 O alcalde chega ao extremo de ameazar con non admitir novos usuarios para xustificar o déficit da residencia. Unha decisión inaceptable que só serve para meter medo ás familias en lugar de buscar solucións reais.

O grupo socialista de Sarria denuncia as recentes declaracións do alcalde, Claudio Garrido, nas que intenta responsabili...
14/11/2025

O grupo socialista de Sarria denuncia as recentes declaracións do alcalde, Claudio Garrido, nas que intenta responsabilizar á oposición do fracaso na modificación da ordenanza do lixo.

👉 “É responsabilidade do alcalde ofrecer alternativas, buscar acordos e asumir responsabilidades, non culpar aos demais da súa falta de xestión.”

💬 “Non se pode falar de bloqueo político cando o alcalde nin sequera tenta dialogar”,

A proposta de incremento da taxa do lixo non prosperou polo impacto “inasumible” que tería nas economías familiares, especialmente despois das últimas subas do IBI e do imposto de vehículos.

Para o PSdeG-PSOE de Sarria, o patrón é evidente:
➡️ “Os sarriáns están a pagar a factura da incompetencia do alcalde.”

Calquera actualización das taxas debe facerse con rigor, progresividade e sentido común, non como consecuencia dunha falta de planificación acumulada durante sete anos de mandato.

Dirección

Rúa Da Música, 2
Sarria
27600

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agrupación Socialista de Sarria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir