Concello De Sarria

Concello De Sarria Portal web oficial do Concello de Sarria
www.sarria.gal

📢 EMPREGO PÚBLICO | CONCELLO DE SARRIAO Concello de Sarria abre o prazo para a ampliación das bolsas de emprego de cociñ...
04/09/2026

📢 EMPREGO PÚBLICO | CONCELLO DE SARRIA

O Concello de Sarria abre o prazo para a ampliación das bolsas de emprego de cociñeiros/as para prestar servizo na Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme. 👩‍🍳👨‍🍳

📅 Prazo de presentación de instancias: ata o 9 de setembro.

📄 As persoas interesadas poden consultar as bases e toda a información na Sede Electrónica da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

🔎 Consulta as bases no enlace indicado na imaxe.

🎨 𝗢𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗴𝗿𝗮𝗳𝗳𝗶𝘁𝗶 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗻𝗲𝗻𝗼𝘀 𝗲 𝗻𝗲𝗻𝗮𝘀!Este sábado 5 de setembro, ás 12.30 horas, a zona deportiva do Chanto acoller...
02/09/2026

🎨 𝗢𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗴𝗿𝗮𝗳𝗳𝗶𝘁𝗶 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗻𝗲𝗻𝗼𝘀 𝗲 𝗻𝗲𝗻𝗮𝘀!

Este sábado 5 de setembro, ás 12.30 horas, a zona deportiva do Chanto acollerá un obradoiro infantil de graffiti para nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, dentro da programación da Liga Nacional de Graffiti.

A actividade é gratuíta e conta con 25 prazas, que se asignarán por orde de inscrición.

🗓️ Sábado 5 de setembro
🕧 12.30 horas
📍 Zona deportiva do Chanto
👧👦 De 7 a 12 anos
🎟️ Actividade gratuíta con inscrición previa

👉 Inscricións https://forms.gle/uSNugBEVR3pRz6Tx5

Esta actividade forma parte de SARRIA ACENDIDA, un proxecto do Concello de Sarria financiado pola Vicepresidencia. Deputación de Lugo

🔥 𝗣𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘁𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗲 𝗦𝗔𝗥𝗥𝗜𝗔 𝗔𝗖𝗘𝗡𝗗𝗜𝗗𝗔!Esta mañá, o concelleiro de Cultura de Sarria, César No, e o vicepresidente da Deputac...
02/09/2026

🔥 𝗣𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘁𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗲 𝗦𝗔𝗥𝗥𝗜𝗔 𝗔𝗖𝗘𝗡𝗗𝗜𝗗𝗔!

Esta mañá, o concelleiro de Cultura de Sarria, César No, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, presentaron este novo proxecto cultural, que entre setembro e decembro conectará a cultura contemporánea coa memoria das nosas aldeas a través da música, a lingua, a memoria e a arte.

➡️SARRIA ACENDIDA comeza esta mesma fin de semana coa Liga Nacional de Graffiti: os días 4, 5 e 6 de setembro, dez artistas profesionais crearán en directo dez murais de gran formato arredor da lingua galega, as aldeas, os oficios e saberes, as mulleres e os coidados, e a música e a tradición.

🎨 Murais en directo
🎧 Sesións de DJ
👧🏻 Obradoiro infantil de graffiti
🏆 Presentación dos murais e entrega de premios

E isto será só o principio: nos próximos meses poderemos desfrutar dunha mostra de teatro e diferentes obradoiros arredor da memoria, os oficios tradicionais, a oralidade, a regueifa, a fotografía e a cociña. O proxecto culminará o 12 de decembro cunha gran celebración na Praza de Abastos.

Moi pronto iremos descubrindo toda a programación 🔌

Vicepresidencia. Deputación de Lugo

🔥🌙 A NOITE MÁIS AGARDADA DO ANO XA ESTÁ AQUÍ! 🌙🔥Sarria volve prender a maxia. E este ano faino dun xeito moi especial: p...
28/08/2026

🔥🌙 A NOITE MÁIS AGARDADA DO ANO XA ESTÁ AQUÍ! 🌙🔥

Sarria volve prender a maxia. E este ano faino dun xeito moi especial: por primeira vez, a Noite Meiga celébrase como Festa de Interese Turístico de Galicia. 💙

Hoxe e mañá, 28 e 29 de agosto, as meigas e os trasgos volven tomar as rúas, a música volve soar e o lume iluminará unha tradición que xa forma parte da identidade de Sarria.

🔥 Tardiña Meiga
🔥 Andaina con Fachos
🎶 Música e tradición
🧙‍♀️ Meigas e Trasgos
💃 Danza da Noite Meiga
🎸 E moito máis…

54 edicións facendo da lenda unha festa. E este ano, máis Meiga ca nunca.

🌙🔥 Vén con nós á Noite Meiga. Sarria agárdate.

🌧️ CAMBIO DE LOCALIZACIÓN | CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOSSeguimos celebrando a Semana da Noite Meiga! 🧙‍♀️✨Hoxe temos un...
26/08/2026

🌧️ CAMBIO DE LOCALIZACIÓN | CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS

Seguimos celebrando a Semana da Noite Meiga! 🧙‍♀️✨

Hoxe temos unha nova cita coa maxia, as lendas e os seres fantásticos da nosa tradición con “Contos de Trasnos e Meigallos”, por Iván Dávila.

⚠️ Debido á choiva, a actividade prevista no Paseo do Malecón trasládase á Casa da Cultura de Sarria.

📅 Hoxe, 26 de agosto
🕗 20:00 h
📍 Casa da Cultura

Unha proposta para todos os públicos que nos vai metendo de cheo no ambiente da Noite Meiga. 🌙🔥

Agardámosvos!

A maxia continúa!!!
21/08/2026

A maxia continúa!!!

20/08/2026

🎶🌿 RIBELA LOVE NATURE 2026 | SARRIA

Esta fin de semana, 21 e 22 de agosto, Ribela volve converterse nun punto de encontro entre música electrónica, natureza e cultura contemporánea coa quinta edición do Ribela Love Nature.

Un festival que segue medrando desde Sarria cunha proposta singular, reunindo artistas nacionais e internacionais nun espazo privilexiado ao pé da Ruta das Aceas.

🎧 Call Super, Or:la, Pariah, Legowelt, Wata Igarashi & .VRIL, Catarina Silva, Oxygeno, Leiras, Gala, KTDKT, Jor Ginho e moitos máis forman parte do cartel desta edición.

🤝 A iniciativa da Asociación Cultural Ribela aposta pola cultura, pola creación contemporánea e por situar Sarria no mapa de propostas musicais diferentes.

📍 Ribela · Sarria
📅 21 e 22 de agosto

🌿 Música, natureza e comunidade. Esta fin de semana, vémonos en Ribela!

🎟️ Información e entradas: Ribela Love Nature

✨ SARRIA VOLVE CONVERTERSE NA CAPITAL DA MAXIA! 🎩🪄Do 20 ao 23 de agosto, chega o XXI Festival Internacional de Maxia Vil...
19/08/2026

✨ SARRIA VOLVE CONVERTERSE NA CAPITAL DA MAXIA! 🎩🪄

Do 20 ao 23 de agosto, chega o XXI Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria – “Maxia no Camiño”, unha cita única que durante catro días encherá a vila de ilusión, sorpresa e espectáculo.

🌍 Un impresionante elenco de magos e magas nacionais e internacionais protagonizará unha programación con galas, maxia de preto, espectáculos de rúa e propostas para público infantil, familiar e adulto.

E detrás desta gran cita está, un ano máis, o traballo e a paixón do Gran Roberto Lolo, director, produtor e alma dun festival que leva 21 edicións facendo de Sarria un referente da maxia. 👏✨ Unha traxectoria que merece todo o recoñecemento pola súa constancia e polo seu compromiso coa cultura e coa nosa vila.

📅 20, 21, 22 e 23 de agosto
📍 Diferentes espazos de Sarria

💫 Catro días. Decenas de espectáculos. Unha vila enteira entregada á maxia.

Esta semana, Sarria é maxia. Non volo perdades!

17/08/2026

Se queres compartir con nós as túas fotos ou videos da eclipse, envíanos un mail a [email protected] e publicarémolo.

Para comezar aquí tedes este fantástico vídeo que nos fixo chegar “Atopar no Camiño”, de Lavandeira, San Miguel de Biville. If you love to share with knots your photos or videos of the eclipse, sends a mail to [email protected] and will publish.

To begin here have this fantastic come that did us arrive “Find on the Way”, of Lavandeira, Healthy Miguel of Biville.

🎸🤘 PUNK INFANTIL ESTE DOMINGO EN SARRIA!Este domingo, o Paseo do Malecón énchese de música, humor e moita enerxía coa ch...
13/08/2026

🎸🤘 PUNK INFANTIL ESTE DOMINGO EN SARRIA!

Este domingo, o Paseo do Malecón énchese de música, humor e moita enerxía coa chegada de Peter Punk e Brais das Hortas e o seu concerto de Punk Infantil 🎶🔥

Un espectáculo para g***r en familia, cantar, rir e descubrir o punk dunha maneira moi, moi divertida! 🤪🎸

📅 Domingo, 16 de agosto
🕗 20:00 h
📍 Paseo do Malecón – Sarria

👉 Actividade para todos os públicos e de balde.

Agardámosvos! 🤘💥

Dirección

Rúa Maior 14
Sarria
27600

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello De Sarria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría